- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 13 Marzo 2009 13 Marzo 2009
A unidade móbil da ITV volve a Camariñas para realizar as pertinentes inspeccións de motos, motocicletas e moto-reactores pero desta vez non so estarán na Vila dos Encaixes se non que desprazaranse un día hacia a Ponte do Porto para realizar alí as inspeccións obligatorias a tractores. Para os ciclomotores de ata tres anos non fará falta cumprir coa obriga de pasar esta inspección pero a partir deste primer trienio terá que realizarse a ITV cada dous anos. Para as motocicletas só se terá que realizar a partir dos catro anos de edade da motocicleta tendo que regresar a facela cada dous anos sendo obrigatorio levar en ambos casos o Cartón de Inspección Técnica de Vehículos así como o Permiso de Circulación do vehículo. Pulsa na imaxe para saber os días nos que a unidade móbil da ITV visitará o noso concello.
ITV para motocicletas
-
Día 16 de abril: No pavillón municipal de Camariñas, pola mañá e pola tarde.
- Día 23 de xuño: No pavillón Municipal de Camariñas, sólo pola mañá .
ITV para tractores
-
24 de Abril: Escola da Ponte do Porto de 9:00 a 13:30
Teléfono de cita previa - 881 920 978
Os operarios da ITV atenderán por orde de chegada aos cidadáns que desexen pasar aos seus vehículos a inspección técnica.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.