RAFAEL LEMA PUBLICA EL CATALOGO DE NAUFRAGIOS COSTA DA MORTE - GALICIA

El escritor de Ponte do Porto Rafael Lema acaba de publicar una nueva obra, “Catálogo de Naufragios. Costa da Morte-Galicia”, editado por la Diputación Provincial de A Coruña. El libro será dado a conocer en una conferencia pública el viernes 22 de agosto a las 20.00 horas en el monasterio de San Martiño de Ozón-Muxía. Los ejemplares no se distribuirán hasta su presentación oficial, salvo a la prensa. El 13 de septiembre será presentado al público en general en Ribeira y en octubre en Cee. ...
O vello Cunchareiro, por Marisol Soneira

O vello Cunchareiro, por Marisol Soneira

E probable que si hoxe lle preguntas a un camariñan, de menos de trinta anos, onde queda a praia do Cunchareiro non teña nin a mais remota idea. Esta ignorancia ten sentido porque xa non existe pero durante xeracións de rapaces de Buría foi a “súa” praia e onde case todos aprendemos a nadar. ...

Camariñas, unha potencia mineira, por Marisol Soneira

Un dos minerais máis demandados na década dos corenta foi o wolframio pola súa utilización na fabricación de munición e máquinas de guerra. As historias e lendas sobre o “mineral” eran un dos rituais con que nos entretiña meu avó Andrés nas noites de verán cando os netos acudíamos a compartir a comida da celebración de Santa Mariña. ...
Unha de revivar, por Marisol Soneira

Unha de revivar, por Marisol Soneira

Houbo un tempo en que, chegado o mes de xaneiro, andaban tódolos buriáns inquedos e nerviosos mirando o calendario obsesivamente. A razón era ver en que día caían as grandes mareas do inverno. Como seguramente sabedes sempre hai dúas mareas no ano que acostuman a ser excepcionais: unha no inverno e outra no verán. As de inverno eran especialmente agardadas porque, se cadraba cun tempo de xeadas, deixaba aterecidos entre os bolos que a marea deixaba ao descuberto a milleiros de pequenos peixes, crustáceos e toda sorte de delicias que o mar cría. ...
Érase unha vez en Santa Mariña, por Marisol Soneira

Érase unha vez en Santa Mariña, por Marisol Soneira

Ao longo de moitos anos foi tradición que as xentes da beiramar percorresen as costas na procura dos obxectos que este arroxaba e que puideran ser de utilidade: madeira, cabos, restos de naufraxios de todo tipo, etc... Isto nada ten que ver coa lenda que algún malnacido ten posto en circulación sobre a triste tradición dos raqueros, persoeiros que provocaban os naufraxios facendo sinais dende a costa e asasinando aos desgraciados navegantes. Na Costa da Morte nunca se teñen producido ese tipo de actividades e son innumerables as testemuñas no sentido contrario: a gratitude dos náufragos polo trato e as atencións que sempre recibiron das poboacións costeiras da nosa comarca. ...