O Mar, razón de ser do talento anárquico de Juan Camariñán

Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. II - Siempre Meju

Camarinas.eu sección Cultura segue a facer historia e plasma por vez primeira literariamente a fala típica de Camariñas da man do talento anárquico e autodidacta de Juan Camariñán, o rapsoda que mellor comprendío o valor artístico intrínseco da nosa linguaxe. Neste segundo volumen, Juan pasa revista a un feito que aconteceu en Camariñas hai moitos anos e que puido haber convertido a Vila dos Encaixes nunha metrópoli industrial, nun xigante tecnolóxico, nun prototipo pioneiro do Seattle de Microsoft ou Boeing, da Atlanta da Coca-Cola e a CNN, ou do Detroit de General Motors. ...

Death Coast Cinema Club: Orson Welles

As personaxes, sempre marionetas nas mans de Welles ¿Todopoderoso Welles? O DCCC desta semana está adicado a Welles, pero non ao noso querido e conservador Pepewells, o usuario paradigmático de dereitas de camarinas.eu, senón a unha persoa incluso con máis talento ca el (se eso é posible), ao xenio do séptimo arte Orson Welles, director entre outras da posiblemente mellor película da historia do cine "Ciudadano Kane", cuia obra é analizada polo maior experto en cine da Costa da Morte, o noso redactor Luis Esteiro Ramos. ...

Historias do Mar: A nova sección de literatura de camarinas.eu

Tras casi 6 meses de andanza de Camarinas.eu, os usuarios xa coñecen a calidade literaria dos relatos de Juan Camariñán, sen dúbidas unha das persoas que mellor soubo plasmar sobre o papel a fala típica de Camariñas: unha linguaxe brutal, sonora, con consoantes sibilantes e explosivas que castañetean como fogo de ametralladora. Por eso mesmo a esencia temporal, perecedeira do Libro de visitas (palabras fermosas cun destino que é desvaecerse co paso do tempo) facía necesario que quedara constancia destas creacións do talento innato dos camariñáns. Hoxe publicamos o primer relato de Juan Camariñán na sección que leva o seu nome, onde fai unha presentación e expoñe as circunstancias que desencadearon que asumira este reto literario. Señoras e señores, con todos vostedes, Juan Camariñán. ...

Death Coast Cinema Club: Akira Kurosawa

Death Coast Cinema Club nesta segunda edición adicado a Akira Kurosawa Camarinas.eu volve á carga coa segunda edición do Club de Cine da Costa da Morte (Death Coast Cinema Club), a sección comandada pola man experta de Luis Esteiro Ramos, o Redactor de cine de camarinas.eu. Nesta edición o DCCC analiza a obra do xaponés Akira Kurosawa, un director xenial con obras que deron lugar a famosos e lexendarios remakes, ben en Hollywood (Los siete magníficos - John Sturges), ben en Almería (Por un puñado de dólares - Sergio Leone). Invitámosvos, da man de Luis, a darvos un paseo polo noso cine. ...

Outro relato descomunal dun usuario de camarinas.eu

Relato dun home sen nome Imaxe dun terrible temporal na praia Area Longa en Reira co Cabo Vilán inmutable Aínda que esta redacción ten fundadas sospeitas sobre a identidade do autor do relato que na noite do xoves 17 de xaneiro deixou abraiados aos centos de familiares cibernéticos que a esa hora disfrutaban do noso Libro de Visitas (o xa coñecido como "Libro de Familia"), camarinas.eu, sempre estricta cumplidora da legalidade vixente, decide manter o anonimato do autor, para que sexa este mesmo o que se descubra, e regálalle ao mundo un relato dun valor literario excepcional, onde o lector vese traspasado, por obra e gracia do xenial rapsoda, á ponte de mando dun barco que encara a ruta do "Jran Sol", no medio dun dos nosos habituais e terribles temporais. Pulsa na foto para ler o relato. ...