4.8901098901099 1 1 1 1 1 Rating 4.89 (91 Votes)
O abandono do mundo rural con destino final nas grandes cidades foi unha das constantes que permiten entender o así chamado desarrollismo español dos anos 60 e 70 do século pasado que convertío a España na potencia económica que coñecíamos ata agora. Lugares como Lazo a todo o longo da xeografía nacional quedaron despoboados das súas xentes como sacrificio inevitable no altar do progreso económico e material e como almas en pena continuaron a duras penas ca súa existencia moribunda. Coñecedores desta innegable realidade camarinas.eu decidío personarse en Lazo na tarde de febreiro de 2009 en Laso para adicarlle unha reportaxe ao último enclave despoboado do Concello de Camariñas.

Laso, o disputado voto do Señor Francisco

El disputado voto del Señor Cayo era unha novela de 1978 do xenial escritor vallisoletano Miguel Delibes que narraba como con motivo das primeiras eleccións democráticas españolas de 1977 chegaban a un semiabandonado pobo da serra de Burgos, onde só quedan dous homes vivos (que non se falan debido a vellos pleitos), uns xóvenes militantes de distintos partidos políticos. Un dos dous lugareños é o señor Cayo, arquetipo da sabiduría popular e campesina, unha das persoaxes máis entrañables creadas pola pluma de Delibes, que pasa unhas horas filosofando sobre a vida e a política dende a súa peculiar visión do mundo cuns ambiciosos xóvenes embarcados nunha loita sin cuartel pola conquista do voto do sabio anciano.

Cando a comitiva itinerante de camarinas.eu chega nunha soleada e fría tarde de febreiro de 2009 ao Lugar de Lazo, un altozano desolado ao que se chega no desvío á dereita que existe na carretera que vai de Santa Mariña a Arou, non o fai en busca de voto ningún, pero si polo menos de algo que se parezca a unha reportaxe, polo que as nosas almas tampouco están libres do pecado da avaricia. Sen embargo, unha vez que trabamos conversación con Don Francisco Castro, un dos catro veciños que residen en este olvidado enclave camariñán, coméntanos que precisamente a semana anterior o Alcalde Pichurri fixo unha visita a Lazo...

Ante todo Don Francisco pregúntanos si os delegados do Catastro de visita no Concello de Camariñas para dar de alta todas aquelas propiedades submerxidas na legalidade catastral, visitarán Lazo, fálanos de títulos de propiedade allados polo tempo e prácticamente indescifrables, duda sobre como poderá demostrar a súa titularidade sobre unha propiedade "que me legou o meu pai, e a el o seu pai". A través da súa peculiar visión do mundo coméntanos que despois de máis de 20 de anos de emigrante en Holanda (Rotterdam, Amsterdam) vive actualmente da pensión gañada tan duramente no seu día nos Países Baixos e que lle permite vivir sin máis apreturas das necesarias: ¡necesítase tan pouco para vivir en Lazo! Hoxe en día a vida xa non é tan dura aos sabios ollos de Don Francisco: eses 4 veciños, únicos superviventes doutra forma de vida, todos eles unidos por vínculos familiares, dispoñen de auga corrente, enerxía eléctrica, televisón, teléfono por batería, sendo o noso platicar interrumpido polos pitidos do camión do butano que está a cumplir ca súa visita semanal a Lazo. Retomada a conversa e gañada a confianza de Don Francico, este chega incluso a lembrar que foi precisamente un veciño de Lazo o que fundou o primeiro banco galego na Arxentina...
Os montes que circundan Laso preséntase formados de roca dura pelada e desolados. Preguntado Don Francisco si algunha vez luciron mellores galas contesta que en tempos un tupido bosque de robustos pinos "aos que dous homes agarrados non lle daban a volta" abrigaban Lazo dos temporais e da incertidume, pero as constantes visitas furtivas dalgún que outro veciño de Arou en busca de leña fácil para o inverno acabou por levar "ao finado do meu pai" a desisitir de plantar novos pinos. A referencia por parte de Don Francisco ao seu pai será constante ao longo da conversación e é que en Lazo os vellos tempos e as antigas costumes siguen moi presentes, mediante o recordo dunhas épocas nas que este olvidado enclave camariñán chegou a albergar a "máis de 40 veciños" que nos días de festa se reunían nunha preciosa e megalítica eira que se atopa encima da casa de Don Francisco para "manllalo trijo". Ata un día hai preto de 40 anos no que non se volvío a utilizar este prehistórico e evocador conxunto de pedras que queda como testemuña muda do paso do tempo. O Stonehenge do Concello de Camariñas.

Non lonxe da eira, érguese un vello e espléndido cabazo propiedade de Don Francisco ao que os recentes temporais que asolaron o concello lle levaron todo o seu teito. Tellas de recente aspecto e un andamio lucen ao seu carón e falan dunhas obras de retellado que está a levar a cabo o sobriño de Don Francisco, actualmente residente na vila de Camariñas. E é que todos os que no seu día estiveron vencellados a Lazo, hoxe atópanse noutros lugares. Como a familia de Jenny, usuaria de camarinas.eu e neta da cuñada de Don Francisco, emigrante ca súa familia en Suiza. A emigración, a gran constante que masacrou implacablemente a Lazo, convertíndoo no lugar moribundo e semiabandonado que unha tarde de febreiro de 2009 atopou a redacción de camarinas.eu.

Decían do libro de Miguel Delibes que constituía a novela por excelencia da transición española, unha obra que provocaba en todos aqueles que a leían que a partir de entón miraran os pobos e os campos de España con outros ollos. Tal vez nos,  xóvenes militantes non dun partido político pero si dunha forma de entender o xornalismo, testemuñas involuntarias da desaparición dunha cultura rural, rica e antiga pero desprestixiada, despois da nosa viaxe ao semiabandonado lugar de Lazo miremos ao mundo con outros ollos. Tal vez. Quen sabe.

Comentarios   

Rueironovo
+2 # RE: Reportaxes camarinas.eu: Lugar de Lazo, CamariñasRueironovo 26/02/2009 20:58
Na miña vida fun ,nin a Laso, Pescaduira, Lamastredo ,Brea nin a Brañas Verdes un dia destes teño que faselo ,
Responder | Denunciar ante o administrador
ruliña
+2 # RE: Reportaxes camarinas.eu: Lugar de Lazo, Camariñasruliña 26/02/2009 21:53
DIEGO ,MARCOS UNH REPORTAXE BEN BONITO .JUSTOUME BEN LEELO E VER AS FOTOS.
Responder | Denunciar ante o administrador
seran7989
+2 # RE: Reportaxes camarinas.eu: Lugar de Lazo, Camariñasseran7989 26/02/2009 22:26
Está ben esta idea vosa de enseñarnos o ayuntamiento,po rque eu dijo como Rueiro novo,tampouco conosía Laso,sejide así.
Responder | Denunciar ante o administrador
Jenny
+2 # O meu lugar da infanciaJenny 27/02/2009 10:10
Muy bonito reportaxe, si señor !!!
Quedei impresionada cando vin as fotos todas do lugar de donde e a miña familia (a mitad, a outra mitad do COTRO, Buria) !!
Alegrame muito ver que tamen se acordan algo das personas que ali quedan, aunque sean poucas son muy boa xente, e non solo o dijo porque sea a miña familia sinon porque a toda xente que por ali se asoma, toda leva un trato extraordinario !! Todo mundo e ben acollido...
Laso sera sempre para min o lugar donde me gustaba quedar cando iba de vacacions, e donde viven miña abuela e meu Tio Francisco, e asta dous anos atras o meu queridisimo abuelo SALVADOR CASTRO D.E.P !!!
Gracias a Diego e a Marcos por este reportaje tan bonito...
Fixome muita ilusion ver estas fotos desde Suiza...
Gracias...

Familia Castro querovos muitoooooooo !!!

***Jenny y familia***
Responder | Denunciar ante o administrador
toxo
+2 # RE: Reportaxes camarinas.eu: Lugar de Lazo, Camariñastoxo 27/02/2009 12:01
muchachos !!!!
que linda nota !!!

hace dos años caminando por la pista que va de santa mariña a arou,pase de la mano de mi esposa por lazo.
nos miramos y dijimos los dos lo mismo : esto es para disfrutar!!!!
la idea era poder comprar todo lazo completo (obviamente en sociedad)derrui r todo vestigio de ladrillos y dejar en pie la piedra formidable que forman las pocas casas que hay.
poner todo en valor,piedras,t ejas,caminos y hacer de ese lugar un esplendido refugio para pasar unas lindas vacaciones o temporadas de descanso.
claro que la idea sigue en pie.
lo bueno seria que alguien de ahi formase una sociedad e invirtiese lo necesario para hacer realidad ese proyecto (ojala no sea el estado/gobierno).
de la misma forma que se hizo aldea madeira se podria hacer la aldea de pedra en lazo.
si alguno esta en condiciones de comenzar a darle forma,avisenme, soy materia dispuesta.
vuelvo a reiterar que me encanto la nota/reportaje, y como hace mucho dije por aqui,seria bueno rescatar la memoria de algunos viejos pobladores de todos los pueblos que estan desperdigados por ahi.
tienen anecdotas increibles de tiempos que ya no vendran y que sin su testimonio vivo que hoy podemos aprovechar,qued arian en el olvido total.
ánimo y a buscar esos viejos que estan llenos de material periodistico debajo de sus pañuelos negros y sus chaquetas raidas por el tiempo.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+2 # RE: Reportaxes camarinas.eu: Lugar de Lazo, Camariñasmantida 27/02/2009 18:47
Nunca estuven en Laso pero e un sitio ben bonito e non dijo nada para aquelas personas que buscan pas e tranquilida, en Laso si que a teñen.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+2 # RE: Reportaxes camarinas.eu: Lugar de Lazo, CamariñasBeldoña 02/03/2009 13:16
Si,toda Galicia é unha maravilla,Camar iñas e a súa comarca é o paraíso de esa maravilla.Lujar es recónditos e abandonados como éste que ,maxistralmente , nos mostra Diego e Marcos,son todo un exémplo e un orjullo para todos nós.Eu sempre presumín de haber nasido en Camariñas,e,cad a día,me sinto máis orjulloso.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
Vanesa_19
+2 # RE: Reportaxes camarinas.eu: Lugar de Lazo, CamariñasVanesa_19 04/03/2009 21:43
Muy bonito reportaxe .. .
Laso sera sempre para min o lugar mas bonito de toda Galicia ahi fuy donde crecin ahi fuy donde as personiñas que mas quero creseron !!! Aunque desde 2 anos xa faltame o home que mas quixen en esta vida meu abuelo Salvador D.E.P

Tio Franciso & Abuela Carmen Os Quiero Muchissimo .


Gracias por este reportaxe outra vez fixome muita ilusion .
Biquiños
Responder | Denunciar ante o administrador
rodriguezlemamaricarmen55
+2 # que pena!!!rodriguezlemamaricarmen55 08/06/2009 22:17
Es un hermoso lugar. Me gustaría saber si existe algún hórreo en Ponte do Porto y poder verlo de existir.Felicit aciones por la nota y las fotografías.
Responder | Denunciar ante o administrador