¿Realidade ou ficción? Juan camariñán, o escritor que reinventa Camariñas en cada novo Volumen

Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. V - O Lejorio

Juan camariñán, o veciño da Vila dos Encaixes que máis cerca estivo nunca do Premio Nobel de Literatura, o home que absorbe a vida diaria das calles de Camariñas e a expele en forma de cápsulas milimétricas de sabiduría, xa está aquí. E así mentras se proba frente ao espello o frac que levará na Gala dos prestixiosos premios da Academia Sueca, devolve o seu antigo esplendor a un xénero clásico da gloriosa literatura española, o da picaresca, a través dun relato digno de "El Lazarillo de Tormes" ou "El Buscón" de Quevedo. ...
Estas dúas odaliscas acompañan a Juan camariñán no seu novo volumen das Historias do Mar

Juan camarinan: Historias do Mar Vol. IV - "O Pacucho"

Juan camariñán, o escritor outsider, o home que irrompeu nos finos salóns literarios da man de camarinas.eu, a web literaria da Costa da Morte, con olor a sudor e salitre nas mans creadoras, toma nesta ocasión o camiño dos prostíbulos e casas de lenocinio, das casas de mal vivir, para a través da súa prosa desgarragada narrar unha historia de iniciación, ensoñamento e irrealidade. ...

Unha recopilacion dos usuarios de camarinas.eu

Tomo I do Diccionario da Fala Camariñana Camarinas.eu fai historia e presenta ao mundo o Tomo I do Diccionario da Fala milenaria de Camariñas, elaborado ao longo do tempo polas aportacións dos usuarios de Camarinas.eu no Libro de Visitas (libro de familia) e dividido en dous apartados: Terra e Mar. O primeiro fai referencia aquelas palabras, ditos, xiros e frases típicas da fala non referentes a términos mariñeiros, mentras a segunda recolle aportacións de importantes patróns históricos de Camariñas como o noso fiel e querido usuario Billy entre outros. O significado dos términos recopilados deberán ser definido ou correxido polos usuarios nos comentarios para que desta forma podamos ir completando o diccionario, así como sinalar os erros que poidera haber. Por outra parte tamén vos animamos a que sigades aportando máis palabras ou frases para que así poidamos publicar dentro de pouco un novo tomo da nosa fermosa, antiga e inigualable Fala de Camariñas. En calquer caso, damos as gracias a tódolos usuarios de Camarinas.eu por facer realidade a que posiblemente pode ser a primeira recopilación que se fai das palabras que integran un modo de falar único no mundo. ...
Juan Camariñán abandona por unha vez o mar e adéntrase na historia de Camariñas

Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. III - Pepiño e a súa historia

"The Outlaw Juan Camariñán", o escritor fóra da lei, a maior sensación literaria da prosa dialectal en galego dos últimos anos pasa revista no volumen terceiro das súas "Historias do Mar" á forma en que se desenvolvía a vida ordinaria do milenario pobo de Camariñas durante o réximen do Xeneral Franco a través da relación que tiña co Xeneralísimo unha das persoas que mellor o coñecía. ...

Death Coast Cinema Club: Os irmans Coen

Os irmáns Coen e Javier Bardem, un binomio gañador de catro Óscar en 2008 Este DCCC estaba previsto que fora publicado o pasado venres 22 de febreiro, como antesala á ceremonia dos Óscar 2008, pero como xa sabedes ese día estalou a nosa páxina polos aires nunha espectacular e fermosa explosión piroplástica. Hoxe publicamos este artículo onde o noso redactor de cine, Luis Esteiro Ramos, coróase como o maior experto en cine de toda a Costa da Morte cun DCCC onde predice palabra por palabra todo o que aconteceu na gala dos Óscar celebrada en Los Ángeles este domingo 24 de febreiro. Luis = Matrícula de Honor. ...