Las Tristes Memorias del Baron Von Mark. Capitulo II

O Barón compuxo a única oda dedicada á posiblemente mellor xeración de camariñáns que viron os séculos Procedemos a publicar o segundo tomo das tristes memorias do colaborador de Camarinas.eu que escribe íntegramente en castelán e que non necesita ser traducido por elo, o noso achacoso Barón Von Mark, aínda a risco de ser devorados vivos polos xoves cachorros da Normalización Linguística. En fin, non estaría mal un pouco máis de liberdade e democracia nesta vella nación que algúns chamábamos España (con perdón). En todo caso,  aquí presentamos aos nosos lectores a máis que merecida homenaxe que o Barón rende aos membros dunha xeración de camariñáns que fixeron historia nos máis diversos campos de batalla. ...

Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. VII - O Black Arrow

Mentras a outros envíanlle notas de prensa, que non lle interesan a nadie o máis mínimo posible (incluso), a camarinas.eu chegan textos literarios de calidade. Esto que parece moi sinxelo, hai xente que non o entende, porque mentres algúns buscan uns novos amos, outros somos independientes. En fin, non hai máis que ver o número de visitas traen consigo unhas e outros. Eso ocurre gracias a mestres como Juan Camariñán, un tío que se viste polos pes e que non entende de politiqueos nin de palanganerismos, e que elevou a fala milenaria de Camariñas ao rango de lingua literaria. Nesta nova xoia narrativa fala do afundimento en Coenda dun barco que viña da Habana e que portaba o suxerente nome de Black Arrow. ...

Las Tristes Memorias del Baron Von Mark. Capitulo I

O Barón Von Mark, o colaborador xermánico expulsado da que foi a primeira web de Camariñas Cuaderno de Bitácora. Día 1 Xa está aquí o regreso máis esperado. Camarinas.eu logrou rescatar para os seus lectores dende as catacumbas olvidadas dalgún castillo enclavado na "Vieja Baviera" os catro artigos escritos no ano 2004 polo Barón Von Mark e que foron publicados na que foi a primeira páxina web de información xeral creada no Concello de Camariñas: a tristemente desaparecida e volatilizada "www.tiodiekt.tk". Corría abril de 2004: eran as épocas de cando o glorioso Celta de Vigo iniciou o seu descenso aos infernos futbolísticos, cando tralos tráxicos e decisivos atentados terroristas do 11-M hubo un cambio na gobernatura da nación, entón prodúxose un lamentable malentendido co noso Barón Von Mark, o cal neste primeiro artigo fai a súa presentación e realiza unha implorante petición ao seu Maestro... ...
Os integrantes do grupo Materia da Ponte pouco antes de desprazarse ata Cee onde actuaban este domingo

Materia, o grupo rock da Ponte do Porto actuará na Xunqueira de Cee 2008

É ben sabido por todos os lectores de camarinas.eu que esta web non ten porque tirar de algúns grandes fotógrafos aparecidos de repente nesta costa e sin que ninguén sepa moi ben de donde veñen. Así e todo fan exposicións apoiadas por algúns con oscuros e extraños lazos que os unen. Lazos que tan pronto se unen como desaparecen sen deixar rastro. Bueno, a nos en camarinas.eu non nos fai falta tirar destas relacións interesadas e comenenciudas porque sólo cos reportaxes que fan os nosos usuarios alá donde se encontran superan en interés a toda esa parafernalia creada sabe dios donde. Desta vez unha querida usuaria de camarinas.eu residente na Ponte do Porto desprazouse este domingo pasado ata Cee donde se celebraba o último día da Festa da Xunqueira para realizar unha reportaxe da actuación do grupo  Porteño "Materia". Pulsa na foto para ver a reportaxe completa con fotos e videos incluidos. ...
Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. VI - O Rey Moncho

Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. VI - O Rey Moncho

Cando camarinas.eu por vez primeira nunha web creada nesta Franxa Atlántica decidío abrir unha sección de cultura chamáronnos tolos. "Ninguén vai visitar esa sección, ao pobo de Camariñas non lle interesa o máis mínimo a cultura", decían. Agora, pasado un tempo, cando vemos o número apabullante de entradas de tódalas noticias que integran unha categoría pioneira na Costa da Morte, camarinas.eu esixe responsabilidades aos desaprensivos que non confiaron na intelixencia do noble pobo dunha vila milenaria. Un pilar básico da sección foi dende os seus comenzos Juan Camariñán, a maior sensación da prosa dialectal en galego, o cal como decíamos volvía e volvía para quedarse. ...