4.8504672897196 1 1 1 1 1 Rating 4.85 (107 Votes)
Hai xa cincuenta anos, toda unha vida, que Pepe O Mantido e Gloria uníronse en santo matrimonio. Fui ano arriba ano baixo cando O Mantido construío na Punta da Virxe da Barca dúas torres que coroaban un templo sagrado e que permitían contemplar Camariñas como unha illa de beleza. Unha illa na que esta familia orixinaria de Carnés un día hai xa moitos anos acabou recalando de forma definitiva. Precisamente aquí, na Vila das Palilleiras, e no que sería co tempo un dos seus barrios máis emblemáticos (o distrito de Corea), foi onde Pepe e Gloria criaron unha familia e tomou corpo e forma unha empresa de construcción e de obra pública que se faría lexendaria en toda a Provincia da Coruña: Mantido S.L.

Este venres 13 de febreiro de 2009, víspera de San Valentín, Día dos Enamorados, facía exactamente cincuenta anos que se casaban dous xóvenes de Carnés. Pepe e Gloria. El dende moi novo demostrou unhas aptitudes innatas para o traballo de cantería, convertíndose precozmente nun maestro canteiro que deixaría a súa pegada experta en igrexas, cruceiros e cabazos de toda Galicia. Co tempo fundaría unha empresa dedicada ás obras públicas que chegaría a ser emblemática en tódolos concellos da Provincia da Coruña, aquela que levaba o sobrenome polo que Pepe era coñecido multudinariamente: Mantido S.L. Seguramente foi unha desas obras, contratada polo que foi durante tantos anos lexendario Secretario do Ayuntamiento de Camariñas, Hervás, o que fixo que un día Pepe se acercase pola nosa vila. E aquí foi precisamente, no barrio de Corea, onde Pepe e Gloria decidiron botar raíces, convertíndose en dous camariñáns máis.

Dotado dunhas cualidades sin igual para as relacións sociais, si algo sempre caracterizou a familia do Mantido foi a súa xenerosidade e carácter aberto. Nunca foi raro que chegado a un bar, nunha volta pagase todo o que nese momento alí se estaba a consumir, e si ben na hora do traballo duro sempre foron os primeiros, como compensación na hora do descanso, sempre foron os nº1 para organizar festas, sendo ben coñecido o carácter apocalíptico e pantagruélico das comidas multitudinarias que se celebraron na súa casa e que en ocasións teñen chegado a durar días. Por todo o anterior, e debido ao carácter aberto, simpático, xeneroso destas dúas excepcionales persoas, queridas en todo Camariñas, para a web que mellor representa esta vila milenaria é todo un honor e un privilexio publicar nas súas humildes páxinas unha impresionante galería de fotos que nos fala doutros tempos: dunha Galicia rural, traballadora, de zocos e de pedra, abrumada por cuadrillas de obreiros que se desplazaban en busca da salvadora obra pública, de festas e comidas ao son dunha gaita e un tambor, de fermosas rapazas de aldea e de emprendedores xóvenes que saían aos camiños a gañarse a vida. Unhas fotos que falan duns tempos idos. Pero que son os tempos polos que transcurriron os 50 anos de vida en común de dúas persoas sinxelas e traballadoras que levaron a alegría e a felicidade a todos aqueles que os coñeceron: O Mantido e Gloria. Dende esta destartalada redacción e cuadrados en sinal de respeto: ¡¡FELICIDADES POR ESES 50 ANOS DE MATRIMONIO!!

Comentarios   

eloy
0 # ME ALEGRO DE CORAZONeloy 18/02/2009 20:46
Mis padres lo lograron mis suegros tambien y por eso sé lo que significa. Enhorabuena MANTIDO, me alegro de corazon. Buena gente.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # ¡¡¡¡¡¡FELICIDAD ES.¡¡¡¡¡¡¡Beldoña 18/02/2009 20:51
Feliciddes a este matrimonio por sus bodas de ORO. FLELICIDADES, por el trabajo realizado con tanto esmero durante estos 50 años,y,FELICIDA DES por esa familia tan maravillosa que tiene.ENHORABUENA
Me alegró ver en una de ls fotos a mi primo Jesusito (qepd)
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # felicidadesrubiasexy 18/02/2009 21:59
mima 50 como pasa o tiempo e paresedes muy nobos enhoraboa que esteen asi 100 anos as fotos mui bonitas si señor muitas felicidades sefa eos pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
0 # zhúkov 18/02/2009 22:13
Bueno, eu a verdade a Don Pepe hai non hai muito tempo que o coñezco, pero xa meu pai me tiña falado mui ben del e efectivamente nas veces que coincidimos no Arnela vin que estaba diante dunha persona excepcional dotada dunhas virtudes fora do común: un gran personaje. Pois dende aquí toda a miña admiración e respeto e moitas felicidades por esas vodas de ouro.
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # SEÑOR PEPE...hombre lobo 19/02/2009 10:04
...QUE BO JUSTO TIÑA PAS MULLERES(SEJURO QUE INDA O TEN)..SEÑORA GLORIA ERA UNHA CHICA BEN JUAPA..(COMA FILLA E NETA)..HOXE UNHA SEÑORA JUAPA..(SRA.GLO RIA)..NAS FOTOS USTED PARECESEME A MARTIN E SRA.GLORIA A MARUJA.
XA LLE DIREI A O SEU AMIJO VALERIO QUE MIRE A NOTISIA..(INDA QUE ESTE EN BRASIL..ESTO E O BON QUE TEN INTERNET,E CAMARIÑAS.EU).
SIN MAIS PATRON,FELISIDA DES POR ESA MULLER QUE TEN E TAMEN POR ESA FAMILIA.

VITO
Responder | Denunciar ante o administrador
perillan
0 # perillan 19/02/2009 12:56
Miña mais cordial enhoraboa, Pepe e Gloria, da gusto ver a un matrimonio celebrar as bodas de ouro, en estes tempos en que, como acabo de leer na pensa se separa unha parexa cada 4 minutos. Pois nada, a celebralo como e debido e que cumplades as de platino.
Responder | Denunciar ante o administrador
adry
0 # ENHORABUENA ABUELOSadry 19/02/2009 13:42
Por fin podo escribir oh,non me deixaba entrar.

Pois aquí a neta desta parexa tan marabillosa,xa vos deseou un feliz aniversario, por circunstancias da vida non se pudo celebrar como se poidera, xa que nunha das fotos está miña madriña que en paz descanse, pero de todas formas non fai falta festa porque tendo o cariño que nos temos todos eso é o importante, miña abuela sabe que lle quero muito pero que a personiña que más quero do mundo é meu abueliño Mantido, mama non te enfades que xa sabes que meu abueliño é muy especial para min, que o día que me falte non sei q será de min, a perosna más humilde do mundo e miña abuela un cachiño de pan, quérovos muito abueliños, e así será por mmiles de anos máis. bikiños
Responder | Denunciar ante o administrador
Machote
0 # Machote 19/02/2009 14:25
felicidades pepe e gloria por estes 50 anos xuntos e que sigades moitos mais,era eu un rapaz cando vos vin chegar e xa fay 50 anos todo unha vida felicidades de machote e rosa e os fillos,
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # lucia018 19/02/2009 14:47
Moitas Felicidades pepe e Gloria
Que dureds moitos aniños mas asi de Felices...Glori a que wapa nas fotos A tua filla maruja e a tua neta adry son igualitas a ti....e Martin a seu abuelo Pepe...o amin parecemo..
Bikiños
Responder | Denunciar ante o administrador
rula
0 # ENHORABUENA!!!!rula 19/02/2009 15:10
Enhorabuena a los dos por todos estos años! Que entrañables las fotos d tiempos pasados y , sobre todo, me alegró ver esa en la que D. Evaristo parece un cantero mas, verdad Pepe? y la que Gloria está con Saladina...que tiempos y que guapas están!
Un abrazo
Responder | Denunciar ante o administrador
juanillo
0 # juanillo 19/02/2009 15:28
Muitísimas felisidades a Pepe e a Gloria.Espero que esteades outros 50 anos xuntos polo menos.
Saludos desde Cartagena
Responder | Denunciar ante o administrador
merlin
0 # ENHORABUENA!!!!merlin 20/02/2009 16:27
ENHORABUENA
Moitas Felicidades pepe e Gloria
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 20/02/2009 17:43
Quero darvos as jarasias a todos polos vosos comentarios e a Diego e Marcos tamén por faserlle un reportaje tan bonito, e darlle as jrasias tamen a Geli e Marisa por ese cuadro tan bonito que lle rejalastedes, muitas jrasias.
Papa mantido e mama gloria, jrasias tamén por ser como sodes, pa min os mellores.
Responder | Denunciar ante o administrador
rula
0 # ENHORABUENA!!!rula 20/02/2009 18:14
Enhorabuena a los dos por todos estos años! Que entrañables las fotos d tiempos pasados y , sobre todo, me alegró ver esa en la que D. Evaristo parece un cantero mas, verdad Pepe? y la que Gloria está con Saladina...que tiempos yque guapas están!
Un abrazo
Responder | Denunciar ante o administrador
reira
0 # reira 20/02/2009 18:31
Bueno eu tamen quero felicitar os pais de MANTIDA que estes dias tuben problemas tamen e ahora que vexo o seu comentario pois eso felicidades que duredes moitos anos mais xuntos e seades felices
SALU2 JOHNREIRA
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # jose de marta 20/02/2009 18:49
Quero eu tamen felisitar a señora Gloria e mais o señor pepe o mantido polas suas bodas de ouro,Muitisimas felisidades e a seguir outros 50 anos mais,Muitisima suerte,xa sei que e algo tarde pero e que non me deixaba entrar na pagina e non puden velo antes.Muitisima s felisidades outra ves e a cuidarse muito.Saludos desde Inglaterra.
Responder | Denunciar ante o administrador
Ana
0 # FELICIDADESAna 20/02/2009 19:26
Hola pos nos tamen queriamos felicitar a señora gloria e mas o señor pepe polos seus 50 aniños de casados.Muitas felicdades os dous.
un bikiño mui grande e enoraboa de novo.
Responder | Denunciar ante o administrador
marcosbouzas
0 # marcosbouzas 20/02/2009 22:01
FELICIDADES GLORIA E PEPE POR ESES 50 ANOS XUNTOS E A SEGIR OUTROS TANTOS
Responder | Denunciar ante o administrador
ruliña
0 # ruliña 21/02/2009 21:14
FELISITAR POR AS SUAS VODAS DE OURO A ESTAS DUAS PERSONAS ESTUPENDAS,MUIT AS FELISIDADES
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 23/02/2009 15:50
Felisidades Gloria e Pepe por eses 50 anos xuntos, non cheja calquera a eso. Pois eso, muitas felisidades os dous.
Responder | Denunciar ante o administrador
LOLO
0 # 50 anos xuntosLOLO 09/10/2009 18:55
ehora boa sodes un matrimonio exemplar felicidades de parte do fillo de lolo de candida da seariña
Responder | Denunciar ante o administrador