- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 25 Febreiro 2009 25 Febreiro 2009
A Praia de Camelle quedará limpia como unha patena

Aquí en camarinas.eu gústanos rastrexar o ciberespacio na búsqueda de noticias referentes ao Concello de Camariñas e así no día de hoxe enterámonos que o Ministerio de Medio Ambiente ven de licitar unha iniciativa pioneira consistente na rexeneración de praias radicadas en núcleos urbanos como medio de facelas máis aptas e idóneas para o turismo. Tras un examen exhaustivo, o areal elexido foi o de Camelle onde se invertiran preto dun millón de euros en seis meses e todo elo enmarcado no Plan E do Goberno Central para a reactivación da economía española nestes duros tempos de crisis. Pulsa na vista aérea de Camelle para ler a noticia completa e ver unha impresionante galería fotográfica que recorre a historia deste célebre areal camellán.
Rexeneración da Praia de Camelle

O Goberno Central con sede en Madrid aprobou a finais de 2008 o denominado Plan E, co obxectivo declarado de constituir un estímulo para a economía española e o empleo e que supoñe unha movilización de fondos públicos con moi poucos precedentes. Así as obras do Fondo Estatal de Inversión Local que van a deixar preto dun millón de euros en Camariñas localízanse dentro deste Plan, se ben os resultados logrados ata o de agora para o estímulo do emprego están á vista de todos e pódense calificar de máis ben escasos.
Pois precisamente, enmarcada dentro deste Plan E, o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, a través da Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e o Mar, licitou a rexeneración da praia de Camelle. O investimento previsto para esta actuación é de 930.071 euros e o prazo previsto para a finalización das obras é de seis meses. Con esta actuación vanse crear 27 empregos.
Especificando máis, a actuación exposta conlevará o cribo da area da praia, con retirada de materiais cuxo tamaño supere os 2 milímetros e a substitución dos mesmos por areas de canteira de tamaño en torno aos 0.6 milímetros. Elo fará que o areal camellán presente un aspecto moito máis coidado e limpo que sen dúbidas constituirá un aliciente para un turismo que se espera en anos próximos aumente a súa afluencia a un Camelle dotado dunha praia de primeira magnitude. Polo tanto estas actuacións suporán o cribado de 42.920 metros cúbicos de area e procederase á achega dun volume de areas de 9.500 metros cúbicos.

Asemesmo é de destacar que os informes técnicos insisten na existencia a praia dunha saída da canalización do río na franxa intermareal occidental que favorece a erosión local do perfil de praia nesta marxe e a achega de finos na zona de encontro da auga doce procedente do río e a auga salada. Para dar solución a este problema prolongarase a canalización 100 metros para o mar mediante unha canalización a leito aberto de cachotería, continuando o trazado polo exterior do támara do paseo existente.
Estas actuacións forman parte da política do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Marino, para recuperar o litoral español colaborando coas Comunidades Autónomas e os Concellos das zonas afectadas, levando a cabo as actuacións necesarias para a mellora da franxa litoral respectando as características medioambientais e paisaxísticas de cada zona e facilitando o uso e goce da costa a todos os cidadáns.
En definitiva, trátase dunha importante inversión que acomete o Goberno Central de Madrid, a través do seu Ministerio de Medio Ambiente, e que contribuirá a unha mellora do aspecto visual e do atractivo turístico da vila norte do Concello de Camariñas. Un novo investimento que continúa a coroar, tal e como amosan as presentes fotografías extraídas do archivo fotográfico infinito de camarinas.eu, o longo camiño que iniciou Camelle non hai moitos anos e que convertiron o que era un olvidado pobo mariñeiro de pedra e area nunha atractiva vila turística e das que as obras do seu Paseo Marítimo acometidas durante a Presidencia na Xunta de Galicia de Manuel Fraga foron o proxecto estrela.
- Ministerio de Medio Ambiente
- www.webmurcia.com