O DRAMA DA EMIGRACIÓN, por Marisol Soneira

A miña avoa Aurora, A Panadeira, era miúda de estatura pero cun carácter e unha determinación dignas dun xigante. Ese carácter e determinación fixo que tomase unha tranca contra a garda civil e o crego da parroquia cando usurparon os seus montes e sometéronos á repoboación forzosa, ala polo apoxeo da ditadura franquista. Ese comportamento valeulle o alcume de “a roxa” e non poucos desgustos nunha época onde discrepar e reivindicar dereitos non eran ben recibidos polo Ditador nin polos aduladores servís que tiña en cada curruncho da vida cotián de cada pobo ou vila. Camariñas non era unha excepción. ...

O Areal, non todo é o que parece por Marisol Soneira

Dentro da nova etapa que Camarinas.eu botaba a andar esta mesma semana, unha das promesas realizadas aos nosos lectores era a das colaboracións fixas que darían maior renome e empaque á web de tódolos camariñáns. Unha vocación de servicio público na que as diferentes opinións, opcións e puntos de vista dos camariñáns deberían estar presentes. Entre elas, e nun acto que non cabe senón calificar como unha deferencia que nos honra e que nos fai sentir especialmente orgullosos, está a colaboración periódica que a partires de hoxe inaugura a Vicepresidenta do Parlamento Autonómico de Galicia: Marisol Soneira, que dentro da súa apretada axenda fará un oco para deleitar cada pouco aos seus veciños cun artigo que indague na historia, na identidade común, nas raíces da súa terra, a Camariñas da súa alma que leva representando tan dignamente durante toda a súa vida. Para escomenzar un artigo adicado a un rincón tan emblemático da Vila das Palilleiras como "O Areal". A nova estapa de Camarinas.eu comenza con forza. ...

A Extraordinaria atención de Camariñas aos Náufragos do SS Treherbert en 1887

Pese a que está más extendida la versión de la rapiña e incluso la provocación de naufragios por parte de los vecinos de la Costa da Morte, lo cierto es que abundan en los documentos antiguos muestras de agradecimiento de navieras y gobiernos extranjeros a la actuación de los habitantes de nuestros pueblos con las tripulaciones náufragas. Un siniestro poco conocido pero que tuvo una gran repercusión en la prensa inglesa y anglosajona de la época fue el del SS Treherbert, un mercante inglés naufragado en la Punta da Buitra de Muxía el siete de agosto de 1885. No escatimaron elogios los supervivientes y el consulado británico hacia los vecinos de la zona, especialmente por el trato dispensado por la población de Camariñas. ...

Samarúas, folk camariñán en estado puro

Como xa temos ilustrado nalgunha que outra ocasión pretérita, nesto da recreación da música tradicional pódese optar por dous eidos a libre elección: o do respeto escrupuloso e puntual da tradición folklórica ou o da fusión libre e modernizadora con outros estilos de máis recente extracción, todo elo na búsqueda da perpetuación futura dun arte inmortal. Neste último campo aos exemplos xa referidos dos míticos The Pogues (alá ata onde chegou o derradeiro dos dentes putrefactos e alcoholizados de Shane McGowan no seu combate eterno co maremoto de augas etílicas que inundaba o seu paladar) ou os máis modernos Dropkick Murphys polo bando céltico, poderíamos engadir por aquelo de poñer algún que outro exemplo illado o de Kortatu (non confundir con Re-Kortatu, o re-bautizado Mariano Rajoy, por aquelo da súa relación cos servicios sociais públicos) na canción "Jaungoikoa eta lege zarra", no que por un día e que sin servira de precedente deixaba de lado a deificación de etarras asesinos para atizarlle duro ao PNV a conta do seu catòlico lema ("Dios y Ley Vieja"), enténdese que por ser demasiado tibios aos seus exaltados ollos. Con todo, porque todo hai que decilo ca máxima dor do noso lacerado e maltreito...
Un paseo pola Ría de Camariñas once anos despois da Catástrofe do Prestige II

Un paseo pola Ría de Camariñas once anos despois da Catástrofe do Prestige II

Imos ca segunda e derradeira parte do gran traballo de Daniel Rogero acerca do afundimento do Petroleiro Prestige, aquel no que distintos persoeiros da Costa da Morte son entrevistados por este gran camariñán da diáspora e aportan o seu particular punto de vista acerca do que foi ata o momento o último gran drama vivido nestes apartados recunchos atlánticos. Aquel no que centos de toneladas de fuel extraídas do seo da Nai Terra en xeadas paraxes siberianas, fletadas non lonxe do San Petersburgo dos zares por Mijaíl Fridman, un daqueles oligarcas rusos nacidos do súpeto doutro afundimento non menos estruendoso (o da URSS), acabaron por desparramarse nunha masa viscosa e nauseabunda ao longo de todo o litoral atlántico, irmanando portos tan dispares como os da Bretaña francesa ou os da Galicia española. Agora que once anos pasaron nun suspiro, recén dictada unha sentencia que deixou a petroleiras piratas e  compañías fletadoras destartaladas libres de todo mal, ca necesaria perspectiva que da o tempo, co rigor inherente á persoalidade de Daniel Rogero e ca minuciosidade propia de toda reportaxe de investigación, Camarinas.eu repasa en segunda e definitiva tandada o que non deixou de ser un grandioso drama que tivo á Costa...