Las Tristes Memorias del Baron Von Mark. Capitulo III

O Barón compuxo a única oda ao posiblemente mellor grupo da historia da música universal No terceiro tomo destes melancólicos manuscritos o Barón Von Mark descubre o rockeiro que leva dentro e retoma  a máis grande aventura musical da historia humana. Nesta oda, unha auténtica apoloxía do mundo das drogas, o sexo e o rock'n''roll, o noso querido aeda xermánico conta a desdichada historia dunha experiencia musical chamada a ser a máis grande que viron os séculos pero que quedou truncada debido á aparición en escena da acuicultura na Costa da Morte. Dous homes, un Maestro e o seu discípulo, perdidos no mundo decadente, degradado e corrompido do show-bussiness. Xa o decía a canción: "There's no bussiness like show-bussiness". ...

Death Coast Cinema Club: Paul Newman

Un dos últimos grandes da época dorada do Gran Hollywood foise nestes días A lenda dun auténtico indomable Luis Esteiro Ramos, o redactor de cine de camarinas.eu, vese obrigado a romper os seus sagrados votos de silencio pola morte dun dos cineastas máis grandes da historia: Paul Newman, víctima dun cáncer de pulmón aos seus 83 anos. Home de familia, actor, productor e director de grandes filmes, empresario de éxito con salsas para comida (Newman's own), experimentado piloto de carreiras, vaise un home clave na vida de tódolos amantes do séptimo arte e por elo esta redacción quere rendirlle unha pequena e merecida homenaxe a través do maior experto en cine da Costa Atlántica. Va por usted, Maestro. ...

Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. VIII - O Señor Fervás

A Función Pública española tembla ante as revelacións de Juan Camariñán que neste novo volumen da aposta estrela da Sección de Cultura de Camarinas.eu, adéntrase no intrincado, oscuro e nunca moi ben explicado universo da carreira funcionarial a través do relato das peripecias xurídicas dun olvidado Secretario de Ayuntamiento, o cal exercía as súas abnegadas e desinteresadas labores nunha olvidada poboación costeira de provincias, tal vez (¿quén sabe?) non moi lonxe da nosa vila mariñeira de Camariñas. Camarinas.eu presenta ao gran público da Costa da Morte outra cápsula milimétrica de sabiduría narrativa do escritor que nos ensinou a falar sin complexos na nosa fala milenaria elevándo ésta á categoría de lingua literaria. ...

DCCC Tipos duros no cine: Steven Seagal

¡¡Mimaaá, cacho malleiras!! Steven Seagal, un home que se abrío paso no duro mundo da gran pantalla a tunda libre Despois dun máis que merecido período vacacional volve o maior experto en cine da Costa da Morte, Luis Esteiro Ramos, ca súa subsección do Death Coast Cinema Club (DCCC) adicada a aqueles tipos duros de rostro hierático, pétreo ou marmóreo e de mirada de xeo que se dedicaron a repartir tundas a diestro e siniestro suplindo as carencias do sistema legal mediante un limpiamento intensivo de chusma das calles, e respecto dos cales é recoñecida mundialmente a predilección do público camariñán. Despois de Charles Bronson, hoxe tócalle a un tipo máis duro aínda: Steven Seagal. Pulsa na imaxe para ler un auténtico disparate na xa clásica línea de camarinas.eu. ...

Seccion Historia Universal camarinas.eu: Vsevolod Meyerhold

A tortura e morte de Meyerhold Fotografía da ficha policial de Meyerhold tras ser brutalmente torturado Visto o interesante debate histórico surxido no Libro de Visitas da web máis vista endexamáis nesta Franxa Atlántica, esta redacción quere profundizar no mesmo aportando novos datos que enriquezcan os lexítimos e diferentes puntos de vista dos usuarios rexistrados da mesma. Neste primer episodio non nos deteremos nunha gran hecatombe ou batalla senón no fatídico destino particular dun cidadán indefenso. Trátase do gran director teatral soviético Vsévolod Meyerhold o cal representa como ninguén o triste destino do mundo da cultura soviética que se levou por diante a figuras tan salientables como os escritores Isaak Bábel, Borís Pilniak, Osip Mandelshtam, Nikolai Gumiliov, etc. Pulsa na imaxe para ler o anguriante pesadelo dun home inocente. ...