4.8571428571429 1 1 1 1 1 Rating 4.86 (63 Votes)

Unha brigada de liquidadores diríxese cara unha morte segura no Reactor nº4 de Chernobyl

Hai xa uns anos durante unha reunión nocturna dun grupo de amigos camariñáns na Coruña entre dous deles surxío un debate sobre cales podían ser os maiores héroes da historia. Un deles defendía aos grandiosos bombeiros da cidade de New York que faleceron con motivo do brutal atentado islamista contra as Torres Xemelas do 11-S. O outro, defendía a labor heroica desenrolada polos liquidadores de Chernobyl, todos aqueles xóvenes que foron enviados cara unha morte segura debido á inoperancia, corrupción e respeto prácticamente nulo pola vida humana individual do réxime comunista que imperaba no ano 1986 na Unión Soviética.  Hoxe, uns cantos anos despois, eses dous amigos (Kecho e Zhúkov) reúnense e firman conxuntamente un artigo adicado aos Liquidadores que traballaron en condicións suicidas no desastre do Reactor nº4 da Central Nuclear de Chernobyl.

Homenaxe aos héroes de Chernobyl

Os liquidadores durante as labores de retirada do material radioactivo que os ían levar a unha morte segura

“O sábado 26 de abril de 1986 a primaveira chegaba a Ucrania, o ceo azul resplandecía na cidade de Kiev, o abedul de Carelia retoñaba e os labregos segaban nos campos de trigo. Hoxe, a comenzos do século XXI, parece lexítimo preguntarse: ¿qué ocorreu o 26 de abril de 1986 en Ucrania?”  Yuri Andrujovich, escritor ucraniano, no seu libro  Chernobyl, la mafia y yo.

O ano 1986 presentábase en principio tranquilo: o 1 de xaneiro entraban a formar parte da entón chamada Comunidade Económica Europea (C.E.E) os dous parientes pobres do Sur: España e Portugal; en México estaba previsto que en xuño se disputara un Mundial de fútbol no que ascendería aos ceos futbolísticos un tal Maradona; asemesmo en xuño dese mesmo ano Felipe González gañaba as segundas eleccións consecutivas para o PSOE; na conservadora Galicia repetía como Presidente da Xunta o popular Xerardo Fernández Albor; e nun remoto e illado pobo da Costa Atlántica, un puñado de xoves rapaces preadolescentes encaraban un frío día de outono o camiño que os ía levar cara o Seminario Menor de Santiago, onde recibirían unha adecuada e férrea educación católica. Na lonxana Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (U.R.S.S.), daquela comandada por un Mijail Gorbachov que daba os seus primeiros e tímidos pasos aperturistas, encarábase o 69º ano triunfal trala Gloriosa Revolución de Octubre que en 1917 levou ao réxime comunista ao poder inmersa no que entón parecía unha interminable guerra de desgaste contra os muyahidines islámicos nas montañas de Afganistán. Nun dos quince territorios que compoñían aquel xigante euroasiático, a República Socialista Federativa Soviética de Ucrania, as pulsións nacionalistas na parte occidental do país (católica e de lingua ucraniana) que a levarían á secesión de Rusia tan só cinco anos despois (1991), aínda non se manifestaran en toda a súa intensidade e no ámbito deportivo o xenial Dinamo de Kíev, comandado por dous futbolistas da categoría de Igor Belánov (Balón de Ouro aquel ano) e Oleg Blojín, reinaba no campeonato soviético chegando incluso a gañar a Recopa de Europa nunha final na que derrotaba ao Atlético de Madrid por 3 a 0.

A primaveira do 1986 preséntabase polo tanto apacible e abundante, tal e como sole suceder na cerealística Ucrania, o que era o graneiro da Unión Soviética: na estepa o color dourado dos campos de trigo resplandecía en todo seu esplendor, mentras que máis ao norte, na rexión fronteriza ca república de Bielorrusia, no entorno pantanoso do Río Pripiat, a explosión da vida salvaxe tiña lugar no medio das marismas. Sen embargo na cálida noite do venres ao sábado do 26 de abril pouco a pouco comenzou a percorrer o entorno un sordo rumor: algo grave acontecera no xigante enerxético que surtía de electricidade a gran parte da república e ao que dalgunha maneira estaban ligadas as vidas da maioría dos residentes da zona: a Central Nuclear de Chernóbyl. Despois de máis de 60 anos dun réxime inoperante, tiránico e cruel, os cidadáns soviéticos sabían que nada podían esperar das sús autoridades en canto a información sobre o suceso.

As evidencias iniciais de que un grave escape de material radiactivo ocurrira en Chernóbyl non viñeron polo tanto das autoridades soviéticas, senón de Suecia, onde o domingo 27 de abril detectáronse partículas radiactivas nas roupas dos traballadores da Central Nuclear de Forsmark (a uns 1.100 km ao norte de Chernóbyl). Tras comprobar que non houbera escapes na central, os investigadores suecos deduxeron que a radiactividade debía provir da zona fronteiriza entre Ucrania e Bielorrusia, dados os ventos dominantes naqueles días. A conclusións similares chegaron en Finlandia e Alemania, o que permitío ao resto do mundo coñecer en parte o alcance do desastre.

Sen embargo, nada desto sabían os habitantes dos alrededores da Central  cando ao longo do sábado comenzaron a chegar a unha cada vez máis intranquila cidade de Pripiat, lugar de residencia dos traballadores da Central, centos e centos de autobuses requisados a toda presa polas autoridades para evacuar aos seus máis de 135.000 habitantes, en principio tan só durante uns poucos días mentras se controlaba o accidente acontecido no Reactor nº 4. Unha evacuación que convertiría a Pripiat na cidade fantasma que é hoxe en día, 23 anos despois da catástrofe. A xente marchou co posto cara ningures, sen poder levar a meirande parte das súas pertenzas nunha viaxe que sería para sempre.

O persoal dos helicópteros soviéticos foi outros dos grandes damnificados do desastre de Chernobyl

Será na noite do luns 28 de abril cando as autoridades recoñezan mínimamente o acontecido: durante a emisión do programa de noticias Vremya (Tempo), o presentador lee un pequeno comunicado: “Ocurrío un accidente na central de enerxía de Chernóbyl e un dos reactores resultou dañado. Están tomándose medidas para eliminar as consecuencias do accidente. Estase asistindo ás personas afectadas. Acaba de ser designada unha comisión do goberno”. Os dirixentes da URSS, según o seu inveterado costume, tomaran a decisión política de non dar máis detalles. Pero ante o clamor mundial, o 14 de maio, tres semanas despois,  o Secretario Xeral do PCUS Mijaíl Gorbachov leío un extenso e tardío informe no que recoñecía a magnitude da terrible traxedia.

O que con posterioridade, dado o secretismo e ocultación das autoridades comunistas, se soubo foi que aquela noite do sábado 26 de abril, durante unha proba na que se simulaba un corte do suministro eléctrico, un aumento repentino de potencia do reactor nº 4 da Central norte de Chernobyl, produxo o sobrequentamento do núcleo do reactor nuclear, o que provocou a explosión do hidróxeno acumulado no seu interior, liberando unha cantidade de material radiactivo que se estimou foi unhas 500 veces maior que a liberada pola bomba atómica arroxada en Hiroshima en 1945.

Xa minutos despois do accidente, todos os bombeiros militares asignados á central estaban en camiño para tentar apagar unhas lapas que afectaban a varios pisos do reactor nº4 e que se acercaban perigosamente ao edificio onde se encontraba o reactor nº3. O comportamento heroico destes bombeiros durante as tres primeiras horas do accidente evitou que o fogo se extendera ó resto da central. Nembargantes e dada a magnitude tan terrible do desastre que acababa de ter lugar, tiveron que solicitar axuda ós bombeiros da capital ucraniana Kíev. Dous días despois, había 18 feridos moi graves con queimaduras dunha gravidade poucas veces vista e 156 máis con lesións de consideración producidas pola radiación. O carácter tan terrible das feridas observadas nestes primeiros liquidadores e o descoñecemento ante a forma adecuada de tratalas fixo que as autoridades comunistas se viran obrigadas a reclamar a presencia de expertos doctores norteamericanos nos hospitais de Moscú aos que estes héroes de primeira hora foran evacuados.

Foi entón cando, sobrepasado pola magnitude do drama que se estaba a vivir e as terribles consecuencias que elo traía aparexado, o goberno soviético comenzou a reclutar, ben pola forza, ben mediante persuasivas suxerencias, a bombeiros, soldados, obreiros e voluntarios chegados dende as diferentes repúblicas que compoñían a multinacional Unión Soviética para tentar sofocar o incendio declarado no interior do reactor e construir o Sarcófago, unha estructura de grandes dimensions feita de formigón e diseñada para conter a radiación liberada durante o accidente, os cales  por brigadas enteiras foron enviados a realizar as tarefas de limpeza ao interior e alrededores do reactor nº4. Estes xóvenes recibiron o nome de LIQUIDADORES.

Sen roupa protectora adecuada, protexidos por corazas de  chumbo improvisadas, semellantes a corazas medievales propias do mesmísimo Don Quixote, sen nin siquera recibir explicación algunha acerca do perigo que ían enfrentar, durante varias semanas en periodos máximos de dous minutos (cando 45 segundos xa supoñía  unha dosis letal) cada liquidador arroxaba un par de paladas de material radiactivo ao centro do núcleo  do reactor nº4 e de seguido centos de ambulancias esperaban a varios metros do desastre para trasladar os feridos e mortos  ós  destartalados hospitais da zona, postos en cuarentena e aislados no máis absoluto secreto. Alí entraban xa sentenciados os corpos dos liquidadores con gravísimas queimaduras de primeiro grado, ca tela das roupas pegada á pel e con terribles pústulas supurantes. Outro grupo de liquidadores que pagou un alto precio foron os pilotos dos helicópteros que sobrevolaron minutos despois o reactor número 4: todos morreron días despois.

Os efectos letais do acontecido non se limitaron ás tarefas de apagar o fogo, durante as tarefas de construcción do sarcófago grandes cantidades de combustible nuclear e de material altamente radiactivo quedaron esparcidas polos tellados da central e debían ser arroxadas ao interior do que naquel momento era o núcleo do reactor. En principio optuose por utilizar algo parecido a robots teleridixidos pero a cantidade de radiación era tal que acababan por estropearse ao pouco tempo. En consecuencia, o traballo debía ser feito por operarios humanos, os liquidadores. A maioría eran xóvenes soldados aos que se lles ofrecío a opción de "cómo completar o tempo efectivo en servicio" requisito necesario para o seu retiro do exército. Uns podían tardar dous anos baixo unha chuvia infernal de balas, cohetes e de bombas nas montañas de Tora-Bora ou no Val do Panjshir en Afganistán, mentras outros podían tardar dous minutos baixo outra chuvia, esta tranquila, silenciosa e invisible, de raios gamma no teito do reactor nº4 de Chernóbyl.

O reactor nº4 trala explosión que ía levar á morte a centenares de miles de seres humanos

Cerca de 650.000 homes axudarían nas labores de limpeza dos alrededores de Chernobyl xa no primeiro ano para intentar minimizar as consecuencias do desastre. Estas persoas arriscáronse en condicións extremas e sen medidas de protección a construir a mastodóntica carcasa e absorberon grandes cantidades de radiación fatais para súas vidas. Ese gran servizo a humanidade resultou nefasto para centos de miles deles, e deixou graves secuelas en moitos outros. Todos sufriron efectos secundarios e decenas de miles morreron, sen que se saiba a día de hoxe a cifra con exactitude. Así, 20 anos despois, unha comisión parlamentaria ucraniana fala de 30.000 mortos directos e a lo menos 10 millóns de individuos, entre eles 3 millóns de nenos, víctimas das radiacións que afectaron de modo moi severo a Bielorrusia, Ucrania e Rusia, e que ocasionou pérdidas incalculables á fauna e á flora. Sen dúbida a maior catástrofe ambiental  da historia.

Cinco anos despois, concretamente o 8 de decembro de 1991, nun entorno de gran beleza, a reserva natural de Belavézhskaya Pushcha, situada na parte occidental de Bielorrusia, preto da fronteira con Polonia, os presidentes das tres repúblicas con maioría de poboación de raza eslava da URSS: Rusia ("a Gran Rusia"), Bielorrusia ("a Rusia Blanca) e Ucrania ("a Pequena Rusia") firmaban o Tratado de Belovesh que ía supoñer na práctica que trece días despois e tras 74 anos de existencia a Unión Soviética, aquel xigante de pes de barro, se disolvese de forma definitiva.  O coste en vidas humanas que supuxo a existencia do que foi concebido como o "Paraíso do Proletariado" foi estimado por algúns historiadores rusos en 60.000.000 de vidas humanas entre víctimas da Guerra Civil rusa, das purgas leninistas e stalinianas, da hambruna provocada artificialmente para facer entrar aos campesinos nos koljoses (granxas estatales) que asolou Ucrania, o sur de Rusia e a Asia Central soviética, as víctimas da Gran Guerra Patriótica, etc... Outros  expertos incluso elevan esas cifras a 100 millóns. Uns números nos que deberíamos incluir aos liquidadores de Chernobyl, homes e mulleres na súa meirande parte xóvenes que foron enviados cara unha morte cruel, agónica e prácticamente segura por parte das autoridades dun dos máis malignos e diabólicos réximes que existiron dende que un día o home puxo o pe nesta terra maldita: o réxime comunista da Unión Soviética.

Comentarios   

seran7989
+1 # RE: Historia Universal camarinas.eu: Os Liquidadores de Chernobylseran7989 25/01/2009 22:39
Bo traballo,triste recordalo,pero real,cantas vidas sacrificadas polo enrriquesemento de uns poucos.Noraboa.
Responder | Denunciar ante o administrador
patrib74
+1 # RE: Historia Universal camarinas.eu: Os Liquidadores de Chernobylpatrib74 25/01/2009 23:47
Completamente dacordo,os heroes por excelencia.
Fai pouco puxeron dous reportaxes sobre a tremenda traxedia de Chernobyl(unha na 2 e outra no programa Cuarto Milenio, esta última un pouco fantasiosa, moi na línea do meu querido Iker, pero moi ben documentada)que a verdade poñía a pel de galiña, só pensar na magnitude que pode chegar a acadar esta enerxía, tan necesaria pero perigosa e descoñecida o mesmo tempo, é algo que os humanos non podemos controlar,escap a o noso alcance...
Recemos para que nunca máis volva a ocurrir nada semellante e que non teñamos que condecorar a máis heroes que non podan ter constancia da grandeza das súas proezas
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # RE: Historia Universal camarinas.eu: Os Liquidadores de ChernobylBeldoña 25/01/2009 23:53
Fabuloso traballo o voso,amigos.
E preferible voltar o candíl,que xojar con esta forsa desconosida que é a radioactividá.E ramos máis felises antes,eínda que tiñamos que estar as escuras a maior parte do tempo...
En fin,así e a vida e,así se escribe a historia.
Responder | Denunciar ante o administrador
vechalula
+1 # non eston dacodovechalula 26/01/2009 11:48
non von a poñer en duda a valentia deses homes, pero non deixan de etar limpiando aljo que mancharon ante.
hai moitos exemplos de heroe mellor ca ese entre outros en duda este merece ser recordado.
MUHAMMAD YANUS.
MADRID.- Muhammad Yunus es una de las personas más vitalistas que se puede uno encontrar. Tiene casi 60 años y está convencido de que se puede acabar con la pobreza en el mundo. Hay razones para ello. Al frente del Banco Grameen demostró hace 20 años que los pobres necesitaban muy poco para autoemplearse y salir de la miseria.

Hoy la institución funciona en más de la mitad de las aldeas de Bangladesh y presta pequeñas cantidades de dinero (microcréditos) a más de dos millones de personas pobres, de las que el 94% son mujeres, y a las que los bancos normales jamás darían un crédito. Y que consiguen con ello ponerse a trabajar y crear riqueza. Ayer, invitado por el Club de Debate de la Fundación General de la Universidad Complutense de Madrid, contó porqué su idea ha sido copiada en más de 50 países.

Pregunta.- ¿Cómo han cambiado las cosas en Bangladesh en los últimos años?

Respuesta.- En 1975, tras una gran hambruna, la situación llegó a preocuparnos mucho. Yo me pregunté qué es lo que podía hacer cada individuo para cambiar su vida, y ví que la gente sufría porque no tenía siquiera acceso a pequeñas cantidades de dinero. Así que empecé a prestarles el mío, y ví que funcionaba.

P.- ¿Por qué concede tanta importancia a las mujeres?

R.- El porcentaje de mujeres a las que los bancos de Bangladesh hacen préstamos no llega al 1%. Así que cuando empezamos, me empeñé en que al menos la mitad de los receptores fueran mujeres. Al principio nos decían que diéramos el dinero a sus maridos, porque ellas no lo habían tocado en sus vidas. Pero insistimos, y algunas valientes demostraron que funcionaba. Y nos dimos cuenta de que el dinero que ingresaban las familias a través de las mujeres les daba mucho más beneficio, porque revertía en los hijos, en el futuro; pensaban a largo plazo.

P.- ¿Qué ha logrado el sistema del microcrédito?

R.- Es simple: la mujer que ha recibido un préstamo a los 30 años lo ve como algo extraordinario, porque la mentalidad en la que se educó era otra. Para sus hijos es totalmente distinto, porque se han criado con esto. Cuando crezcan, habrán vivido entre negocios y actividad, y sabrán que ahí está el banco. En Bangladesh los niños juegan al Grameen igual que usted lo hizo al Monopoly.

P.- ¿Es el microcrédito la solución a la pobreza?

R.- Los pobres sufren las mismas circunstancias vivan en el país que vivan. Y no se les puede tratar como a objetos a los que hay que dar beneficencia, sino como seres humanos creativos con capacidad de cuidar de sí mismos. No hay que darles comida o viviendas, sino instituciones que les respalden, como el Grameen.

P.- ¿No cree que a los países ricos no les interesa acabar con la pobreza en el Tercer Mundo?

R.- Los países ricos también tienen el problema de la pobreza y el desempleo. Hay paro porque no hay suficiente empleo asalariado, y la gente debería inventarse sus propios empleos. Pero nuestros libros de texto no explican esto. La solución no es trabajar menos horas para repartir salarios: hay que crear circunstancias que favorezcan el autoempleo. Y esto es un problema de cambiar la mentalidad. De que comprendamos que si un millón de pobres pueden empezar a ganarse la vida gracias a un microcrédito, aparecerá un millón de personas que quieran comprar un cepillo de dientes. Y esto es bueno para la economía.

P.- Parece muy simple.

R.- Lo es. Y funciona.
Responder | Denunciar ante o administrador
xan das bolas
+1 # acuerdo totalxan das bolas 26/01/2009 13:15
Mi respeto y admiración para esta gente que dieron su vida en Chernobyl. Muy buen trabajo chicos, enhorabuena.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # RE: Historia Universal camarinas.eu: Os Liquidadores de Chernobylmantida 26/01/2009 16:30
Claro vechalula ese ese tamén e un verdadeiro heroe, e coma el hay comarea deles pero en este caso estase falando de chernobyl,xente que estaba sellando un reactor dando a sua vida para salvar a millóns de personas e o peor de todo e que o pelijro de chernobil continua porque sije habendo jobiernos incompetentes, jerras sin xeito nin maneiras que levan a morte a millóns de xentes e esto todo e debido os fallos humanos.Jrasias por haber heroes como vos que estades ahí siempre pa axudar.
Responder | Denunciar ante o administrador
Peteke
+1 # RE: Historia Universal camarinas.eu: Os Liquidadores de ChernobylPeteke 26/01/2009 18:44
bueno,sólo disir que a nuite do viernes 23,as 00.27h,acordeim e muito destes homes que estaban na sala de control de Chernobil,a esa hora,ventos de 182km/h asolaron os tres grupos de Sabón(Arteixo), volaron de todo teitos,arrancou nos paredes,portas, ...e de repente un "black out",disparo de grupo,oscuridad total....as alarmas saltaron dos tres paneles de mando dos grupos,había que ter sangre fría,as ideas claras e saber estar...por eso admiro tanto os meus jefes e compañeiros.
En medio da noite,sin lus,co rugido do vento,que non nos deixaba ternos en pé,volando chapas que nos podían cortar en dous,conseguimo s as 06.25h volvemos a dar lus despois de pelear como leons e con dolores por todo o corpo...por eso disir que me acordei ben de esta xente.Uns valientes,outro s ignoraban e outros pola patria....
Responder | Denunciar ante o administrador
wms
+1 # RE: Historia Universal camarinas.eu: Os Liquidadores de Chernobylwms 26/01/2009 20:16
Que contrastes nos das hoy! Una historia de superación humana, y otra de un fallo humano con sus catastróficas consecuencias…
Hace poco vi un reportaje sobre el caso, y lo que más me conmovió fué la gente que tuvo que trabajar para sellar el reactor sabiendo que estaba dando su vida en ello… sin ellos la proporción de la catástrofe hubiera sido mucho mayor.
enhorabuena.
Responder | Denunciar ante o administrador
Duane Duke
+1 # RE: Historia Universal camarinas.eu: Os Liquidadores de ChernobylDuane Duke 26/01/2009 20:33
Por suposto que foron uns héroes diso non hai ningunha duda.
Responder | Denunciar ante o administrador
weah
+1 # RE: Historia Universal camarinas.eu: Os Liquidadores de Chernobylweah 26/01/2009 23:00
Buen trabajo me gusto mucho como lo habeis espuesto,por unos momentos me habeis recordado lo peligroso que es lo nuclear,menuda trajedia,esa gente que dio su vida muestra el lado bueno de la humanidad y el hecho de tal desastre tambien recuerda el lado oscuro del hombre,somos capaces de lo mejor como de lo peor y en eso el hombre no cambiara.Y como esto va de heroes de mi parte quisiera nombrar el nombre de otro gran heroe, Raoul Gustav Wallenberg,menu do tipo.
Responder | Denunciar ante o administrador