Siempre haberá sabios expertos que veñan a explicarlle aos esforzados operarios como cumplir a súa labor

Xubilación despois de corenta anos de servizo

Ben é sabido que camarinas.eu é a web que representa ao pobo humilde e traballador e por eso alí onde un esforzado operario esté a levar a cabo a súa abnegada labor esta páxina non lle fallará e dedicaralle unha pequena e sinxela homenaxe. E máis nestes tempos turbulentos de crisis económica total, onde os currantes de a pe teñen que redoblar os seus esforzos para levar un cachiño de pan as súas familias.  Como por exemplo os operarios de Tecolema S.L., que chegados dende a súa Vilaseco natal estaban a xubilar os postes de madeira que levaban o teléfono (e internet) ata o Faro Vilán, tras cumplir estes os 40 anos de existencia reglamentaria. He aquí unha noticia dedicada ao esforzado traballador español.

Pois si amigos, na fantástica tarde de inverno do 17 de febreiro estaban os nosos amigos de Tecolema S.L., empresa de Vilaseco, cambiando os postes que levaban dende hai 40 anos as liñas telefónicas ata o faro Vilán. Aqueles vellos e carcomidos postes foron sustituidos por outro novos. A clase de madeira utilizada para estes menesteres é o pino blanco especialmente resistente e tratado para resistir longos invernos e refrescantes veráns e que foron importados dende Francia. O caso é que os esforzados operarios de Tecolema aledáronse especialmente e botaron unhas risas cando viron a estes destartalados redactores acercarse ata eles cámara en ristre e intuir que aquelo probablemente podía acabar noutra desas noticias nosas que tanto gustan ao electorado de camarinas.eu: aquelas reportaxes onde demostramos que calqueira españolito de a pie, humilde e traballador, ten un sitio gardado nas nosas páxinas. As noticias sobre as xentes correntes, aquelas que teñen os mesmos problemas que ti máis ca min. Tal vez ese sexa o sinxelo secreto do éxito abrumador desta páxina.

Pero con todo e para rematar esta noticia,  ¿tal vez non sería mellor olvidarse de postes bañados en gasoil e intentar soterrar dunha vez o cableado eléctrico e telefónico acorde cos tempos modernos? Bueno, é tan só unha reflexión que se lanza ao aire neste país noso onde tanto abundamos os sabios expertos que tantos e tan baratos consellos damos.

Comentarios   

Beldoña
+2 # Unha pesetaBeldoña 17/02/2009 23:20
Cando eu era pequeno,pasei un inverno invitado polo pai-torreiro do meu amigo Toño,primo de Alonso,e,result a que,xusto onde andan sacando os postes do teléfono,perdin unha peseta,que era toda a miña fortuna.
Prejuntádelle,si tedes ocasión, a eses operarios,a ver si a encontraron,que ,despois de tantos anos,ahora,serí a para mín todo un tesoro.
Responder | Denunciar ante o administrador