Antonio Puertas: Homerrard Bound

A relación que existía entre Camariñas e un nación de tan grande vocación mariñeira como Noruega non se circunscribía como críamos ata o de agora ao matrimonio entre o camariñán Juan Manuel Pasantes Pérez e Camila Nilssen. Patria dalgúns dos máis intrépidos exploradores de rutas polares (Roald Amundsen, Fridtjof Nansen...), a Vila das Palilleiras foi honrada nun lonxano día do ano 1886 ca visita de tres arriscados mariños noruegos que, nunha ruta que mantivo en vilo ao mundo, partiran da austral e remota Natal (actual Sudáfrica) once meses antes nunha lixeira embarcación e sin máis axuda co arroxo e sabiduría mariñeira típicos dos homes da fría Escandinavia. Historiador oficial de camarinas.eu, Antonio Puertas bucea nos máis antigos arquivos históricos de Camariñas para brindarnos un relato maxistral que recolle un dos episodios máis descoñecidos do pasado da vila. ...
Antonio Puertas:Historias de Camariñas VI

Antonio Puertas:Historias de Camariñas VI

A partir dunhas sinxelas cartillas de racionamento do ano 1939, Antonio Puertas compoñe un maxistral relato acerca dos anos da posguerra en Camariñas. Tempos duros, anos da fame, de odios e rencores, de falanxistas e requetés, de boinas bermellas e camisas azuis, dunha escasez xa esquencida, que non empezou a ser lembrada como un mal soño do pasado ata a aprobación polo Goberno do Xeneral Franco do Plan de Estabilización Económica de 1958, base do futuro miragre económico español. Cronista oficial de camarinas.eu e posuidor duns documentos dun valor histórico invaluable, Antonio Puertas segue a deixar constancia do pasado remoto do Concello de Camariñas nunha nova serie de catro relatos que nos retrotraen, por temática, por argumento, por calidade, ao Neorrealismo italiano, cas súas películas maxistrais de Roberto Rosellini ou Vittorio de Sica ou ao cine español de posguerra ca súa perpetua galería de persoaxes de estómagos baleiros: Surcos (1951), Bienvenido Mister Marshall (1952), El Pisito (1958), Plácido (1961), El Verdugo (1963), etc... Relatos doutros tempos, relatos dos mesmos lugares. ...

Nostalxia dun tempo xa pasado II

O paralelismo entre os primeiros días de dous clubs veciños e irmáns, se ben separadas ambas experiencias por un transcurrir de máis de 45 anos, serve a un auténtico todoterreno do deporte (xogador do primer Porteño, do Xallas, atleta no Celta de Vigo, balonmanista no Balaídos de Vigo, árbitro da División de Honra de Balonmán e na Olimpiada de Barcelona 92, actual Presidente do Club Líceo Marítimo de Bouzas) e usuario de camarinas.eu, Xoán Ramón Carballo Alvite, para escribir un novo artigo que continúa a evocar a difícil e tortuosa xénese dun club chamado a facer historia na Liga da Costa. Recordos dun home que dende o lonxano sur galego non deixa de ter presente nin un só momento o concello da súa alma e de forma desinteresada e altruista colabora por propia iniciativa na web de Camariñas a través dunha colaboración que constitúe todo un luxo e todo un honor para o gran medio de comunicación de masas da Costa da Morte. De forma semellante á evocación dos días gloriosos do FC Camariñas por Juanillo a través dos recordos do último gran dianteiro pánzer da Costa, o mítico Jamela, a colección de artigos de Xoán Ramón Carballo Alvite quedará...

Nostalxias dun tempo xa pasado

A partir dos recordos evocados recentemente, de forma un pouco esaxerada eso si, polo que foi o primoxénito do seu primer presidente, camarinas.eu procede a reconstruir a epopeia dos primeiros días de vida do Porteño FC e faino a través dunha colaboración excepcional: a de Xoán Ramón Carballo Alvite, enxeñeiro técnico industrial, actual Presidente do Club Liceo Marítimo de Bouzas, ex-árbitro da División de Honra de Balonmán, participante por elo na Olimpiada de Barcelona 92, pero sobre todo aos efectos do presente artigo, integrante daquela histórica plantilla do Porteño FC que botou a andar na primeira Liga da Costa na tempada 1963/1964. Unha nova colaboración para a web líder da Costa da Morte, que constitúe un auténtico luxo e todo un honor para esta redacción  e que debuta cun documentado e ameno artigo que pasa revista aos días iniciáticos dun club pioneiro dentro do fútbol da Costa a través das lembranzas dun protagonista privilexiado dos mesmos. As lembranzas dun tempo xa pasado. ...

Memorias dun Ninguén por Florentino Rogero

Dende Madrid, pero ca Ponte do Porto no corazón, volve Florentino Rogero na sección de camarinas.eu adicada á Literatura Galega cun documentado artigo adicado ao libro "Memorias dun Ninguén", escrito por Carlos Mella, ex-vicepresidente da Xunta nos gobernos de Xerardo Fernández Albor e controvertida persoaxe pública que protagonizou unha espectacular viraxe política que o levou dende as filas da centrista UCD ata o BNG, pasando pola mítica Alianza Popular (AP) e a desaparecida Coalición Galega, fallido experimento dun nacionalismo de centro-dereita. O repaso a toda unha vida, as reflexións persoais certeiras e lúcidas e a preocupación polo pasado, presente e futuro de Galicia son analizados exhaustivamente polo noso usuario Florentino Rogero nun artigo que constitúe todo un luxo para camarinas.eu, a web onde están os mellores. ...