A camariñana Karina xunto a cantante canaria Rosana

Karina Tajes, unha futura estrela de Camariñas

Pois en Camariñas estamos que non paramos. Para sumar á excelente canteira deportiva que posúe o noso concello veñen a presentarse outras grandes promesas dentro de outros ámbitos culturais. Na literatura, por exemplo temos ao exitoso escritor Alberto Lorenzo con uns relatos de eloxio no seu blog "El espejo de Shion" e agora tamén no mundo da música abrirase paso sen dúbida Karina Tajes, unha gran cantante camariñana que con tan só 18 aniños foi quen de subirlle ao escenario do concerto que a popular cantante canaria Rosana realizou en Ponteareas e marcarse unha canción deixando ás multitudes asistentes coa boca aberta. Ademáis Karina está a facer unhas grabacións caseiras que logo colga en Youtube donde ela, acompañada da súa inseparable guitarra, interpreta algúns temas propios e outras versións dos seus artistas favoritos. De verdade, non vos perdades a traxectoria desta rapaza que seguro será meteórica. Camariñas, terra de artistas! ¡NORABOA KARINA! ...

El espejo de Shion 2ª parte

Facía unhas semanas coñecíamos unha nova faceta do noso veciño Alberto Lorenzo, natural de Camariñas, mediante as redes sociais, o seu blog autobiográfico de relatos cortos "El espejo de Shion". Esta semana sorpréndenos ca segunda parte do seu último traballo "Las reglas del juego ( La chica del corazón de cristal )" , relato como de costume de perfil dramático romántico, ambientado na máxica cidade de Santiago de Compostela, o que él mesmo define como " o texto con mais descarga emocional hasta o momento, e tamén o mais coidado desde o punto de vista narrativo". Deixámosvos con un apetitoso adelanto de este seu último traballo: ...

Alberto Lorenzo e "O Espello de Shion"

É unha realidade que as redes sociales nos están a cambiar a vida. Noticias en tempo real, foros e grupos de todo tipo, un medio efectivo e gratuito de comunicación, e nalgúns casos un trampolín a inspiración. Este é o caso de Alberto Lorenzo, un xoven de 28 anos natural de Camariñas, e o seu blog autobiográfico de relatos cortos "O espello de Shion". Nel o camariñán destápase emocionalmente de maneira  sobrecolledora en cada liña que forma cada novo relato sobre momentos puntuales da sua vida, atraendo cada vez mais adeptos. Ese punto dramático amoroso que caracteriza o blog chega os corazóns da xente de maneira profunda e elegante, por medio dunha narración en primeira persoa moi coidada e traballada, na que non se priva de amosar o lector os seus mais íntimos pensamentos. Exemplo disto son relatos como "Capuccino Rennie", "La aguja del escorpión" ou o seu último traballo "Piezas de un puzzle llamado destino", no que o camariñán consegue poñernos a pel de galiña gracias a textos coma este: ...

Literatura Galega: Daniel Rogero Picazo

Daniel Rogero é o fillo do noso habitual colaborador Tino Rogero Figueiras. “Dani da Ponte”, como lle chaman os seus amigos camariñans, é un xoven que estuda Dereito e Xornalismo na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, e é por riba de todo un namorado do mar, de Galicia e de Camariñas.  Pasa todos os veráns no pobo da súa avoa, gústanlle os deportes, o footing, o Karate, e nos veráns practicar a vela, a pesca submarina e a pesca con cana nas augas da nosa costa. Dende pequeno amosou moito interese polos idiomas en xeral e en especial pola nosa lingua, pódese dicir que Daniel é un galego, un camariñan nacido en Madrid. ...

Castelo do Soberano

Retomando os escritos que non hai moito tempo publicara no Libro de Visitas de camarinas.eu  acerca das orixes do Castelo do Soberano, este xoves 7 de xullo de 2011, Día de San Fermín, o noso usuario Juan Camariñán pasaba revista na súa páxina do facebook un dos episodios máis escuros e tenebrosos da nosa vila. Episodio estreitamente ligado á fortaleza defensiva construida en tempos do Rei Carlos III e que, de ser certas as crónicas, provocaría unha masacre que levou ao práctico exterminio de cáseque toda a poboación que habitaba aquela Camariñas de inicios do Século XIX. Un xenocidio semellante ao que os batallóns de castigo das SS perpetrarían sistemáticamente cento cincuenta anos despois nas aldeas de Bielorrusia e Ucrania. Estamos a falar da heroica Guerra de Independencia que orfo dos seus monarcas, abandonado polas súas élites, traicioado vilmente polos que foran os seus aliados, gañou en solitario o Pobo Español ao invasor napoleónico e que escribío na vila de Camariñas e no seu Castelo do Soberano unha das súas páxinas máis tristes. ...