Naufraxios do Douro e do Irurac Bat

Despois duns días de paréntesis por mor das inaprazables e fructíferas obrigas laborais, aquí volve Camarinas.eu, a web que fai frente aos ataques da ultra dereita máis violenta e dos autodenominados directores de estercoleiros cibernéticos que a alentan e apoian. E facémolo cun artigo que relata unha traxedia marítima acaecida non moi lonxe de Camariñas e que contribuío decisivamente a nomear á nosa costa como aquela que levaba nas súas entrañas un poso mortífero e cruel. Foi o afundimento por colisión entre o Douro e o Irurac Bat, catástrofe rescatada de remotos arquivos bibliográficos por Xosé Troiano, o gran investigador da historia de Camariñas. ...

Literatura Galega: Merlín e Familia

Nado en Mondoñedo en 1911 Álvaro Cunqueiro é sen lugar a dúbidas un dos  grandes da literatura galega e española. Artista polifacético, diversos foron os campos nos que ao longo da súa prolífica vida demostrou o seu inmenso talento: novelista, dramaturgo, poeta, gastrónomo, xornalista (non en van foi director do Faro de Vigo de 1965 a 1970), etc... Dentro da súa creación en prosa se hai unha obra que destaca por dereito propio esa á "Merlín e Familia", aquela que narra as prácidas aventuras do inmortal mago da corte do Rei Arturo nos seus anos crepusculares, a cal é obxecto da análise admirada e agradecida do noso querido usuario Florentino Rogero. ...

El Espejo de Shión 3ª Parte

Unha vez mais o noso veciño Alberto Lorenzo non deixa de sorprendernos. Se na última noticia que publicábamos  en camarinas.eu sobre o autor camariñán, e o seu blog autobiográfico de relatos cortos "O espello de Shion", nos sorprendía co relato "Las reglas del juego", este mes de Xaneiro foi sen dúbida algunha o mes do seu "Triste blues de medianoite". Neste útimo relato, que consta de catro partes, o escritor camariñán tanto se atreve a tratar temas cómo as dificultades da vida a hora de loitar polos nosos soños, cómo non discrepa a hora de criticar a golpe de prosa o materialismo ou a soberbia. Todo isto mentras, cómo non, conta a sua particular historia de amor-desamor a que nos ten acostumados dende que, unha mañán de Maio do ano pasado, optara por crear o blog. En "Triste blues de medianoite" tanto nos podemos atopar ca tensión dos diálogos que manteñen os dous protagonistas de dito relato, cómo nos podemos atopar cun grande abanico de novos e antigos persoaxes, cada un cas suas diferentes personalidades e facetas. Da banda sonora do relato esta vez ocúpanse grandes voces e grupos actuales como Placebo, Muse, Alanis Morissette, ou o xenial Lenny Kravitz...

Naufraxios do Kenmore e Draga Rosario

Fiel ao seu compromiso perenne ca historia do seu pobo, Xosé Troiano volve ás páxinas de Camarinas.eu para impartir unha lección maxistral acerca dos naufraxios do Kenmore e da draga holandesa Rosario. Desta volta a súa labor investigadora levouno a un allado exemplar de inicios de 1904 do xornal "El Mundo Futuro", que daba conta aos seus lectores da enésima desgracia acaecida nas augas turbulentas da Costa da Morte. Dous naufraxios que a memoria colectiva da Vila das Palilleiras non parece ter demasiado presentes e que nembargantes son rescatados das sombras para o gran público camariñán gracias ao traballo meticuloso, infatigable, sempre productivo de Xosé Troiano. ...
Faro de Cabo Villano - 1910

O Faro Vilán de Camariñas nunha revista de 1910

Dentro da laboura, imprescindible, vital de necesidade, de recuperación da memoria histórica do noso concello é chegada a hora de render dende estas páxinas a debida homenaxe á labor que duns anos a esta parte está a desenrolar dentro do ámbito historiográfico camariñán o noso querido amigo e colaborador Xosé Troiano. Unha laboura minuciosa de rastrexamento intensivo das fontes históricas dunha terra que nunca foi moi dada a deixar pegada sobre o papel do seu periplo vital ao longo dos séculos. Nesta ocasión, recuperando unha pequena xoia bibliográfica, Xosé do Italiano remóntase ata as épocas da Restauración Española, en pleno ano 1910, para deixar constancia dun artigo publicado na revista "Vida Marítima" que glosaba unha viaxe ao máis fermoso, o máis inexpugnable, dos faros e ao coqueto pobo branco que durmía a súa sombra... ...