4.6769230769231 1 1 1 1 1 Rating 4.68 (65 Votes)

O home que susurraba aos loros

En Camariñas pasa o que en ningún sitio: ¡ata loros amaestrados temos agora!
En Camariñas pasa o que en ningún sitio: ¡ata loros amaestrados temos agora!

Loros, papagaios, cacatúas... Cacatúas hai muitas. Pero poucos son os homes que as saiban facer moverse como unha seda.  Como é o caso de Antonio Mouzo Tajes, o veciño de Santa Mariña que susurraba aos oídos das cacatúas, e dos loros claro, e que esta semana pasada dou un auténtico recital de amaestramento destes tropicais animais alados no Bar do Casino de Camariñas ante unha cariacontecida multitude de veciños e do que dou boa conta xornalística Mónica Pasantes, a reporteira todoterreno de camarinas.eu. Pulsa na imaxe para ver unha amplia galería fotográfica das evolucións artísticas destes exóticos animaliños e ler a historia de Antonio Mouzo Tajes, o home que susurraba aos loros.

O home que susurraba aos loros

Estaremos de acordo en que esto non é o Estado de Montana ou de Wyoming (tanto da) nin en que Antonio Mouzo sexa Robert Redford, tampouco é que o sexamos nos, que non estamos xa para muitos trotes. E nembargantes o exemplo de comunión home-animal e de dominio do ser humano sobre as restantes especies da creación ao que asistimos esta semana no Bar do Casino de Camariñas non deixa de ter certos paralelismos ca historia narrada naquela célebre película dirixida e interpretada polo actor norteamericano de relixión mormona que nos seus bos tempos facía que señoras de tódalas idades relameran os seus labios de gusto pensando na hipótesis de saborear os frutos dun amor prohibido e pecaminoso con tan apetitoso galán cinematográfico.

Como en toda boa historia, xa dende os tempos homéricos nos que un atribulado Ulises viaxaba anos cun rumbo errático á busqueda da súa añorada Ítaca, no film mencionado unha atractiva dama de mediana idade (Kristin Scott Thomas) desprazábase centos de kilómetros na búsqueda dun "sanador", un susurrador de cabalos, que axudara a curar ao seu atormentado equino o cal despois dun terrible accidente xa non voltara ser o mesmo. E aquí atopamos outro paralelismo porque Antonio tamén tivo que facer unha longa viaxe, neste caso a Canarias, para aprender a ser todo un maestro no  difícil arte do amaestramento de loros. Ben é certo que no momento da súa chegada ás nosas Illas Afortunadas, naquel entón un paraíso de ofertas de emprego para quen estivera disposto a traballar (¡¡ay, os bos tempos, señores!!), Antonio non sospeitaba nin remotamente en que o convertiría o destino, pero como en toda boa historia, xurdío da nada un enigmático maestro que lle enseñou todo o necesario para dominar e levar polos senderos da arte a tan simpáticos animaliños. O resultado: todo un espectáculo.

Comentarios   

Beldoña
0 # Beldoña 03/05/2009 15:24
Con un maestro como Antonio,estes paxariños aprenden de todo.A ver si me entrena ún pa que pesque calamares,mentr as eu vaia a senar...
UN FENOMENO. NORABOA
Tocaio
Denunciar ante o administrador
JABA
0 # KE KOLORIDO!JABA 03/05/2009 23:19
Si señor...el de galan ten pouko!pero komo adiestrador,fai majas,ke pena non velo en directo,non supen nada,a ver si nos sorprende kon outra actuasion en Camariñas,os paxaros,keria desir loros,preciosos ,ke kolorido e notase ke estan ben kuidados!.Anton io koma ti hai poukos,polo menos por estes lares!
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.