Naufraxio do Vapor Gijón

Tal día 21 do mes de xullo de 1884, fai 128 anos, houbo unha gran desgraza, un gran desastre tanto no material como no humán. O vapor español "Gijón" levaba correo pra Cuba pero tamén persoas que ían pra aló, non se sabe cantas persoas ían a bordo pero sábese que na Coruña embarcaran 54 e que xa viña de Santander de embarcar a máis xente. Tan só houbo 56 superviventes entre o vapor español e o inglés "Laxham" con quen chocou, así que botámoslle contas e estas dánnos moi malas novas. Suponse que poderían ir unhas 160 persoas polos cálculos dos xornais da época pero só son suposicións. Houbo outro vapor inglés con nome español chamado "Huelva". Este afundíu só, mais tivo sorte porque eiquí salvaríanse tódolos tripulantes. A nosa Costa Brava faltaríalle pouco pra que definitivamente se chamara Costa da Morte. Eiquí deixamos o que se relatou dende o xornal "El Imparcial", tal día como un mércores, 23 de xullo de 1884. ...

Pola Beira do Río Grande (I)

Este xoves 28 de xuño de 2012, día inicial da Festa de San Pedro na Ponte do Porto acometemos o posiblemente exercicio literario de máis longo alento en toda a existencia de Camarinas.eu. Pola Beira do Río Grande (Paseo con lixeiros apuntes de nostalxia...), escrita polo Enxeñeiro Técnico Industrial Xoán Ramón Carballo Alvite, constitúe o relato que, divividido en tres entregas de publicación sucesiva, percorre a historia da vila porteña a través do discorrer das augas do cauce fluvial que a bañan dende a orixe dos tempos. Estamos ante un luxo literario, unha evocación histórica impregnada pola melancolía polos tempos idos, que xurde froito da colaboración habitual entre a web máis vista da historia da Costa da Morte e o actual Presidente do Club Liceo Marítimo de Bouzas, un porteño todo talento que elixe as nosas páxinas para evocar dun xeito maxistral a historia dunha vila, epicentro comercial mecido secularmente polas augas de un río, o Río Grande... ...

Los 28, mi espejo en el cielo 3ª Parte

Pese o terrible momento de crisis ecónomica que estamos a vivir, e que nos afecta a todos, pese o "rescate financieiro" do que tanto estamos a escoitar falar estes últimos días, ou o escandaloso porcentaxe de paro laboral no que se ve sumerxido o noso país, existe unha cousa da que ningún político fillo de papá nos poderá desprender xamais: da valentía necesaria a hora de loitar  polos nosos soños. Un claro exemplo disto é o noso veciño Alberto Lorenzo, natural de Camariñas, e a sua paixón por escribir. Unha paixón que, según vai pasando o tempo, dá cada vez mais sentido o soño deste rapaz de chegar a ser, algún día, un célebre escritor do que sentirnos todos orgullosos. E é que, se a semana pasada o autor camariñán nos sorprendía ca segunda parte do seu último traballo "Los 28, mi espejo en el cielo", esta semana consegue volver a sorprendernos ca publicación da terceira parte do mesmo. Unha terceira parte na que o autor se adentra en temas como a inmigración ou a amizade, pero sempre sen chegar a perder, en ningún momento, ese toque romántico e esa fantasía que caracteriza o blog. A continuación, e sen mais...

Los 28, mi espejo en el cielo II

O autor camariñán Alberto Lorenzo, creador e protagonista do blog  "O espello de Shion" , séguenos sorprendendo semana tras semana cas suas publicacións. Se fai uns días dende camarinas.eu dábamola nova da primeira parte do seu último traballo "Los 28, mi espejo en el cielo", esta semana témola gran satisfación de poder deleitarvos  ca segunda parte da mesma. Unha segunda parte que ninguén se debería perder. A continuación deixámosvos cunha pequena introducción de esta segunda parte do seu novo relato, así como o link da mesma, esperando firmemente que sea do agrado de todos vós: ...

Los 28, mi espejo en el cielo

O “Espello de Shion” do noso veciño Alberto Lorenzo, natural de Camariñas, sigue dando que falar. Despois dun ano no que o autor camariñán decidira espirse completamente de cara o lector, creando o seu propio blog de relatos cortos de carácter romántico, todos eles basados na sua propia vida, esta vez, e festexando o seu primeiro aniversario no mundo da literatura, sorpréndenos cunha nova publicación: o primeiro capítulo do seu novo traballo “Los 28, mi espejo en el cielo”. En dita publicación, que constará de catro partes, o autor, moi lexos de seguir a liña habitual de relatos os que nos viña tendo acostumados, esta vez aposta por facernos un relato resumén do que él mesmo denomina como “posiblemente o ano mais complicado da miña vida”. En “Los 28, mi espejo en el cielo” tanto seremos testigos das dificultades das novas xeneracións a hora de encontrar un posto de traballo debido a crisis económica que estamos a vivir, como poderemos comprobar cada unha das decepcións personais as que o autor tuvo que facer frente neste último ano da sua vida. Esto todo sempre sin chegar a perder, en ningún momento, ese perfil romántico que caracteriza cada unha das publicacións do...