Os Maurín e Vázquez Carril en Arxentina

Ante o terremoto informativo desatado por Camarinas.eu na tarde do martes 21 de maio de 2013, o principal historiador da Costa da Morte e colaborador habitual desta redacción Rafael Lema contribúe co seu inabarcable dominio da historia local a arroxar luz sobre a familia da que descende Máxima de Holanda. E así podemos saber que provintes de Camariñas, os Vázquez del Carril dende as provincias noroccidentais da Arxentina foron os pioneiros da introducción da industria vinícola no país a mediados do s. XVIII, ou que aportaron á súa nova nación diversos gobernadores e ata un Vicepresidente do Goberno, o ilustre descendente directo de camariñáns Salvador María del Carril, persoaxe clave nos sucesos que levaron á morte de Lavalle, o protagonista do sublime poema en prosa escrito por Ernesto Sábato, aquel no que un puñado de homes desesperados, tristes restos do exército unitario, cabalgaban cara o norte, sempre cara o norte ("Romance a la Muerte de Juan Lavalle"), e das guerras civís entre unitarios e federalistas, asemesmo glosadas polo escritor entrerriano Manuel Gálvez. Unha familia de Camariñas á que o futuro aínda estaba por deparar o máis grande: toda unha Reina de Holanda. ...

Reflexións do Último Home Libre

Camarinas.eu, a gran páxina apolítica, independente e imparcial da Costa da Morte, presenta á súa pléiade de lectores un novo colaborador que sumar a unha das listas máis ilustres, numerosas e talentosas do panorama xornalístico galego. Para reforzar aínda máis o carácter neutral do gran medio de comunicación do Concello de Camariñas a partires deste ilusionante 10 de maio de 2013, cinco anos e medio e 3.006 noticias despois, unha das figuras clave para democratizar e dotar dun carácter moderado e posibilista o centro-dereita municipal, o militante histórico do PP camariñán Ramón Dios Carril, aquel coñecido popular e cariñosamente entre as masas porteñas como Moncho de Dios, inicia unha colaboración xornalística que esperamos fecunda con Camarinas.eu. E farao acorde cun carácter indomable e independente como o seu, a contracorrente de imposicións externas e ao marxe  de dictados orgánicos, elexindo e desenrolando temas dende o seu peculiar e innegociable punto de vista. Co gran público da Costa da Morte, Moncho de Dios, o último home libre. ...

Carmen Vázquez presenta novo libro

A mestra xubilada Carmen Vázquez presentaba o seu novo libro e non poido ter mellor acompañamento. Ao acto que tiña lugar na Casa de Cultura de Vimianzo estaba ao carón desta veciña de Cereixo de toda a vida o noso querido amigo e colaborador habitual Rafael Lema. Antes, a prestixiosa firma do gran historiador da Costa da Morte puxérase ao servizo de Carmen Vázquez prologando o libro protagonista da presentación en cuestión: “La mujer desde el siglo XIX hasta hoy”, un interesante e necesario repaso do papel da muller ao longo da historia desta franxa atlántica dos nosos pecados e desvelos. Ante un auditorio repleto, e nun acto moi emotivo, tiña lugar un novo paso adiante do mundo da cultura autóctono da Costa da Morte no que non podía faltar un dos principais intelectuais da mesma: o porteño e redactor cultural de Camarinas.eu Rafael Lema. ...

Os Desastres da Guerra en Camariñas

No que sen dúbidas constitúe un novo exercicio de virtuosismo historiográfico, o colaborador habitual de Camarinas.eu Rafael Lema, publica en rigurosa exclusiva na web líder da Costa Atlántica o seu segundo artigo adicado aos terribles e descoñecidos sucesos acecidos no Concello de Camariñas durante a Guerra da Independencia (1808-1814) contra o invasor francés. No mesmo o puntillismo, rigor, afán de esclarecemento e rastreo de datos históricos polos diferentes arquivos son levados ao extremo polo gran historiador da Costa da Morte. Un artigo contrastado e vital para coñecer o que acontecía por estas terras hai xusto douscentos anos, de lectura obrigada para a intelectualidade desta Franxa Atlantica e que constitúe un honor e un privilexio publicar en Camarinas.eu. ...

Exitosa Conferencia de Rafael Lema

O prestixioso historiador da Costa da Morte Rafael Lema ven de colleitar un importante recoñecemento máis a toda unha carreira profesional chea de éxitos. Nin máis nin menos que no histórico Ateneo de Madrid, ante preto de 300 asistentes e xunto a recoñecidas figuras do ámbito naval, o investigador porteño participou nunha conferencia sobre un aspecto no que Rafael constitúe sen dúbidas uns dos maiores expertos a día de hoxe: a historia dos naufraxios na Costa da Morte. Por elo, ninguén mellor que o colaborador de Camarinas.eu para disertar sobre unha realidade que coñece como ninguén, froito todo elo dun traballo tenaz, serio e documentado ao longo de toda unha vida adicada á investigación historiográfica....