Mapa de Camarinas do seculo XVII

Cabo Villano de Burías Imaxe do antigo mapa A nosa fiel usuaria Marisol Soneira fainos chegar un mapa histórico de Camariñas do século dezasete onde, sobre todo, o que máis chama a atención a esta redacción é a importancia que tiña naquela época o actual lugar de Buría, na parroquia de Camariñas, lugar de residencia de Marisol e do que tan orgullosa se sinte: das súas antigas tradicións e costumes, de ser un auténtico universo en sí mesmo cunhas raigames que se perden no tempo. A importancia é tal que o lugar no que a día de hoxe se atopa o noso Faro de Cabo Vilán aparece no mapa co nome de "El Villano de Burías". Para ver a noticia completa e ver o mapa ampliado pulsa na foto. ...

O "Marcha Verde" dixo: Ata aquí

Agora que se puxo de moda entre algúns xóvenes chiquiteros profesionales de Camariñas sacarlle o pellejo polos bares da comarca aos redactores de camarinas.eu, temos que darlles unha moi mala noticia: un dos bares máis emblemáticos e iconoclastas do noso pobo, o Marcha Verde, pechou co ano novo as súas portas. Camarinas.eu estivo presente nas fotos do adeus e unha impresionante oda de despedida do noso usuario Juan Camariñán. ...

Camariñas engalánase para celebrar as festas navideñas

Conto de Nadal Este ano a praia de Camariñas luce unha decoración navideña moi mariñeira Chegadas estas entrañables datas navideñas, a redacción de camarinas.eu non podía deixar pasar a oportunidade de celebrar con tódolos seus usuarios a festividade do nacemento do noso Señor Xesucristo e así engrosa a recién creada sección de cultura da máis católica e visitada web de toda a Costa da Morte cun Conto de Nadal escrito polo noso querido usuario e redactor Zhúkov, o cal se adentra polos milenarios rueiros desta antiga vila chamada Camariñas para descubrir un secreto olvidado. Para ler o contiño e ver unhas fotos da decoración navideña de Camariñas pulsa na foto principal. ...

Oda de Pepewells a Mikel, o Guerreiro Poeta

Camarinas.eu non pode olvidarse do seu usuario paradigmático, da persoa que mellor simboliza o carácter guerreiro, combativo e un pouco gamberro desta páxina, da persoa que sen dúbidas máis fixo por ela, por iso sempre respetando o silencio e o máis que merecido descanso dun auténtico batallador pola liberdade e a igualdade, ríndelle a Mikel esta pequena homenaxe escrita por pepewells (ou como di él: "léase pp-well-s"), o outro "Guerreiro Poeta" autocalificado de dereitas de camarinas.eu. Ahora ben, toda esta situación deixa unha serie de inquedantes incógnitas no aire: ¿qué significa esta boa relación entre dous camariñáns tan lonxanos políticamente? ¿está a piques de formarse en Camariñas unha entente esquerdas-dereitas entre Mikel e Pepewells? ¿Adoptará esta entente forma de partido político? ¿Este partido,unha auténtica maquinaria política demoledora, concurrirá aos comicios nacionais para intentar salvar á nosa moribunda patria? ¿Será esta a solución definitiva para España? ¿Irá Diego Alonso de número tres de Mikel e Pepewells? ¿E a Lei de Paridade, quenes serán as féminas que completen esa dupla ou trío diabólico?¿Como afectará ese novo partido político á fachada marítima camellana que tanto encanta a algún político camariñán? ¿Significará esa nova entente a volta á vida política de Ruperto Mosquera ou...

O talento descomunal dos usuarios de camarinas.eu

Un relato breve de "Juancamariñán" juancamarinan, digno sucesor de Antón Chéjov (1860-1904) En toda a Costa da Morte xa están ao tanto do talento innato dos usuarios de camarinas.eu, pero este fin de semana os membros da redacción quedaron especialmente abraiados cun relato breve de juancamarinan debido ao seu parecido cos contos do, posiblemente, mellor escritor de relatos breves da historia da literatura: o ruso Antón Pávlovich Chéjov. Por iso, debido a excepcional calidade literaria do relato, pola brilantez na creación dun estilo propio (ao mesmo tempo irónico e amargo) e pola maestría na captura do típico linguaxe camariñán, ofrecémoslles a todos vostedes esta, en palabras do noso tamén usuario iván, "cápsula milimétrica de sabiduría". Pulsa na foto de Antón Chéjov para ler esta excepcional testemuña do talento literario dos usuarios de camarinas.eu. ...