4.5121951219512 1 1 1 1 1 Rating 4.51 (41 Votes)
Aproveitando os tímidos raios de sol que acabaron por asomar na sobremesa do xoves 12 de febreiro, tres membros da redacción de camarinas.eu decidiron acercarse ata a Estación Depuradora de Augas Residuais de Camariñas, sita cerca da emblemática Praia de Portoselo. Alí, o noso gran amigo e profesional do saneamento Manolo do Panadeiro exercío de mestre de ceremonias e presentounos a David Andrés, o xoven burgalés que traballa como xefe de obras da planta dunha EDAR que segundo o previsto entrará en funcionamento non máis alá de xuño, poñendo fin aos vertidos seculares que enchían as augas do porto de Camariñas dunha cor nauseabunda e o aire dun perfume embriagador. Viaxa da man de camarinas.eu a unha das grandes obras do Concello a traves dunha amplia galeria fotografica e dun espectacular vídeo a ritmo de tango.

Escondida detrás dun bosque de eucaliptos, apartada do pueblo, nun lado do camiño que conecta os restos demolidos do que un día foi o Castillo do Soberano e os restos tamén arruinados do que un día foi a Cetárea de Eloy, érguesa coqueta e funcional a que será a Estación Depuradora de Augas Residuais de Camariñas (EDAR), a planta que poñerá fin a toda unha vida de vertidos directos de augas fecais no porto camariñán.

Esta obra, que forma parte das 40 estacións proxectadas no marco del Plan de Saneamento Integral de Galicia 2005-2009 e que suporán un investimento de preto de 825 millóns de euros pola Xunta, foi iniciada en xuño de 2005 pola empresa ISOLUX-CORSÁN cun orzamento que sobrepasa lixeiramente os 4.000.000 de euros e que supoñe asemesmo que a citada empresa levará dende a entrada en funcionamento da EDAR a súa xestión durante 20 anos, pasados os cales a EDAR revertirá no Concello de Camariñas. David Andrés, o xefe de obras da citada planta, explicounos moi amablemente e con gran entusiasmo todo o complexo proceso polo que as augas fecais de toda a Parroquia de Camariñas unha vez chegadas a EDAR e pasadas polos seus filtros sucesivos serán arroxadas ao mar cumplindo con tódolos parámetros de salubridade e hixiene marcados pols Xunta de Galicia para o baño e o marisqueo. David sinalounos especialmente orgulloso que un dos procesos de depuración das augas inclúe incluso un tratamento mediante raios ultravioleta que elimina das bacterias toda a súa toxicidade. A capacidade de depuración da EDAR de Camariñas será de 1.000 litros cúbicos ao día.

Esta EDAR, que tan problemática resultou nun principio debido á elección do entorno do Castelo do Soberano como lugar de ubicación inicial, supuxo o arranque da construcción de Estacións Depuradoras nun Concello que vivía prácticamente na Edade Media en materia de sanemento. A EDAR de Camariñas tivo a súa continuación ca EDAR da Ponte de Porto que actualmente executa a empresa Espina y Delfín cun orzamento superior aos 7.000.000 de euros, e nun futuro non moi lonxano está previsto que se constrúan a de Camelle-Arou (1.800.000 euros), Xaviña (2.000.000), Santa Mariña (200.000 euros) e Brañas Verdes (180.000 euros), sendo a inversión total prevista que vaia realizar a Xunta de Galicia de 13.500.000 de euros. En fin, parece que vamos ter o noso Concello limpio como unha patena. Xa era hora tamén.

Comentarios   

mantida
+1 # mantida 17/02/2009 16:58
Esto si que e unha inversión ben feita, fasianos muita falta e que teñan pensado fasela nos demás pueblos do consello pareseme genial.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # DepuradoraBeldoña 17/02/2009 20:35
Canto me alegro de que,por fin,se vaian a depurar as aujas fecais do noso pueblo.A ver si volven as cangas como antes a nosa ria, e que os muxos vaian come-la merda a outro lado.
Responder | Denunciar ante o administrador
ReyesFP
+1 # DepuradoraReyesFP 18/02/2009 22:15
Nunca es tarde, si...
Responder | Denunciar ante o administrador