O talento descomunal dos usuarios de camarinas.eu

Un relato breve de "Juancamariñán" juancamarinan, digno sucesor de Antón Chéjov (1860-1904) En toda a Costa da Morte xa están ao tanto do talento innato dos usuarios de camarinas.eu, pero este fin de semana os membros da redacción quedaron especialmente abraiados cun relato breve de juancamarinan debido ao seu parecido cos contos do, posiblemente, mellor escritor de relatos breves da historia da literatura: o ruso Antón Pávlovich Chéjov. Por iso, debido a excepcional calidade literaria do relato, pola brilantez na creación dun estilo propio (ao mesmo tempo irónico e amargo) e pola maestría na captura do típico linguaxe camariñán, ofrecémoslles a todos vostedes esta, en palabras do noso tamén usuario iván, "cápsula milimétrica de sabiduría". Pulsa na foto de Antón Chéjov para ler esta excepcional testemuña do talento literario dos usuarios de camarinas.eu. ...