4.6071428571429 1 1 1 1 1 Rating 4.61 (56 Votes)
Agora que estamos a punto de asistir a unha orxía de obra pública no Concello de Camariñas derivada do Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) dentro das medidas destinadas polo Goberno  a loitar contra o paro (xa veremos con que resultado), aquí en camarinas.eu quixemos rescatar imaxes dunha serie de obras públicas de importancia vital para o noso remoto Concello cas que as distintas administracións intentaron paliar o noso secular aislamento e olvido. A obra do Muelle Novo, a máis importante da historia deste concello, a da estrada que nos conecta co resto de Galicia, a ampliación do milenario nexo de unión das dúas orillas da Ponte do Porto ou outras obras menores de finais dos oitenta que xeraron un tanto inxenuamente unha certa ilusión no noso Concello (as eólicas, o Cemiterio dos Ingleses) son recuperadas da man da web líder da Costa Atlántica nunha evocadora galería fotográfica.

Certamente, aqueles tempos de finais dos oitenta e de comenzos dos noventa, que coincidían ca chegada de Don Manuel Fraga Iribarne á Presidencia da Xunta de Galicia foron épocas de certa apoteosis da obra pública da que o Concello de Camariñas, encuadrado dentro do contexto xeral dunha Galicia que puxaba por saír a duras penas do subdesenrolo histórico no que se atopaba sumida, se beneficiou. Así, naquelas épocas vimos como se executaba a obra sen dúbidas máis importante da historia deste Concello: a dun Muelle Novo que evitaría no sucesivo que se repetiran acontecementos como o daquel terrible temporal acontecido a comenzos dos oitenta que se levou por diante todo un malecón que existía dende tempos remotos diante da nosa fachada marítima, en frente do entón Bar Miramar e do Bar Victoria, e que fixo que as augas do mar chegaran ata a mesmísima Praza Maior.

Despois ven a obra de construcción da actual estrada que conecta Camariñas con Vimianzo e por extensión con Carballo, paliando desta forma o secular olvido no que xacía a nosa vila dende tempos remotos e que supuxo un vital lavado de cara da vía de acceso de entrada á nosa vila. Nada foi igual despois da execución dunha obra que acortou de maneira sustancial o lapso de tempo necesario para comunicar a nosa vila cos principais centros urbanos de Galicia. A obra, en definitiva, que centrou a Camariñas dentro do mapa xeográfico galego.

Como remate, quixemos traer ás evocadoras páxinas da sección de Fotos Históricas, obras que se poden considerar menores pero que posúen un fondo calado en canto a importancia histórica e estratéxica dentro do noso Concello. A primeira, refírese ao ancheamento dunha ponte milenaria, vía de unión de diferentes núcleos urbanos dentro do Concello de Camariñas e por extensión da Costa da Morte, é decir, a ampliación da ponte posiblemente de orixe romana da Ponte do Porto, ata aquel entón de vía única e posteriormente de doble circulación. As últimas dúas obras, refírense a dous proxectos que xa específicamente circunscritos á vila de Camariñas xeraron naquela complicada e polémica época de finais dos oitenta unha certa ilusión entre os seus veciños para finalmente acabar nun fracaso rotundo: referímonos ao Proxecto de Parque Eólico co seu xigantesco aeroxenerador AWEC-60 e ao remozamento e reconstrucción do Cemiterio dos Ingleses, á cuia reinauguración chegou a asistir ata un elevado mando da Marina Británica. Unha época en definitiva (finais dos 80 e comenzos dos 90) presidida por unha importante inversión na nosa vila e que fixeron que xa nada fora igual.

Comentarios   

seran7989
+3 # RE: Fotos Historicas: Obras Historicas de Camarinasseran7989 01/05/2009 13:01
Mui interesante o reportaxe fotográfico,xa se me olvidaran como estaban antes,e o avanse dos tempos que impoñen mais infraestructura s,pero mirando as fotos vellas ai sitios que eran mas bonitos antes,o puente da Ponte do porto por ejemplo,pero 2eche o que ai".Grasias.
Responder | Denunciar ante o administrador
kecho
+3 # RE: Fotos Historicas: Obras Historicas de Camarinaskecho 01/05/2009 15:19
bienvenido Mister Marshall...
Responder | Denunciar ante o administrador
JABA
+3 # FAI 30 ANOS........... .!JABA 03/05/2009 23:56
¡A verda,eh ke rapido pasa o tempo,eu xa non me akordaba de muitas das kousas ke ahora mismo estan kompletamente reformadas,komo se nota o kambio;pero tamen 30 anos dan pa esto E MUITO MAIS ,esperemos ke o pueblo sija millorando por ben de todos!.
Responder | Denunciar ante o administrador