Un paseo pola Ría de Camariñas once anos despois da Catástrofe do Prestige II

Un paseo pola Ría de Camariñas once anos despois da Catástrofe do Prestige II

Imos ca segunda e derradeira parte do gran traballo de Daniel Rogero acerca do afundimento do Petroleiro Prestige, aquel no que distintos persoeiros da Costa da Morte son entrevistados por este gran camariñán da diáspora e aportan o seu particular punto de vista acerca do que foi ata o momento o último gran drama vivido nestes apartados recunchos atlánticos. Aquel no que centos de toneladas de fuel extraídas do seo da Nai Terra en xeadas paraxes siberianas, fletadas non lonxe do San Petersburgo dos zares por Mijaíl Fridman, un daqueles oligarcas rusos nacidos do súpeto doutro afundimento non menos estruendoso (o da URSS), acabaron por desparramarse nunha masa viscosa e nauseabunda ao longo de todo o litoral atlántico, irmanando portos tan dispares como os da Bretaña francesa ou os da Galicia española. Agora que once anos pasaron nun suspiro, recén dictada unha sentencia que deixou a petroleiras piratas e  compañías fletadoras destartaladas libres de todo mal, ca necesaria perspectiva que da o tempo, co rigor inherente á persoalidade de Daniel Rogero e ca minuciosidade propia de toda reportaxe de investigación, Camarinas.eu repasa en segunda e definitiva tandada o que non deixou de ser un grandioso drama que tivo á Costa...
Un paseo pola Ría de Camariñas once anos despois da Catástrofe do Prestige

Un paseo pola Ría de Camariñas once anos despois da Catástrofe do Prestige

Daniel Rogero é fillo do noso habitual colaborador Tino Rogero Figueiras. Dani é un xoven que estuda cuarto curso de Dereito e Xornalismo na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, e é por riba de todo un namorado do mar, de Galicia e de Camariñas. Gústanlle os deportes, o footing, o Karate, nos veráns practicar a vela, e cando encontra un compañeiro, o que non sempre e doado, practicar a pesca submarina nas augas da nosa costa. Dende pequeno amosou interese polos idiomas en xeral e en especial pola nosa lingua. Daniel é da estirpe dos Gaiteiros do Ponte do Porto, e pódese dicir que é un galego, un camariñan, nacido en Madrid.   Co permiso de Don Benito Pérez Galdós, como de tanto outros mozos da súa xeración, pódese dicir que Daniel "entra na idade viril coa firmeza e a seguridade dun corazón cheo, dun entendemento rico e non gastado, dunha alma vigorosa e sa, á cal non falta senón ancho mundo” ...

"Na Beira do Mar, os versos dun fillo da Emigracion" por Rafael Lema

Florencio Rodríguez Figueiras é un porteño nacido na emigración, en Bilbao, e residente en Cáceres. A súa nai Mari Carmen nacida na Ponte do Porto, nas Barrosas, foi que me deu este verán un libro que Floren acababa de publicar. Un libro de poemas adicado ao pobo dos seus, Ponte do Porto, titulado “Na beira do mar”. Para min Floren é o fillo de Mari Carmen e o sobriño do Chiteiro, por iso este traballo está feito cun cariño especial. Floren descende dunha gran muller amiga dos versos e dos contos de algún día, a Rusa. Dunha liñaxe de canteiros altos e louros (Grela) e outra de músicos (os Figueiras). En fin, leva artistas por moitos ventos. ...

A Virxe de Guadalupe, Patroa das Palilleiras, por Rafael Lema

Escindida entre o norte e o sur, case sen saber moi ben cal é o seu auténtico lugar, atópase a vila mariñeira de Rianxo. Patria natal de tres dos máximos exponentes da literatura galega (Rafael Dieste, Manuel Antonio e Castelao), cuias casas familiares se atopan a escasos metros unhas de outras na mesma rúa, vive estos días (do 13 ao 20 de setembro) alporizada pola celebración das súas festas tradicionais en honor á Guadalupe. Por elo nada máis adecuado que un novo artigo indagatorio da nosa identidade e das nosas raíces escrito polo colaborador habitual de Camarinas.eu Rafael Lema que descubre como a virxe que cando anda pola ribeira vai descalziña pola area foi en tempos a mesmísima Patroa das nosas palilleiras. Unha colaboración máis que abraia polos seus descubrementos e a imaxe que a ilustra, que entra a formar parte da sección cultural máis potente e completa da Costa da Morte e quen sabe se unha das máis fecundas de Galicia: aquela que dende hai seis anos a levan enchendo de contidos as mellores firmas do noso concello. Aquela na que ser publicado equivale a un privilexio e un honor e da que forma parte por dereito propio Rafael...

Florentino Rogero: "Os Libros Arden Mal" de Manuel Rivas

Volve o colaborador habitual de Camariñas.eu Florentino Rogero Figueiras, máis coñecido como Tino, cun novo comentario para a nosa sección de Literatura Galega. Un comentario que non crítica, xa que Tino exerce de lector apaixonado e non de crítico literario. Nesta ocasión preséntanos para que degustemos unha obra mestra, “Os libros arden mal”, unha novela que pode ser xa considerada un clásico da Literatura Galega, do autor coruñés, afincado na Costa da Morte, Manuel Rivas, un autor cuxa obra se encontra traducida a máis de vinte idiomas. ...