4.8714285714286 1 1 1 1 1 Rating 4.87 (140 Votes)

A Maior Pota de Caldo da Historia

Aquí están os rostros dalgúns dos principais protagonistas dun venres no Arnela que resultou histórico
Aquí están os rostros dalgúns dos principais protagonistas dun venres no Arnela que resultou histórico

O Gabinete de Crisis Culinario de camarinas.eu comandado pola nosa redactora gastronómica Maruja do Mantido preparou posiblemente este venres que pechaba o mes de xaneiro do ano do noso Señor 2009 a maior pota de caldo da historia da humanidade. E fixo falta, queridos usuarios, porque acompañada duns exquisitos bolos de pote e dun cocido antolóxico, non chegou a nada para atender a toda a afameada patrulla chiquitera que se xuntou nun día pleno de eventos sociais no bar paradigmático do distrito de Corea como a festa de despedida dunha María José que retornaba á Arxentina ou o a celebración do 19  cumpreanos da nosa redactora María Belén e que aparecen recollidos nunha cremosa galería de 75 fotografías.

A Maior Pota de Caldo da Historia

Unha muller que ten en casa un surtido de potas dun tamaño tan descomunal que nun vertedeiro normal non caben e fai falta para lavalas unha mangueira de largo alcance e potencia devastadora ou que cando chegan no mes de julio as entrañables Festas de Carnés prepara uns callos para nada máis e nada menos que 80 comensales, e todo elo sin que o conxunto final perda un ápice no seu sabor e todo cun grado de pulcritude e hixiene máximo, esa muller é obvio que na web dos máis de 3.100.000 visitas ten gardado un posto como redactora xefe da vital sección de gastronomía.

Esta muller da que estamos a falar, integrante do Gabinete de Crisis Culinario, xunto a outras dúas sabias e expertas cociñeiras como Marisa e Gelinita, a petición desta redacción e ante os dous eventos vitais que se aveciñaban, decidío encarar un reto de maior envergadura gastronómica dos ata o de agora enfrentados e así este venres 30 de xaneiro estas tres mulleres prepararon unha descomunal pota xigante dun caldo exquisito de grelos do interior acompañados dos seus boliños de pote e un cocido de suculento elemento porcino  (chourizos, fuciño, costilla e panceta) que desta volta non proviña dos campos roturados de Carnés, senón que foi suministrado polas sempre ben surtidas carnicerías  de Camariñas. O menú elexido seguía sendo fiel ó espíritu aforrativo e austero que inspirou as bases primixenias da sección de gastronomía de camarinas.eu: Contra a crisis, recetas humildes e traballadoras.

Especialmente animado estaba o ambiente do Arnela na noite do venres. Alí atopamos ao noso gran amigo, José Manuel Pensado Lista, "O Chileno", Almirante da Flota Naviera de camarinas.eu, de vacacións forzosas debido aos terribles e continuados temporais que están a asolar a Costa da Morte este inverno e co que finalmente algún día esta redacción dará un valiente paso ó frente e levaremos a cabo un proxecto conxunto que xa hai tempo temos en mente; O Rocco, Manolo do Panadeiro,  o coñecido (e querido por nos, aínda que parezca increíble) veciño de Corea J.A.,etc... en definitiva, os habituales deste entrañable bar camariñán e grandes amigos desta redacción cos que pasar uns agradables momentos de conversación ao redor dun máis que merecido refrigerio cubateril e dunha das suculentas e insuperables tapas do Arnela sempre é un placer.
 
Despois fixeron a súa entrada pola porta unhas ninfas que deixaron boquiaberto ao personal: María Belén, as dúas Lucías, e Maitiña que viñan a celebrar os 19 anos da nosa redactora máis xoven e á que esta redacción fíxolle entrega da súa portada do Fotos Históricas como regalo de cumpreanos. Asemesmo aproveitouse a ocasión para entergarlle a Maruja a Mantida, a portada do Fotos Históricas correspondente á súa filla e tamen redactora desta web Adry que fora publicado o 9 de outubro de 2008.

E despois, para rematar unha noite chea de acontecementos, procedimos a despedir como se merecía a María José, a rapaza arxentina oriunda de Xaviña que fixo que o noso director fora devorado irremisiblemente polo monstruo do amor, a cal este domingo 2 de febreiro retornaba cara Buenos Aires despois de pasar máis de dous meses entre nos, aloxada na casa que a súa nai posúe no fermoso distrito xaviñán de "A Chandeira", non lonxe de onde vive prácidamente o ex-alcalde Bautista Santos Ramos. Para elo, elaboráronse artesanalmente, no fogar, dúas impresionantes tartas de despedida, dunha foi a autora a súa tía Marimonte, da outra Gelinita e Maruja. Dous meses, un corto espacio de tempo, insignificante no devenir das galaxias e dos astros, pero suficiente para deixar entre todos os que tivemos a sorte de coñecela un recordo imborrable. 

Comentarios   

diegoalfr
0 # VOLVE PRONTO!diegoalfr 02/02/2009 00:00
Bueno Majo, ¿que von a desir eu? pois nada, ahora supoño que estarás no avión pasando por enriba de camariñas con destino a BS AS, por eso che sinto tan serca. En fin, espero que volvas pronto e que che justen as fotiños. xa sei que non che justa esto de salir en internet pero quería faselo. solo disirche que eres o millor e que xa che poño de menos... muito!!

VOLVE PRONTO!
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 02/02/2009 00:23
POS AS FOTOS ESN MUI BONITAS CRIMINAL QUITADE SIEMPRE QUE FASEDES MAJAS E ESA RAPASA QUE MARCHOU QUE BEÑA QUE TEÑA MUITA SUERTE E AMARIA BELEN FELICIDADES PASADELO PIPA SIJIDE ASI VALE VIVA DIEGO E VIVA OS QUE LLE ASUDAN VIVA O ARNELA ASI ASI MIMA CANDO EU CHEJE FESTA RACHADA SEFA
Responder | Denunciar ante o administrador
billy
0 # NON TARDESbilly 02/02/2009 00:35
ESPERO K NON TARDES MUITO MARIA JOSE SI NON ESTE HOME VAINOS MORRER PERO DE AMOOOR
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # JUAPAS,JUAPAS Y JUAPAS....Beldoña 02/02/2009 12:44
Pois eso,que estades todas JUAPISIMAS.
Noraboa as cosiñeiras.Eu estón apesarado por non poder asistir,unha ves máis,a estas festas dós "jalopíns".
FELISIDADES
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
PIRUCA
0 # PIRUCA 02/02/2009 15:04
A VERDAD E QUE EU NUNCA PROBARA OS BOLOS DO POTE E TIVEN O PRACER DE PROBALOS ESTE VENRES NO BAR ARNELA E ESTÁBANCHE BEN BOS,E A TARTA TAMÉN.ESTABA TODO BOÍSIMO.
MOITAS GRACIAS A GELINITA,MARUJIÑA,MARISA,ETC.
UN SAUDO A TODOS.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 02/02/2009 16:36
Ten rassón billy, diosqueira que diego o via superando, está totalmente destrosado, decaido por este amor que se lle fui pa argentina.Maria jose, volve pronto pa levantarlle os ánimos a Diego.¡Hay el amor lo que hace!.
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # EN ARGENTINO...hombre lobo 02/02/2009 20:14
...MARIA JOSE,BOS NO SABES COMO ESTA EL POBRE DIEGO...ESTA HECHO BOLSA..EN EL BOLICHE ARNELA SOLO SE LE VE CARA DE QUILOMBO..ESTA MUERTO POR USTED..DIGALE ALGO POR EL CELULAR O SE NOS VUELVE TRUCHO..SALUDOS GUAPA,VUELVA PRONTO...VESITO S...
A MIÑA VISITA O VIERNES FOI RELAMPAJO,E NON PROBEI O CALDO,PERO SEJURO QUE ESTABA RIQUISIMO.
Responder | Denunciar ante o administrador