Xeografia.eu: Cementerio Monumental de Piskarevskoe

Piskarévskoe, o silencio da morte Cartel que recorda o Sitio de Leningrado "¡Cidadáns! Durante os ataques de artillería este lado da rúa e moitísimo máis perigoso". Máis de 60 anos despois o cartel segue colgado do mesmo edificio da Perspectiva Nevski. Unhas omnipresentes flores anónimas nunca faltan. O recordo da "Gran Guerra Patriótica" tal e como é coñecida en Rusia a Segunda Guerra Mundial, segue moi presente na memoria dunha cidade que perdeu máis de 1.000.000 dos seus veciños, a meirande parte deles falecidos a causa da fame e do frío, durante o Sitio de Leningrado, 900 días de dor e sufrimento onde as tropas alemanas e finlandesas rodearon a cidade fundada un día polo Zar Pedro o Grande. Os seus corpos reposan no Cementerio Memorial de Piskarévskoe, nos suburbios do norte da cidade, case en pleno bosque ruso nunha paraxe de gran beleza que visitei nunha espléndida tarde de agosto acompañado dunha amiga italiana, Marta Natalini, ca que, cousas da vida, cando queríamos entendernos nos nosos respectivos idiomas irmáns (castelán e italiano) non nos dábamos entendido e tíñamos que recurrir unha e outra vez ao ruso, idioma que en honor á verdade ela falaba moito mellor ca min. Alí, ante...

Novas prestacions do Diccionario Camarinan

O propio pobo de Camariñas será o que confeccione o primeiro Diccionario da Fala Camariñana Fagamos entre todos o Diccionario Camariñán Camarinas.eu, buscando sempre novas formas de engrandecer o legado da Vila de Camariñas instala un novo componente para que sexa o usuario rexistrado da páxina máis vista da Costa da Morte o que redacte o que será o futuro "Diccionario da Fala Camariñana" escribindo o término correspondente e dándolle o seu significado. Así pois, partindo do desafío que lanzou no libro de visitas a nosa querida usuaria Mantida, camarinas.eu, que xa publicara o tomo primeiro do Diccionario Camariñán, optimiza o modelo anterior dotando dunha personalidade propia e diferenciada do resto de seccións a un diccionario que terá que ser confeccionado polo propio usuario. Desta forma animámosvos a que revisitedes outra vez a noticia do tomo primeiro do Diccionario da Fala Camariñana para escribir o significado dos términos alí consignados e doutros novos que queirades incorporar no apartado que se encontra no módulo "Categorías" da parte esquerda da páxina de inicio de camarinas.eu. Pulsa neste enlace para ir directamente ao Primeiro, único e Auténtico Diccionario da Fala Milenaria do Pobo de Camariñas. ...

Death Coast Cinema Club: Brando-Kazan, unha dupla máxica

Unha das colaboracións máis fructíferas da historia do cine foi a que emparellou ao director norteamericano de orixe grega Elia Kazan e ao actor máis grande, Marlon Brando, en tres inesquecibles películas de factura lexendaria: Un tranvía llamado de deseo (1951), ¡Viva Zapata! (1952) e La ley del Silencio (1954). A vida e obra grandes e polémicas destes dous xigantes, así como o froito da súa colaboración, é analizado polo redactor de cine de camarinas.eu e maior experto en cinematografía  da Costa da Morte, Luis Esteiro Ramos. ...

Xeografia.eu: Cementerio de Tijvin, San Petersburgo

Na tumba do escritor Fiódor Dostoyevski Homenaxe ó máis grande: Fiódor Dostoyevski Animado polo director de camarinas.eu e seguindo a estela maxistral aberta por outros colaboradores da web, ábrese neste recuncho da sección de cultura un blog persoal onde cada certo tempo poderei exorcizar os meus demonios particulares falando daquelas cousas que realmente me apasionan dende hai xa uns cuantos anos: especialmente Rusia". Así, aproveitando as fotos da viaxe que en agosto de 2007 realizou a San Petersburgo, o redactor cultural de camarinas.eu Zhúkov, repasará nun blog propio un tema da historia ou cultura rusas, para facer máis accesible ao gran público da Costa da Morte a través da súa páxina máis visitada este misterioso e fascinante país que se extende pola llanura euroasiática ocupando 17 millóns de kilómetros cuadrados e que engloba ducias, tal vez centos, de grupos étnicos diversos. Será un blog de carácter eminentemente intelectual, por elo non dirixido a grandes masas de lectores, senón buscando un pequeno rincón onde podamos encontrarnos un puñado de fieis semanalmente para compartir inquietudes de carácter cultural. ...

Death Coast Cinema Club: David Lean, domador de superproduccións

David Lean, o director de catro obras maestras absolutas, foi o artesano que soubo facer das películas con grandes orzamentos, con miles de extras e con grandes estrelas de Hollywood nos principais papeis, xoias do séptimo arte. El puente sobre el Río Kwai, Lawrence de Arabia, Doctor Zhivago e La Hija de Ryan son os catro filmes que dende hai tempo están por dereito propio no olimpo dos deuses da cinematografía. Por eso ninguén mellor que Luis Esteiro Ramos, o redactor de cine de camarinas.eu, para dar un repaso a súa gran obra. ...