A feira da Ponte tamén volverá polos seus viejos fueros

Os redactores xa están pensando en comprar un porquiño para levalo a casa como mascota de compañía
Os redactores xa están pensando en comprar un porquiño para levalo a casa como mascota de compañía

A evocación dunha feira lexendaria como a de Carnés da man dun relato maxistral do noso redactor literario Antonio Puertas ou o retorno á alta competición dun bar histórico das boas épocas da Ponte do Porto como O Pincho veñen a coincidir no tempo co intento de recuperación por parte do Concello de Camariñas dunha feira que foi mítica para o comercio de toda a comarca a través dunha serie de actividades programadas o segundo domingo de cada mes e que comenzarán este domingo 8 de febreiro cunha degustación de filloas e orellas e cun obradoiro de máscaras para os cativos. Pulsa na foto dos cochinos ambulantes para coñecer as novedades cas que se quere dar un impulso á que foi a maior feira da redonda.

Recuperando a Feira da Ponte do Porto

A redacción seguirá os pasos de George Clooney e comprará uns porquiños como animales de compañía
A redacción seguirá os pasos de George Clooney e comprará uns porquiños como animales de compañía

Un aínda recorda cando 15, 20 anos atrás a Feira da Ponte era algo impoñente á que se acercaban veciños de toda a comarca nun día que estaba sinalado no calendario pouco menos como de festa. A degustación dos xa lexendarios e sabrosísimos callos da Ponte en calquera dos seus sempre concurridos bares ou tascas, a feira de ganado onde chalanes de toda a redonda traían o seu mellor xénero, tenderetes onde se podían comprar ó alimón un destartalado casette de Los Chichos, Los Chunguitos ou Bordón 4 ao lado dos de Iron Maiden ou Black Sabbath, cando había un autobús que dende Camariñas levaba multitudes inxentes de veciños que despois no percorrido inverso viñan cargados de galiñas que revoloteaban entre asientos cheos de picaduras polas que asomaba a espuma ou de pitos e porquiños que correteaban libres e indomables polo pasillo semellando por instantes que un se atopaba máis a bordo dun primitivo autobús nunha bacheada carretera andina de  Perú ou Bolivia que na civilizada e occidental Europa.

Sen embrago un día, imperceptiblemente, sin que ninguén se dera moi ben conta, a través dun lento declive, todo aquelo chegou ao seu fin. Ben fora a puxanza do mercado que se organiza en Cee, ben fora o signo do tempos, o certo é que todos aqueles bos tempos acabaron. Agora dende o Concello de Camariñas faise un tímido intento de remediar o que tal vez sexa xa irremediable, a través dunha serie de actuacións que se levarán a  cabo mensualmente o segundo domingo de cada mes a partir deste 8 de febreiro cunha degustación de orellas e filloas dada a cercanía dos Carnavales ou un obradoiro de máscaras para os pequenos no Paseo Fluvial da Ponte. Na segunda edición programada, o 8 de marzo, haberá un Concurso de Baile Tradicional dotado de tres primeiros premios e finalmente o 12 de abril unha charanga e un grupo de gaitas animarán o ambiente. Un ambiente do que esta redacción a bo seguro disfrutará xa este domingo mediante a obrigada degustación dunha tapiña de callos no local oficial de camarinas.eu na Ponte do Porto, o Bar-Restaurante O Pincho, e a semellanza do admirado actor de Hollywood George Clooney mediante a compra dun porquiño por barba na feira dos cochinos para que cumpla a súa labor como insustituible e cariñoso animal de compañía. Sentímonos tan solos...


Comentarios   

mantida
0 # mantida 03/02/2009 11:04
A feira da ponte xa hay muitos anos que non vale pa nada, porque non o sei pero antes si que habia boas feiras, haber si ahora que o ayuntamiento lle da un impulso volve a ser a de antes.
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 03/02/2009 16:15
pois antes daba justo ir afeira da ponte acomprar porcos pero ahora como ahi tantos sa non sebai bueno espero que sija afeira que estaba mui ven saludos sefa e os pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
toxo
0 # toxo 04/02/2009 15:16
eu acordome de haberlle comprado unha cabra con dous cabirtos a señora picarreta !!!!
ai que tempos !!!!!!!!!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador