- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 05 Febreiro 2009 05 Febreiro 2009
As estruendosas explosións sónicas da clásica Moto-reactor camariñana que perforaban os nosos sufridos tímpanos a unha aceleración decibélica ensordecedora poden haber chegado ao seu fin. O caso é que a unha web como camarinas.eu nacida no seno do pobo humilde ("eu nacín en Castrelo, entre o esterco...", como di a menudo un gran amigo desta redacción) gústalle siempre patear as calles en busca de información fresca que ofrecer aos seus lectores, e desta forma na mañán de hoxe atopamos que a empresa Supervisión y Control estaba a pasar no Pavillón Municipal de Camariñas a ITV ás motos incidindo de maneira especial no control dos decibelios sónicos emitidos polas mesmas.
Pois dado que nos nacemos máis ou menos como o noso querido amigo de Castrelo (ou peor), hoxe atopamos no Pavillón Municipal a un bo número de rapaces e non tan rapaces camariñáns (aínda que non foi anunciado por nadie) pasando a ITV, que recordamos ten carácter obrigatorio e por iso esperamos que os operarios de Supervisión y Control actúen ca debida severidade e cun rigor implacable á hora de medir a audiencia decibélica dalgunhas destartaladas motos que levantan elas solas máis polvo que 6 Reactores Nucleares xuntos. Unha ITV que a mediados de abril (entre o 13 e o 17 de abril) volverá ao noso pobo para ajusticiar a todos aqueles que se escapasen desta primeira depuración, posteriormente volverán en junio e o que esquive estas dúas primeiras purgas poderá seguir atronando as calles hasta noviembre que é cando está prevista a última comparecencia da ITV por estes lares.
Para os ciclomotores de ata tres anos non fará falta cumprir coa obriga de pasar esta inspección pero a partir deste primer trienio terá que realizarse a ITV cada dous anos. Para as motocicletas só se terá que realizar a partir dos catro anos de edade da motocicleta tendo que regresar a facela cada dous anos sendo obrigatorio levar en ambos casos o Cartón de Inspección Técnica de Vehículos así como o Permiso de Circulación do vehículo.
-
Unidade móbil da provincia da Coruña: 881 920 487
-
Unidade móbil de Lugo/Ourense: 881 920 488
-
Unidade móbil da provincia de Pontevedra: 881 920 489
Comentarios
A ITV xa tiña que ser jratis.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.