Literatura Galega: Bicos De Sol

Nova colaboración do noso querido usuario Florentino Rogero (E logo ti de quen eres?) ca web da súa terra nai. Desta volta fálanos dunha nova xoia dentro do florecente universo literario galego, "Bicos de Sol", da escritora Asún Estévez, que constitúe todo un exemplo de como encarar por parte dunha xove nai a loita infatigable contra a lacra do cancro. Asemesmo, Florentino Rogero foi quen de conquerir que a mesmísima autora do libro ao que vai adicada esta edición da sección de literatura en galego de camarinas.eu se comprometese a colaborar periódicamente co líder cibernético da Costa da Morte. A súa primeira homenaxe irá adicada a "O lapis do carpinteiro", a obra que consagrou definitivamente a Manuel Rivas. Pero eso queda para máis adiante. Agora a desfrutar con Florentino Rogero e "Bicos de Sol". ...
Antonio Puertas: Feira do Encaixe

Antonio Puertas: Feira do Encaixe

Agora que se conta ca perspectiva suficiente para enxuizar a derradeira edición do principal certame encaixeiro a nivel mundial, a XXI Mostra do Encaixe de Camariñas, cómpre vislumbrar da man xenial do principal historiador do Concello, Antonio Puertas, cal era a situación do encaixe a comenzos do século XX. Anos nos que outras terras portaban o estandarte da arte encaixeira polo resto do planeta mentras Camariñas, o único e auténtico berce, languidecía nun triste abandono ata que un proxecto visionario, creado a principios dos anos 90 e co que a Vila das Palilleiras reconquistou no que non deixaba de ser un acto de xustiza histórica sen precedentes o seu lugar de predominio no ámbito do encaixe de bolillos, volvía resituar a situación nos seus xustos términos. ...

Certame Poético Concello de Mugardos

Desta volta foi no norte galego, concretamente en Mugardos, onde o talento inmenso, inabarcable, de Antonio Puertas voltou a saír vencedor nun concurso literario. Tratábase do IV Certame de Poesía Concello de Mugardos celebrado o pasado 21 de marzo co gallo do Día da Poesía na cidade da costa meridional da Ría de Ferrol, dúas eran as categorías, menores de 18 anos, maiores de 18 anos, e un só gañador no ámbito dos adultos: Beldoña. A un xurado que contaba entre os seus membros á escritora Clementina Vidal Caramés ou ao concelleiro de cultura José Antonio Bouza Rey non lles quedou máis remedio que recoñecer a calidade literaria, lírica, exemplo maxistral de dominio do vocabulario e gramática máis mariñeira, de "Cantareira", a súa poesía presentada a concurso e premiar co máximo galardón a esta composición homenaxe á típica gamela da Vila dos Encaixes, plena de referencias á embarcación máis camariñana. ...

Nostalxias dun tempo xa pasado III

Coa a idea de lembrar tempos xa moi lexanos, retomo esta ristra de nostálxicas crónicas referidas a  participación na temporada fundacional da Liga da Costa (1.964), na que tomou parte o  Porteño, sendo por tanto, o club decano do Concello de Camariñas en competicións oficiais. Deixábamos no derradeiro relato o Porteño e os seus seareiros degustando e relambendo as meles do primeiro e rotundo triunfo a costa do Laxe. Nos faladoiros das tabernas e sobre todo na porta do Casino -verdadeiro foro tertuliano onde se concentraba o cumio do sanedrín futbolístico porteño- os ánimos tiñan mudado dabondo e despois dos malos resultados do comezo de liga, agora, entre o pulo que producía o clarete, ou a chiquita de branco ribeiro (viño que naquela época tiña unha sospeitosa cor ambigua e turbia), facía que os mais eufóricos, xa falaban e prognosticaban que ”O domingo janamoslle ao Cee”. Mais as ledicias duran pouco na casa do pobre. ...
A nova entrega de Historia de Camariñas por Beldoña

Antonio Puertas: O Cobre da Praia de Camariñas

Nunca comprendín moi ben, como era posible que houbese semellante cantidade de cobre e de chumbo soterrado no limo e nas areas da nosa praia. Todos os raparigos acudíamos a diario á escaravellar cun sacho, pa conseguir uns anacos deses apreciados metais, que tanto nos tiñan valido, pa mercar unha entrada po cine Rialto. Non era posible que aquela riqueza, crecese por obra de maxia, nin que fose a caer do ceo, como maná milagreiro, como antano tiña caído, e alimentara ao pobo xudeu no seu peregrinar a través do deserto. Inda que, as veces, algún que outro avión ferido en combate, como ave abatida, fose un agasallo engadido, d´algúns gramos mais daquel desexado metal, que estaba á desequilibrar a balanza, en favor duns entusiastas vendedores. ...