4.7037037037037 1 1 1 1 1 Rating 4.70 (27 Votes)
Unha vida de excesos reflexada nun rostro: John Huston, o gran director de orixe irlandesa
Unha vida de excesos reflexada nun rostro: John Huston, o gran director de orixe irlandesa

Pesimismo existencial

camarinas.eu, réndelle homenaxe nesta edición do DCCC a un dos máis grandes directores da historia, o xenial John Huston.  Bebedor, misóxino, mulleriego, este actor-director de orixe irlandesa pertencente a unha familia de actores na que destacaron o seu pai Walter Huston e a súa filla a actriz Angelica Huston, foi un director dunha gran versatilidade, apta tanto para cine negro con maiúsculas (Cayo Largo, El Halcón Maltés) como para grandes produccións de carácter épico ou histórico (La Reina de Africa, El Hombre que pudo Reinar), sen olvidar o cine de temática social como o reflexado na gran Fat City, ambientada no mundo do boxeo. Pulsa na montaxe para ler o mellor análisis posible da vida e obra dun xenio da man de Luis Esteiro Ramos, o maior experto en cine desta Franxa Atlántica.

 

Un dos maiores xenios na dirección da historia do cine: John Huston
Un dos maiores xenios na dirección da historia do cine: John Huston
Analizado xa hai tempo Sam Peckinpah, o xenio cinematográfico máis pesimista sobre a existencia humana, toca agora revisar outro xenio cun punto de vista tamén bastante desalentador sobre a nosa natureza vital, en especial coa codicia, tema central de moitas das súas mellores obras e tema perfectamente adaptado nestes momentos á crise que está a azoutar a nosa economía. Veremos como remata toda esta sede de poder adquisitivo…
John Huston (Nevada, Estado soberano de Missouri, EEUU, 1906-1987). Director, actor e guionista de cine pero tamén boxeador, periodista, novelista, militar, cazador, toureiro… Toda unha alma inquieta, como se pode comprobar, ó parecer dono dun carácter visceral e moi irascible, tamén un mullereiro, fumador, bebedor e xogador empedernido, en definitiva un verdadeiro torbellino humano que deixou un puñado de grandes obras mestras para a historia do cine, cunha maravillosa obra que perdurará inmortal no tempo, sen dúbida un mestre de mestres e posiblemente, xunto co director austríaco Fritz Lang, os 2 máis grandes directores da historia do cine dentro do xénero do “Cine Negro”. Tampouco hai que esquecer a súa faceta como actor, sobre todo en 2 filmes, El Cardenal (1963) e Chinatown (1974), esta última unha das grandes xoias de Roman Polanski, polas cales  consegue 2 globos de ouro ó mellor actor de reparto e una nominación ó Óscar polo primeiro film.
El Halcón Maltés, un clásico do Cine Negro
El Halcón Maltés, un clásico do Cine Negro
Despois de deambular polo mundo desempeñando todo tipo de dispares profesións, este xenio de orixe irlandesa comeza a advertir inquietudes polo 7º Arte, traballando nun primeiro momento como actor extra. Gracias as influencias do seu pai, o magnífico actor Walter Huston, é contratado como guionista dalgunhas grandes obras cinematográficas (El Sargento York, El Último Refugio). Pero será co seu inmenso talento para  a dirección cando John Huston se asente profesionalmente na súa verdadeira vocación.
O seu primeiro filme xa son palabras maiores, El Halcón Maltés (1941), comeza neste momento unha fructífera asociación cinematográfica co seu maior “Alter Ego” na gran pantalla, con ese actor non moi expresivo, chulesco, de rostro implacable co pitillo sempre pegado no labio inferior da boca e dotado sempre dun mordaz sarcasmo e sentido do humor case que en todos os seus personaxes, o seu nome Humphrey Bogart, auténtico peso pesado do Hollywood máis clásico. Esta obra mestra absoluta está considerada como o mellor filme de cine negro de todos os tempos. Un filme onde Bogart interpreta a un detective privado da cidade de San Francisco que é contratado por unha enigmática e elegante muller (Mary Astor) para que dea co paradeiro da súa irmá, a cal aparentemente fuxío días atrás co seu mozo. A partir desta habitual introducción comezan a aparecer en escea unha serie de sopeitosos persoaxes e a trama enrevesarase cun ritmo tan endiablado que fai do guión un auténtico laberinto argumental con final sorprendente. Cabe tamén suliñar a gran calidade dos seus diálogos, intelixentísimos. A codicia por obter o preciado falcón negro será o auténtico leit motif do filme. Destaca a interpretación do alemán Peter Lorre. Pero xusto cando comeza coa súa carreira cinematográfica, chégalle a chamada da patria durante a 2ª Guerra Mundial, colaborando para o bando aliado como documentalista bélico.
Xa de volta do seu periplo militar e saltándonos no tempo varios filmes, facemos parada en Cayo Largo (1947), outra das xoias do cine negro, onde atopamos un maxestuoso duelo interpretativo entre Humphrey Bogart e un dos máis grandes actores de tádolos tempos, o pequeno de estatura pero grande de talento interpretativo Edward G. Robinson, acompañados ambos no reparto pola atractiva actriz de mirada felina, Lauren Bacall. A trama desenvólvese básicamente en espacios reducidos nunha representación autenticamente teatral.
John Huston e o que foi seu xenro Jack Nicholson na maxistral Chinatown de Roman Polanski
John Huston e o que foi seu xenro Jack Nicholson na maxistral Chinatown de Roman Polanski
John Huston consegue o Óscar relativamente cedo, a diferencia doutros xenios da súa xeración co seu 7º filme: El Tesoro de Sierra Madre (1948). Posiblemente o cume do cineasta e sen dúbida un dos cumes do cine, cun intachable guión firmado por el mesmo e cunhas magníficas interpretacións de Humphrey Bogart, Tim Holt e Walter Huston, gañando este último o Óscar como mellor actor de reparto, nun hito sen precedentes ó lado do seu fillo. O filme fai un análisis exhaustivo sobre a esencia do ser humano, de cómo a codicia pode corromper a alma ata límites decadentes, perfectamente reflexado no personaxe que interpreta Bogart, un home desesperado, buscador de ouro que cando por fin o atopa coa axuda de 2 compañeiros de traballo nun xacemento illado no deserto mexicano vólvese desconfiado e paranoico e a codicia por querer quedar con todo o botín e tamén o medo a perder a súa parte a mans dos seus compañeiros sumerxirao nunha espiral de violencia que desencadeará nun final verdadeiramente dramático, en especial para el mesmo. Trátase dun filme atemporal, de visión obrigada.
Huston atópase no seu mellor momento profesional tal como queda demostrado no seu seguinte filme La Jungla de Asfalto (1950), outra das súas obras mestras mais absolutas, auténtica precursora dos thrillers sobre atracos, cun magnífico elenco de actores encabezados por Sterling Hayden, cun sustancioso guión adaptado nunha obra de gran densidade poética e tráxico final. Como curiosidade anotar que a sensual actriz Marilyn Monroe fai unha das súas primeiras aparicións na gran pantalla cun breve pero intenso papel secundario. Trátase dun filme o cal lle teño un especial afecto. Un ano despois filma outra das súas mais míticas películas La Reina de África (1951), neste filme podémonos atopar cunha das químicas mais intensas da historia do cine entre a parella protagonista, interpretada por Humphrey Bogart e Katharine Hephburn (fantásticos). A sú interminable fuxida descendendo o Río Congo xa forma parte da historia, recomendable para románticos da vella escola, non da nova (anque haberá de todo), forxada sobre todo con idiotas televisivos de sonrisa pintada.
Ca súa filla, a actriz Anjelica Huston
Ca súa filla, a actriz Anjelica Huston
Deixando de lado varias grandes películas, adentrámonos nun dos seus filmes mais divididos pola crítica Moby Dick (1956), na miña humilde opinión trátase dunha obra mestra, pero quizáis si sexa verdade, como expresan moitos cinéfilos que o papel do célebre cazador de baleas Capitán Ahab non estaba feito para un aínda pouco entrado en anos Gregory Peck, pois o seu personaxe atormentado e desesperado pola obsesión de capturar a mítica balea branca debería estar representado por un actor de maior idade e aspecto máis rudo e queimado. Cabe suliñar a aparición do sempre grandioso Orson Welles (do cal din as malas linguas que se bebeu el so unha botella de Cognac antes de saír a escea para interpretar o seu personaxe de reverendo protestante que velará polas almas dos mariñeiros…). O filme está  basado na xenial e existosa novela do escritor inglés Herman Melville. Anos despois filma Vidas Rebeldes (1961), protagonizado por Clark Gable, Marilyn Monroe e Montgomery Clift, membro do Actor´s Studio este último, tres pesos pesados do Hollywood máis clásico que xa nos seus ocasos emocionais e físicos, falecerían un tras outro trala rodaxe do filme por diversas causas. O parecer a rodaxe do filme foi un auténtico inferno. Como curiosidade anotar que Clark Gable, xa moi mermado físicamente polos excesos da mala vida celebrou a alta médica antes do filme bebendo e fumándolle un puro, tras rematala rodaxe falece dunha trombosis coronaria… Un magnífico filme de perdedores, nunha especie de Western crepuscular pero sen pistolas, tan só cos tormentos humanos como armas aínda máis letais que as propias balas dun Colt. Con Reflejos de un Ojo Dorado (1967), Huston filma un dos seus títulos máis persoais e desconcertantes, nunha soberbia (como case sempre) interpretación de Marlon Brando e tamén de Liz Taylor.
Tras unha etapa irregular mesturando obras fallidas con outras realmente notables como El Juez de la Horca (1972) cun xenial Paul Newman ou o gran drama sobre o mundo do boxeo Fat City (1972) con Stacy Keach e un xoven Jeff Bridges, volve a tocar teito cunha especie de comedia negra de aventuras: El Hombre que Pudo Reinar (1975), basada no famoso relato breve de Rudyard Kipling, o gran narrador dos tempos do dominio imperial británico na xigantesca India. Esta película, protagonizada por dous dos mellores actores británicos de sempre, Sean Connery e Michael Caine, narra como a finais do S.XIX dous ex-militares do exército británico, despois de sobrevivir como timadores percorrendo diversas cidades da India deciden partir cara as inexploradas terras do Reino de Kafiristán, na fronteira entre as actuais Pakistán e Afganistán, chegando a un pobo rico pero extremadamente relixioso. Alí un deles será confundido coa reencarnación de Alejandro Magno e proclamado polos monxes como Deus, sendo recoñecido con todos os honores e riquezas. Os dous farsantes tirarán da estafa ata que os delirios de grandeza dun deles, créndose o papel de semideus dea ó traste con todo nun final realmente dramático e brutal. Huston retoma aquí a temática sobre o cine de perdedores sepultados pola codicia. O director xa pretendera adaptar na gran pantalla bastantes anos atrás esta historia contando para os papeis principais con dúas auténticas estrelas clásicas como Clark Gable e Humphrey Bogart pero o proxecto tivo que pospoñerse. O resultado final de todas formas foi inmellorable coa intensa interpretación dos dous actores británicos e na que cómpre suliñar que o gran Christopher Plummer interpreta ao mesmísimo Rudyard Kipling.
Cristopher Plummer, John Huston e Michael Caine durante a rodaxe de El Hombre que pudo Reinar de 1975
Cristopher Plummer, John Huston e Michael Caine durante a rodaxe de El Hombre que pudo Reinar de 1975
Deixando atrás varios bos filmes centrámonos agora na súa paródica visión do mundo da mafia na gran obra El Honor de los Prizzi (1985) e onde Huston fai gala dun gran sentido do humor a pesar dos seus case 80 anos, protagonizado polas estrelas da época Jack Nicholson e Kathleen Turner  que despregan unha intensa química en pantalla. Hai que facer mención o gran traballo da actriz Anjelica Huston, filla do director e merecida gañadora do Óscar á mellor actriz de reparto polo seu papel da neurótica e extravagante filla do capo da mafiosa familia italoamericana, ademáis de parexa na vida real de Nicholson naquela época. Co Óscar acadado por Anjelica Huston consúmase a fazaña sen precedentes onde tres membros dunha mesma familia gañan o Óscar polos seus traballos cinematográficos. O seu testamento cinematográfico será Dublineses (1987), adaptación dun relato curto do famoso escritor irlandés James Joyce “Los Muertos” e onde encabeza o reparto de novo a súa filla Anjelica, nun filme existencialista ambientado no Dublín dos primeiros anos do S.XX.
Pois ata aquí chegamos no noso homenaxe a un dos máis grandes directores de sempre. Un deses directores que desprenden unha maxia especial nos seus filmes, a altura de colosos clásicos coma Alfred Hitchcock, Akira Kurosawa, John Ford, Billy Wylder, Howard Hawks ou Orson Welles. Tivemos que comprimir na medida en que nos foi posible a súa extensa filmografía tanto como director, actor e guionista, cun atento repaso a parte máis fundamental da súa excelente obra.

 

Comentarios   

zhúkov
0 # zhúkov 11/12/2008 16:02
Bufff, un dos meus preferidos de sempre: Roy Bean, el juez de la horca; Fat city; El halcón maltés; La reina de Africa; Cayo Largo; etcc pero sobre todo El hombre que pudo ser rey, basada no xenial relato de Kipling e interpretada por dous actores británicos, ideales para reencarnar o estiramiento e arrogancia típica da Inglaterra victoriana, a dona do mundo naquel entón. Película que me quedou grabada dende que a vira sendo aínda un cativo, sobre todo o final tan tráxico, clásico do cine de perdedores que tan ben reflexou Huston. Un artigo impresionante na senda dos anteriores. Felicidades Castel.
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 11/12/2008 23:01
Manda carallo amigo Luis...e que un se pon a leer, e dase de conta (ademáis do talento expositivo do escritor, noraboa por certo), de que este home realmente fixo moitos grandes filmes...¿por onde empezar?...

Pois mira, resultame complicado elexir a miña preferida, quizais o Falcón Maltés (que gracia me fai o personaxe tan penoso que fai o gran (de talento) pequeno(de estatura) Peter Lorre...eses sí que eran secundarios...e ese final co ascensor...

Coincido absolutamente co Xeneral cando fala de El hombre que puido reinar...un acerto de casting por descontado.

El Juez de la horca, cun Paul Newman maxistral, eche un moi simpático filme no fondo. Tamén Fat City...que me fai lembrar tamén o acertado do comentario de Zhúkov...e é que estamos falando do Director que mellor retratou ós perdedores no cinema.

E como non me quero espallar, mención aparte para un dos meus fimes preferidos...\" Cazador Blanco, Corazón Negro\" do mestre Clint Eastwood (co gran Jeff Fahey ;-)...), que en realidade é un filme ¿homenaxe? ó John Huston persoa...e da que sae en todo caso ben...e mal parado...(de ahí que poña os interrogantes).

Fenomenal reportaxe Luis, podes colgalo con orgullo en calqueira blog de internet, que moitos agradecerán este análise (coma os outros que levas eh!)...Nós temos a sorte de poder leerche de cando en vez, non tardes en voltar!.
Responder | Denunciar ante o administrador