O Ranchito pesca un pulpo de casi 8 kilos

¿Acabará este enorme pulpo sendo devorado por algún político aloxado naquela casa amarela do fondo?
¿Acabará este enorme pulpo sendo devorado por algún político aloxado naquela casa amarela do fondo?

Hai un tempo xa escribimos sobre unha posible invasión de calamares xigantes, pero desta volta foi un impresionante pulpo de casi 8 kilos o que acabou sendo capturado por un mariñeiro camariñan. E claro as comparacións ca mítica escena onde un cefalópodo xigante atacaba o "Nautilus", o submarino patroneado polo Capitán Nemo na mítica novela de Julio Verne "20.000 leguas de viaxe submarino", son inevitables. Ademáis o protagonista desta noticia é un vello clásico das páginas de camarinas.eu: nin máis nin menos que Jose "o Rancho Junior" que ten destacado tanto como improvisado buceador de perlas preciosas como experto home de mar. Pulsa na imaxe para ler a noticia dunha loita entre un terrible monstruo marino e un humilde e esforzado mariñeiro camariñán.

O Ranchito pesca un pulpo de casi 8 kilos

Image

Hai un tempo xa escribimos sobre unha posible invasión de calamares xigantes, pero desta volta foi un impresionante pulpo de casi 8 kilos o que acabou sendo capturado por un mariñeiro camariñan. E claro as comparacións ca mítica escena onde un cefalópodo xigante atacaba o "Nautilus", o submarino patroneado polo Capitán Nemo na mítica novela de Julio Verne "20.000 leguas de viaxe submarino", son inevitables. Ademáis o protagonista desta noticia é un vello clásico das páginas de camarinas.eu: nin máis nin menos que Jose "o Rancho Junior" que ten destacado tanto como improvisado buceador de perlas preciosas como experto home de mar.

A invasión dos pulpos xigantes

O caso é que estaba o noso querido amigo Jose o Ranchito ca súa embarcación recollendo as nasas no entorno da Virxe do Monte cando arriou para a bordo un impresionante pulpo de oito kilogramos que fixo que nun primeiro momento quedara sorprendido ante semellante captura. Certamente, nestes últimos tempos estámonos acostumando a ver como o mar camariñán destaca pola fertilidade e riqueza das súas capturas. Hai uns meses, concretamente a primeiros de decembro, a embarcación da familia Campaña Pensado "Muro de Fontán" capturaba frente as costas de Nemiña dez calamares xigantes que se sumaban aos que foran capturados en días anteriores por distintos pescadores camariñáns. Posteriormente foi na zona de Reira onde foron collidas impresionantes lubinas de planta lonxitudinal e sabrosas carnes. Queridos usuarios, vivimos nun entorno de gran riqueza onde a natureza nos obsequia cos mellores dos seus productos, alomenos os marinos,  e todo eso sin contar que ata as ameixas da Praia do Ariño en Xaviña veñen cargadas con exóticas perlas preciosas a semellanza daquelas que capturaban nos seus buceos de alento os polinesios dos Mares do Sur...

Noticias relacionadas

 

Comentarios   

rubiasexy
0 # rubiasexy 13/03/2009 20:19
mima que pulpaso tan grade non ahi terra como ela para unha empnada estabache ven vo bueno que sijas pescando asi suerte sefa tua prima sefa e os pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 13/03/2009 21:12
¡ Vaia bicho! Pa que ablande fan falta que, todalas mulles de Camariñas,malle n nél un día enteiro.(O mellor,ben preparado,comes e ben)
NORABOA
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 14/03/2009 16:47
Este ranchito e a ostia, primeiro a ameixa ca perla dentro e ahora este pulpo tan jrande, haber pa próxima que nos traes de novedad,Sefa a feira tamen está boo.
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # O POLVO!!!!!...hombre lobo 14/03/2009 20:46
MMMMMMMMM!!!!!Q UE RICO!!E DAS MILLORES COUSAS QUE VAMOS LEVAR DESTA VIDA...E VEÑA POLVOS!!!!JAJAJ AJA FALANDO DE COMER OH!!PERO QUE (BEN) MAL PENSAD@S SODES EH..BUENO,PRIME IRO AI QUE MASALO (O PULPO)E DESPOIS,E SENDO DESTE TAMAÑO MAIS,ABRIA QUE METELO NO CONGELADOR,QUE ASI IVA A ESTAR MAIS BLANDIÑO,E O DA POTA DE COBRE (SEJUN, EXPERTOS COSIÑEIROS)O UNICO QUE CAMBIA DUNHA POTA CALQUERA E O COLOR DO PULPO,O SABOR DIN QUE NADIÑA,NON AI DIFERENSIA,ESTA COMPROBADO,DIN.
BEÑA RANCHO SUERTE E A COMER O PEDASO DE PULPO QUE COLLESTES QUE TAMEN E OUTRA DAS MILLORES MANEIRAS DE DISFRUTAR...COM ENDO.JEJE.
Responder | Denunciar ante o administrador
toxo
0 # toxo 16/03/2009 14:25
por favor,lavar bien,quitarle la cabeza,embalar, congelar y enviarmelo a la brevedad a mi domicilio particular (no a la oficina).a ver........pime nton tengo.......... ..aceite de oliva tengo.......... ...patatas tengo.......... .....si...si... ........mandarl o YAAAAAAAAAAAAAA AAAAAAAAAAAAAAA
Responder | Denunciar ante o administrador