4.8333333333333 1 1 1 1 1 Rating 4.83 (48 Votes)

Cazadores dementes (o disparate total)

Bandán, tal e como é coñecido por algunhas das nosas usuarias, especialmente atractivo cas mallas
Bandán, tal e como é coñecido por algunhas das nosas usuarias, especialmente atractivo cas mallas

A subsección do DCCC adicada aos tipos duros do cine chega ca edición adicada a Van Damme (Bandán) ao final da súa primeira etapa, tras un repaso exhaustivo aos grandes iconos da así chamada "Triloxía da Arte Tunderil": Charles Bronson, Steven Seagal e Jean Claude Van Damme. Actores expertos en repartir trompadas a diestro e siniestro, entre os cales o maestro belga das artes marciais legou para a posteridade o film posiblemente máis disparatado da historia do cine moderno: "Blanco Humano". Pulsa na imaxe para ler o artigo do noso redactor de cine Luis Esteiro Ramos, o cal cas súas suxerentes fotos deste icono erótico e tunderil  fará as delicias das usuarias femeninas de camarinas.eu.

Cazadores dementes (o disparate total)

Aínda que parezca sorprendente, destes dous tipos duros, o máis peligroso con diferencia é Vladímir Putin
Aínda que parezca sorprendente, destes dous tipos duros, o máis peligroso con diferencia é Vladímir Putin

Estudiados xa dous dos máis grandes referentes do Arte Tundista (Charles Bronson e Steven Seagal), autores eles cun estilo artístico moi diferenciado pero que ó mesmo tempo veñen a expresar o mesmo mensaxe social e educativo, un mensaxe transmitido en forma de puño ou bala que axusta contas alá por onde pasa facendo caso omiso do sentido da lei e do orden. Revisando cronolóxicamente a traxectoria desta arte dende os seus comezos ata estos días vacuos de héroes xusticeiros atopándonos, acto seguido ao declive de Steven Seagal, o auxe dunha nova figura, desta vez a semente desta mortal arte con cuna oriental xermina na vella Europa, concretamente en Bélxica, terra de forte migración galega e que ve nacer a Jean-Claude Van Damme (Bruselas, 1960). Seica  experto en Shotokan Karate, Taekwondo e Muay Thai, artes de loita das cales se acaba convertendo nun auténtico mestre e campión mundial.
Blanco Humano, cume absoluto do cine disparatado
Blanco Humano, cume absoluto do cine disparatado
Apartir de mediados dos 80 comeza a súa aventura cinematográfica facendo papeis secundarios. Aínda hoxe me acordo de alquilar no mítico e pretérito “Videoclub O´Areal” (a miña auténtica cuna cinéfila) Rendirse nunca, retroceder jamás (1985), filme cun título tan enerxético como disparatado era o seu argumento e onde Van Damme exercía de malvado loitador soviético. Este filme poderíamos consideralo como o punto de partida da carreira de Van Damme. O seu despegue definitivo prodúcese a finais dos anos 80, cun título futurista, Cyborg (1989), mestura entre o peor Mad Max e o máis cativo Terminator, que acaba converténdose nunha cabizbaixa e sonrroxante carcajada continua. Pero será con Kickboxer (1989) cando o “belga d`or” alcance por fin o seu soñado firmamento tundo-cinematográfico, cunha trama de superación persoal (que raro…) na que o noso heroe fai de sparring e manager do seu irmán campión mundial de Kickboxing. Este decide ir a loitar a Thailandia (solo a el se lle ocurre…) para defender o seu título mundial ante o ídolo local (un thailandés que entrena pegándolle patadas a unha columna de formigón…). O conto será que o irmán  e campión mundial vainas levar como os panchos durante todo o combate, quedando parapléxico ca patada final co correspondente ¡¡¡NNNOOOO!!! por parte de Van Damme a cámara lenta nun primeirísimo plano de dolor fraternal, un clásico neste tipo de filmes onde a vinganza é o auténtico fío conductor argumental. Nin que decir ten que Van Damme axustará contas nun combate a morte con puños impregnados de cristais en vez dos clásicos guantes de toda a vida…para miña idea que nin ó prepotente Muhammad Ali dos seus mellores tempos se lle ocurriría asomar a cabeza por Thailandia despois de ver o filme, por si acaso…
Comezando os anos 90 Van Damme continúa consolidando a súa carreira e mailo seu peto cunha serie de filmes a cada cal peor…ou mellor, según se vexa, porque eu moito falo pero ben que os vexo todos… Será cun título en concreto cando os humildes redactores desta web queden perplexos por tal fruallo visual e argumental. Este filme podería recibir o galardón de Mellor Obra Tundista do movemento artístico iniciado coas películas de Bruce Lee. Colle unha cocteleira, bótalle un Charles Bronson, añádelle un Steven Seagal, embórcalle dentro a Van Damme, axita ben a maraca e quedará perfectamente preparado este letal “Cocktail Molotov” chamado Blanco Humano (1993). Palabras maiores do arte Tundista ou Tunderil e onde noso heroe luce melena rizada ó vento (sin perrera), pendiente de aro na orella esquerda, gabardina negra (con hombreras) remangada e ata os pes e calzado con botíns negros, perfectos para propinar puntapés faciais. Riesgo Budreaux, ese é o seu nome, tan letal como é o seu aspecto, un auténtico e mortal “outlaw” Don Juan, que ca misma rompe corazóns que escacha cacholas, ante a pregunta de ¿Por qué el nombre de Riesgo? Este espeta un ”Bueno…es que mi madre corrió uno al tenerme”…(como podedes comprobar tampouco hai quen o joda), perdón pola vulgar expresión. O inicio do filme xa nos da a entender por onde van a ir os tiros, (nunca mellor dito), durante toda a película…o conto será que dous descerebrados cazadores humanos, supostamente vidos de Europa e interpretados polos actores agora reverenciados pola redacción Lance Henriksen (o androide Bishop en “Aliens”) e Arnold Vosloo (o malvado da 1ª entrega de “La Momia”) deciden montarlle unha empresa familiar de…¡¡¡CACERÍA HUMANA!!!, tal proxecto de inversión é financiado por multimillonarios aburridos xa de todo nesta vida e ávidos de experimentar novas sensacións. Os empregados de tan lucrativo negocio alcanzarán uns cremosos honorarios consistentes nun par de tiros pola espalda, a queimarroupa e sen avisar. A misión dos multimillonarios non será outra que a de liquidar a sangue fría a vagabundos que nada teñen que perder (en Hollywood xa non se respeta nada nin ninguén). Tampouco podían faltar os cans de caza, aquí representados por motoristas embutidos en coiro negro, cunha manopla no manillar e coa outra enfundando unha metralleta “Uzi” para espantar, aínda máis se cabe, as pobres e atemorizadas presas humanas. O negocio parece que empeza a fructificar no lugar onde se desenvolve a acción do filme, a sureña Nova Orleáns…ata que aparece en escea o mariño reconvertido a cazarrecompensas Riesgo, máis chulo aínda ca Sonny Crockett, será contratado por unha moza que anda na procura do seu pai, asasinado a mans dos devanditos desfeitos. O filme ten unha primeira media hora con auténtico tono de thriller policíaco pero tendo como punto de inflexión a mítica e lamentable morte de Randall o momento cume no que xa se monte o disparate total.
John Woo e Van Damme teorizando sobre o método interpretativo Stanislavski
John Woo e Van Damme teorizando sobre o método interpretativo Stanislavski
Comeza entón unha sucesión de mandobles, patadas, puñaladas, tiros, explosións pirotécnicas e persecucións en todo tipo de vehículos (coches, furgonetas, motos, helicópteros e ata a cabalo). Todo elo aderezado coa desmesurada camara lenta proposta por John Woo (cineasta chino mestre nestas labores trileras). Seguramente o filme non pasaría da media hora se non contase con este truco visual que intenta facer aquí da violencia un arte (un arte siiii…pero tunderil). A miña escea favorita é aquela na que Riesgo se sube de pé nunha moto a toda (si, oístedes ben) e dando este unha voltereta cara diante polo aire mentras a moto choca impactantemente de frente contra unha furgoneta, cae no chan de cuclillas e despois de descargar a súa arma automática contra os ocupantes do vehículo, este volatilizase literalmente en mil cachos nunha espectacular explosión mentras Riesgo lle solta a cámara lenta un ¿orgulloso de si mesmo?...Siiiiii!!!. Riesgo maila moza escaparán entre os pantanos da mítica cidade a beira do río Mississippi ante a desesperación dos dous tiranos que os perseguirán ata os confíns do mundo ó converterse xa todo este fruallo en “Algo Personal”, así o entendemos cando Henriksen sóltalle a Vosloo un temible “Parece que después de todo gozaremos aquí de una última cacería Vic” e asentíndolle este último cun malévolo levantar de cellas.
A nosa redactora Lucía entrevistando a Bandan
A nosa redactora Lucía entrevistando a Bandan
Atravesando a perigosa ciénaga chegan ata un descampado onde se atopa a casa do tío de Riesgo, o xa mítico e entrañable tío Dubeu (Wilford Brimley), actor  recordado sobre todo en “La Cosa” de John Carpenter. Tras armarse ata os dentes, Riesgo desaparece coa moza a cabalo entre os pantanos, mentres tanto os malos chegan a casa do tío Dubeu, pero este teralles reservada unha grata sorpresa mentres estos lle desfán a súa curradiña cabaña buscando por Riesgo, soltando a súa xa mitica frase lapidaria en francés barriobajero do sur de Loussiana, “MONDIFUNPUNTAAÁ” (“el que hierro mata, a hierro muere”, ao parecer…) e lanzando o mesmo tempo unha mortal frecha co seu vello arco contra uns botes cheos de explosivo líquido fai que todo o descampado salte polos aires e leve por diante a gran parte dos viláns. Dubeu fuxirá, tamén a cabalo e arco en mán ata unha fábrica abandonada para tenderlle unha última emboscada os cada vez máis diezmados cazadores rachados. Nese escenario montarase unha verdadeira desfeita total ata que por fin noso heroe, sudoroso, ferido e xa en camiseta de manga sisa,  apretando os tallados músculos do seu remo de estribor, (para deleite do público femenino máis esixente), comeza a pelexa final contra os dous antagonistas do filme, levando estes unha auténtica malleira (das de antes).Un deles acabará bailando Break Dance (expresión patentada polo noso gran e tamén disparatado colega Luis de Quecha cando un tipo é tiroteado a máis non poder e non da caído ó chan, palabras textuais) feito un colador polos disparos a queimarroupa que lle propina Riesgo e o outro saltará polos aires coa explosión dunha granada de man metida na entreperna non sin antes Riesgo espetarlle a última frase “Los pobres también nos aburrimos”. Bico final e o tío Dubeu dicindo chorradas mentras desaparecen en plano fixo e largo, triunfadores, deixando tras de sí unha ristra de cadáveres mallados. En fin, rematas a película temblando, recomendo dende aquí uns cubatiñas para amenizar a romántica velada.
Van Damme nunca será recordado polo seu talento interpretativo pero aquelas sesións pre-movida xamáis serán olvidadas polos redactores desta humilde páxina web, verdade Tío Mark ¿ti que dis?... ¿e vostedes que din?...JA,JA!!!
Poñemos o punto e final aquí a nosa “Triloxía da Tunda” co filme máis flipado da historia do cine e recordade o que vos dixen sobre o “efecto traca do Carmen” que neste espectáculo sensorial alcanza o seu máximo resplandor e co cal, supoño que máis de un quedaría cunha cegueira permanente ata o fin dos tempos.
 

Comentarios   

hombre lobo
0 # SALUDOS LOIS...hombre lobo 24/11/2008 19:15
...A MAGDALENA GUSTABALLE MOITO VAN DAMME..XA SAVES..O CU OS MUSCULOS ESAS COUSAS DE MULLERES..A MIN PERSONALMENTE AS PELICULAS DE UN CONTRA TODOS XA FAI TEMPO QUE NON ME CHAMAN ,PREFIRO O CINE DE TERROR,CACHONDE O,FOLLETEO..ETC ..VEMONOS MEU..
Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # lucia018 24/11/2008 19:47
Pos pa Gustos pintan os colores!
Cada un ten os seus gustos e amin encantame as suas peliculas!
E mas Van Damme Era Moi wapo!
Aora xa nada jejej que e moi vello!

Pero sige Arrasando!!


Saludiños!!
Denunciar ante o administrador
zhúkov
0 # zhúkov 25/11/2008 00:28
Efectivamente, como di Luis, nn sei pero esta película debimos vela como 50 veces naquelas épocas en que salíamos os dous xuntos (unha das tantas e míticas duplas) os jueves pola Coruña, recién licenciado eu en Dereito, siempre ca miña botelliña de Stolíchnaya, o vodka ruso por excelencia e que bebía eu por aquel entón, aquela pota para o hielo, os artistas invitados que se deixaban caer por aquel destartalado piso para acompañarnos nas nosas desventuras amatorias: Mario de Quintáns ("El Brad Pitt de las Cheas"), Dodro, etcc...Pois si señor, aínda que parezca mentira, eu siempre considerei Blanco Humano unha obra maestra, si ben que do cine de humor...Parte importante da miña vida ,si.
Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 25/11/2008 13:18
Pois eu a Van Damme flipeino moito, pero cando mo tomaba en serio...precisa mente descubrino no Kickboxer, eu era rapaciño e quería ser coma Van Damme, mesmo me entrenaba cos colegas nas artes marcias máis cutres que un pode imaxinar, con pesas feitas a base de botellas de coca cola cheas de terra unidas por un pao de madeira, balóns de futbol colgadas dunha corda, e nunchacos con cadeas...Tamén, por suposto, un arsenal de esrellas ninja...bufff, que tempiños de flipados...se ben o meu bautizo neste xénero non veu co belga, senon coa mítica "El Guerrero Americano" do gran Michael Dudikov, o certo é que foi Van Damme o meu preferido nos mamporros (Stallone e Swarchenneger, ou como demo se escriba, xogaban noutra liga).

Tamén eu alquilei Retroceder nunca rendirse jamás, despois de ver Kickboxer, e partir de ahí, comencei (con dous colegas máis, un deles verdadeiro fan de Van Damme)un auténtico periplo polas míticas pelis que marcarona a miña entrada na adolescencia
"El Luchador", "Ágila Negra" "Sin Escape, ganar o morir" "Libertad para morir" "Doble impacto", e por último,"Soldado Universal" (a miña preferida)...

A partir de ahí, comecei a apreciar o mero e o xamón ibérico regado cun bo albariño, e dediqueime o cinema de verdade...pero ninguén me pode quitar eses anos a carón de Van Damme e as súas patadas...en todo caso...de vez en cando, nas noites de lua chea, volvo por máis...

Noraboa Luis...pero non cerres cunha triloxía oh, xa sabes que o final...e inevitable caer na tentación dunha cuarta parte...

PD: Acábome de lembrar doutra mítica peli da infancia..."El ring de fuego", a maior gloria do "gran" Don The Dragon Wilson (sc) jaja.
Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 26/11/2008 17:36
pos eu que von desir, que as pelis de acción non me justan muito pero teño visto muitas e de van damme unhas cuantas, hasta o próximo pase Luis.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.