4.6666666666667 1 1 1 1 1 Rating 4.67 (60 Votes)
Provindo os redactores de camarinas.eu de antigas familias mariñeiras de Camariñas, era obvio que todo o atinxira ao mar acabaría tendo o seu propio espacio na web máis vista da Costa da Morte. Nace así Noticias do Mar , a sección que recollerá todas aquelas noticias que se produzcan na nosa vila e que estén vencelladas ao mundo da pesca, do marisqueo ou da acuicultura. Como é o caso da Plataforma de engorde de ameixa que na mañán deste martes os técnicos do Centro Tecnolóxico do Mar procederon a instalar en principio ata o 31/12/2011 no pantalán máis occidental do CNC ca colaboración imprescindible do persoal do mesmo. Pulsa na imaxe para ler unha noticia sobre o mundo do marisqueo que se aveciña.

Un experimento pioneiro para o sector marisqueiro

Na radiante mañán deste martes 5 de maio de 2009 técnicos do Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR por encomenda da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia procedían a instalar no Porto de Camariñas, máis concretamente nos pantaláns do Club Náutico, unha Plataforma de Engorde de Ameixa, prototipo pioneiro elaborado pola empresa EXTUMAR, que servirá de banco de probas dunha experiencia innovadora que de triunfar preténdese exportar a todo o sector marisqueiro galego.

A citada plataforma que quedará instalada de forma fixa nos pantaláns en principio ata o 31 de decembro de 2011, se ben tense pensado que a súa permanencia no noso porto vaia máis alá da citada data, incorpora un sistema de elevación  "air lift" e de "manexo a bordo" que simplificará as tarefas duns técnicos da Fundación que terán ao seu cargo a xestión da batea flotante dado que a nosa cofradía dende o ano 2006 non ten asinado convenio ca Consellería neste eido.

O ciclo de actuación será o seguinte: a semente de ameixa existente no criadero do Muelle Novo cando alcance o tamaño de 0,8 milímetros será trasladada ata a Plataforma, que fará as funcións de semilleiro ata que a ameixa chegue aos 11-12 mm, momento no que será depositada nos distintos areais para que desenrole o tamaño de 38-40 mm apto xa para o marisqueo. En fin, unha acción pioneira que se circunscribe dentro dos obxectivos de contribuir a mellorar as condicións para o desenrolo sostible dos recursos mariños e a eficiencia dos sectores da pesca e da acuicultura que presiden a actividade da Fundación CETMAR e da que foi elexida  Camariñas como banco de probas. Unha experiencia que de triunfar cambiará para sempre o paisaxe do marisqueo na Comunidade Autónoma de Galicia e mecanizará unha actividade económica vital para a mesma.

Comentarios   

JABA
-1 # JABA 05/05/2009 21:25
Eh kal sera o futuro d@s mariskador@s,si este invento vai a diante?
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # mantida 05/05/2009 22:42
eu si que non o sei jaba, pero si crian a ameixa eo berberecho o menos que deixen a nosa plaia da area da vila pa que a xente que queira poda coller os berberechos como se fasia siempre.
Responder | Denunciar ante o administrador
LUVAOS
+1 # LUVAOS 08/05/2009 10:07
Vistos os comentarios escritos sobre esta noticia, queremos aclarar que esta plataforma de pre-engorde de semente de ameixa foi instalada para o beneficio do sector marisqueiro, xa que a producción de ameixas obtida nesta plataforma vai destinada á repoboación dos arenais (1 cm). Con isto conseguimos aumentar a producción nas praias e co conseguinte aumento dos ingresos dos/as mariscadores/as e do número de traballadores/a s, facendo do marisqueo un sector sostible. Saúdos.
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
0 # fabio 08/05/2009 10:18
EU CREO QE ESTA COUSA TA BEM ASI BAI A VER MAS AMEISA PA MARISCAR BAI TOCAR MAS PA TODOS.E UNMA OPINION SAUDS
Responder | Denunciar ante o administrador
JABA
-1 # TIEMPO AL TIEMPO!JABA 10/05/2009 14:04
Bueno kedou aclarado,xa veremos os resultados ke komenta LUVAO,NUN FUTURO NON MOI LONXE........!E SPEREMOS....
Responder | Denunciar ante o administrador