4.16 1 1 1 1 1 Rating 4.16 (50 Votes)

Cara a unha redefinición das feiras no Concello

Momento da asamblea informativa deste mércores onde Pichurri fala animadamente cos feirantes
Momento da asamblea informativa deste mércores onde Pichurri fala animadamente cos feirantes

Ás seis da tarde deste mércores 4 de febreiro, mentras a redacción de camarinas.eu estaba loitando contra os elementos que azotaban duramente as súas desprestixiadas e en gran medida destruidas polo paso do tempo facianas en Arou e Lobeiras, o noso reporteiro Hombre Lobo plantouse no salón de plenos da Casa do Concello para asistir á reunión que a corporación municipal celebrou cos feirantes e comerciantes que teñen os seus negocios nos alrededores das feiras municipais para compartir ideas que potencien os nosos mercados. Pulsa na foto para ler as novas propostas que se tentarán realizar nun futuro non moi lonxano.

Cara a unha redefinición das feiras no Concello

Momento da asamblea informativa deste mércores onde Pichurri fala animadamente cos feirantes
Momento da asamblea informativa deste mércores onde Pichurri fala animadamente cos feirantes

En primer lugar polo que respecta á feira da Ponte do Porto compre sinalar que das dúas feiras actualmente existentes únicamente se vai a potenciar á que se celebra no segundo domingo de cada mes, que é precisamente a que é obxecto da campaña promovida dende o concello "Recuperando a Feira da Ponte" dado que enténdese que actualmente hai un overbooking de feiras na vila porteña que resultou fatal para o tan histórico e lexendario dominical mercado da Ponte que atraía a veciños de toda a redonda, facendo desta vila un centro mercantil de primeira magnitude.

Polo que respecta á feira que ten lugar en Camariñas os mércores e sábados, falouse moito por parte dos feirantes de que a ubicación ideal para relanzar ás súas ventas era realizar este mercado no novo paseo marítimo de Camariñas ainda que tamén se propuxo facer a feira na recta que vai desde o Bar Gaviota ata a Agra de Abaixo. Asemesmo comunicáronse á Corporación algúns problemas aos cales estaremos moi atentos en camarinas.eu para denuncialos e sacar as fotos pertinentes do atropello do que está a ser obxecto un humilde empresario camariñán por parte de supostos feirantes ambulantes. Estaremos moi atentos en próximos días.

En fin, unha asamblea informativa para achegar opinións entre todos que fagan posible unha mellora integral e exhaustiva de todos os mercados municipais camariñáns.

Comentarios   

Beldoña
0 # FeirasBeldoña 07/02/2009 12:59
Eu o que voto de menos nas nosas feiras,é aljunha das pulpeiras que tanto nombre e éxito deron ás feiras de Melide,Arcade,A rzua etc...(todas de terradentro)Un pueblo mariñeiro,capit al do mellor e máis famoso pulpo,non pode ser menos.Nós temos o producto e a xente,(sobre todo no vrán)por qué,lojo,¿ no no explotamos...?
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 08/02/2009 20:48
Ojala se recupere porque xa hay muitos anos que non vale pa nada.Tes rasón Beldoña eso había que explotalo.
Responder | Denunciar ante o administrador