4.4545454545455 1 1 1 1 1 Rating 4.45 (33 Votes)
O actor Kurt Russell e a película Halloween, dúas claves da obra do director de terror John Carpenter
O actor Kurt Russell e a película Halloween, dúas claves da obra do director de terror John Carpenter

O lado máis oscuro do 7º arte

A sección de cine pioneira da Costa da Morte xira o seu obxectivo cara o cine de terror, analizando a obra dun dos maiores clásicos do mesmo: o gran director estadounidense (de donde si no) John Carpenter. Autor de obras lexendarias deste xénero cinematográfico como Halloween, La Cosa, Golpe en la pequeña China, 1997 Rescate en Nueva York, contou en gran parte delas co gran Kurt Russell, actor inxustamente infravalorado,  sen dúbidas un dos preferidos desta redacción. Pulsa na imaxe para ler o novo artigo do maior experto en cine desta Franxa Atlántica: Luis Esteiro Ramos, un dos grandes artífices da consecución do récord do 1.500.000 de visitas de camarinas.eu.

O director John Carpenter xunto ao gran actor James Woods durante a rodaxe de Vampiros
O director John Carpenter xunto ao gran actor James Woods durante a rodaxe de Vampiros
Se hai un xénero cinematográfico que marcou o meu punto de partida no mundo do cine ese non foi outro que o así chamado “Cine de Terror”. Aínda hoxe recordo con certa nostalxia aquelas entrañables sesións matutinas de cine de terror xunto ós meus amigos da infancia. Hai que matizar que a nosa primeira experiencia cinematográfica propia foi coa destartalada obra de “serie Z” Psycho Brothers (1993), un filme rodado en Lingunde, sen presuposto, acompañado cunha banda sonora formada polo “Black Album” de Metallica e un recopilatorio de Aerosmith e con actores que o mesmo facíamos de víctimas que de asasinos e o mesmo collíamos a cámara o lombo que aplicábamos o método Estanislao, consistente en quedar trabado no medio das frases e no peor dos casos ainda por riba quedando colorados mirando en pleno para a cámara como actores ben cativos. ¡Vaia épocas aquelas e que pouco sentidiño había! … bueno… aínda hoxe … para que nos vamos a engañar.
Pero vamos a poñernos un pouco máis serios e comezamos esta homenaxe a todo ese grupo reducido de oscuros cinéfilos forxados sobre todo nos filmes en VHS ou no ciclo de terror “Alucine”, espacio emitido os venres de madrugada polo canal público a principios dos anos 90. Non tivo moito éxito pero amosounos as fobias e medos ocultos que todos levamos dentro e que por desgracia non todos os directores de cine son capaces de reflexar na gran pantalla. Hoxe en día as películas de terror son estúpidas e repetitivas e poucos son os directores que se adentran neste tipo de cine demasiado sobreexplotado, a excepción de grandes autores como M. Night Shyamalan, David Fincher ou Tim Burton, anque estos encamiñan as súas obras, máis ben, cara o cine fantástico ou de suspense. Lonxanas quedan xa obras da categoría de La Noche de los Muertos Vivientes (1968) de George A. Romero, La Matanza de Texas (1974) de Tobe Hooper, quizáis o filme máis desquiciante da historia do cine, ou obras mestras do “Terror psicolóxico” como Repulsión (1965) e La Semilla del Diablo (1968) do grandísimo Roman Polanski ou Al Final de la Escalera (1979) de Peter Medak, dentro máis ben do “Terror Fantástico”. Eso sen adentrarnos no “Cine Gore” onde, o agora “light” Peter Jackson, foi un auténtico mestre.
Un clásico do cine de terror: Halloween
Un clásico do cine de terror: Halloween
Alfred Hitchcock, “ o mago do suspense”, foi sen dúbida o pioneiro do cine de terror. Pero este xénero foi entendido por el dende unha perspectiva sublime, tremendamente artística, dándolle a morte un sentido plástico e lírico, ahí quedarán como cumes inalcanzables para o resto de mortais cineastas Psicosis (1960) e Los Pájaros (1963). O director norteamericano Roger Corman, recolle o testigo deixado por Hitchcock e dalle un toque “Serie B” a numerosos filmes de terror na década dos 60 e 70.
Pero será John Carpenter (Carthage, New York, EEUU, 1948) o que marque toda unha época dentro do cine de terror. Director, guionista, productor e músico das súas propias películas, todas elas con selo propio de autor, facturadas sempre con cuño “Serie B”. Un alma errante e independente dentro do Hollywood máis glamouroso que representa o espíritu libre dalgúns directores da súa xeración como Tobe Hooper, Darío Argento, George A. Romero ou Joe Dante. Admirador de Alfred Hitchcock e Howard Hawks, cunha vocación para o cine prematura (con 15 anos xa contaba coa súa propia productora), comeza unha prometedora carreira que ten como punto de partida unha curtametraxe gañadora dun Óscar La Resurrección de Bronco Billy (1970). O seu primeiro largometraxe é Dark Star (1974), ó que seguirá xa un título de renome dentro do cine de acción dos anos 70, Asalto a la Comisaría del Distrito 13 (1976), nun filme de tono claustrofóbico, imitando as atmósferas do cine do seu admirado Howard Hawks, no que se podería comparar a un remake urbano do seu sublime western Río Bravo (1958). Pero o auténtico selo John Carpenter atopámolo no seu seguinte filme La Noche de Halloween (1978), existe un antes e un despois tras este filme de “Terror Teen” ( filmes de adolescentes normalmente asediados por un asasino psicópata e que son masacrados xeralmente un por un ata que o asasino morre a mans do/a protagonista ). Esta suele ser a tónica estructural empregada por directores oportunistas que pretenden crear un terror fácil pero que a min nada me din. O filme de Carpenter amósanos polo contrario o perfil psicolóxico do asasino, Michael Myers, un enfermo psiquiátrico internado tras matar a súa propia irmá e que sendo xa adolescente escapa do centro onde foi recluído, a súa pista será seguida polo Dr. Loomis (Donald Pleasence) ata un pequeno pobo que prepara a festividade da noite de Halloween. John Carpenter da unha auténtica lección de cómo recrear unha atmósfera terrorífica a base de intelixentísimos sustos e angustioso suspense representado nun tenebroso escenario nocturno e contando cunha desasosegante banda sonora composta por el mesmo, todo un clásico, en canto o reparto tamén podemos atoparnos cunha novel Jamie Lee Curtis, filla dos actores Tony Curtis e Janet Leigh, curiosamente esta última foi a actriz que interpretou a mítica Marion Crane acoitelada na ducha en “Psicosis”, ¿casualidade?
O actor Kurt Russell, un dos preferidos desta redacción
O actor Kurt Russell, un dos preferidos desta redacción
O filme de Carpenter gozaría de innumerables secuelas infumables. Dous anos despois volve envolvernos noutra inquietante e tenebrosa atmósfera con La Niebla (1980). Ambientado nun pequeno pobo costeiro no que cada noite se adentra un pouco máis unha misteriosa néboa provinte da inmensidade do océano. Con este simple argumento Carpenter conforma un filme que chega a poñer os pelos de punta, nun gran e sólido homenaxe a “Los Pájaros” de Alfred Hitchcock. Continúa cun notable título futurista 1997, Rescate en Nueva York (1981) interpretado polo mítico actor de “Serie B” Kurt Russell, que se convirte a partir dese momento no seu auténtico actor fetiche. John Carpenter tocará teito no seu seguinte filme La Cosa (1982), unha gran obra mestra deudora do Alien (1979) de Ridley Scott. A acción céntrase nunha base de investigación norteamericana enclavada nun remoto lugar do xeado continente antártico, cando un misterioso can aparece na base perseguido frenéticamente por un helicóptero con bandeira de Noruega. Desátase unha trama terrorífica con alieníxena de por medio e aderezada coa espeluznante banda sonora composta por Ennio Morricone, sen dúbida un dos máis grandes compositores da historia do cine. O filme contén unha atmósfera claustrofóbica insuperable e posúe unha escea en concreto que a min aínda hoxe me pon os pelos de punta, a do análisis de sangue que Kurt Russell obriga a someterse ós poucos superviventes que quedan contra o final do filme.
1997, Rescate en New York
1997, Rescate en New York
En pleno esplendor creativo volve a sorprendernos con outro filme de terror fantástico Christine (1983), onde un coche adquire vida propia e endemoniza o seu dono. Ante este disparatado argumento, Carpenter volve conformar unha notable película e saca petróleo onde case ningún director sería capaz de facelo. Pásase a comedia na xenial Golpe en la Pequeña China (1986), un auténtico disparate en tono fantástico, parodiando as películas de loita orientais cun divertidísimo Kurt Russell na pel do rudo camioneiro protagonista. Volve retomar o formato “Serie B” total noutro estrano pero notable filme de vampiros El Príncipe de las Tinieblas (1987) de novo co mítico Donald Pleasance a cabeza do reparto. Facendo un breve paréntesis atopámonos cun excelente remake de El Pueblo de los Malditos (1995) onde John Carpenter amosa todo o seu repertorio terrorífico á hora de inquietar o público cunha trama fantástica onde unha serie de rapaces albinos nados no mesmo momento nunha pequena poboación e dotados de estranos poderes de manipulación mental conseguen apoderarse do pobo sen que ningún dos habitantes poida facer nada o respecto, a excepción do mestre do colexio, personaxe interpretado polo desaparecido actor Christopher Reeve (o mítico Superman). No mesmo ano completa un filme con tono surrealista con En la Boca del Miedo (1995), quizais a súa obra máis persoal e estrana. Volverá a parodiar o cine de vampiros pero desta vez ambientados nun escenario neo-western coa tamén disparatada Vampiros (1998). Unha grave enfermidade impediralle desenvolver todo o seu talento en anos posteriores e agora mesmo con xa 60 anos encóntrase sumerxido nun proxecto con outros autores do cine de terror da súa xeración. Como sempre foi un alma inquieta esperámonos calquer tipo de filme pero seguro que orixinalidade e imaxinación non lle han de faltar, como sempre. Espero que pasárades unha terrorífica noite de Halloween e tuvérades coidado cos cubatas desa noite non fora a ser que vírades adentrarse de novo a néboa, sendo esta fume de tabaco.

Comentarios   

zhúkov
0 # zhúkov 11/11/2008 09:02
Bueno, nunca fun un fan do cine de terror, nin son un experto na obra de John Carpenter, é máis, nin siquera vin Halloween, pero La Cosa e Golpe en la pequeña China siempre serán para min dous clásicos, cada un no seu estilo, e co magnífico Kurt Russell como protagonista de ambas. Xa era hora de rendirlle unha pequena homenaxe a este gran actor. Polo demáis, sin ser un tipo xénero de cine que me guste, teño que decir que este artigo do Cástel é na miña humilde opinión un dos mellores que escribío na nosa web. Brillante análisis.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 11/11/2008 16:49
as primeiras películas que vin de terror foron no sine de rriba, a verdad que siempre me justaron o que pasa que nunca me fijo nos directores , vexoas e listo, todas que nombras ahí vinas todas e a do video tamén e sijenme justando.Da que rodástes en lingunde que e de esa película, non tendes un recuerdo pa enseñar?
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 11/11/2008 22:46
Xenial como de cote Luis, absolutamente maxistral reportaxe...e sinto moito nonj discrepar, porque eu sonche un espíritu de contradicción, e cando non se pode...dame rabia tio, dame rabia...

John Carpenter é un mestre absoluto, 1998 Rescate en los Ángeles, Golpe en la Pequeña China, En la boca del miedo, Vampiros, El pueblo de los malditos, Fantasmas de Marta...uff, todas maravillosas obras, todos wensterns que dí o propio Carpenter, confeso admirador do gran Howard Hawks.

Eu son fan do cine de terror, ata o punto de ser o único xénero cinematográfico no que admiro ata os bodrios máis auténticos...

O dito Luis, xa sabes que esta sección é das miñas favoritas da web (xunto coas historias de Rusia de Marcos, das que fai tempo que non aparecen por eiquí...), fas un gran traballo.

Pd: Christine...¡¡¡ non me justa nada!!!jaja
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 11/11/2008 22:57
jajaja, 1998 rescate en los ángeles!!! ¡¡¡que peli é esa!!¡¡¡fantasm as de Marta!!!! jaja...xa os ei oh, xa o sei...
Responder | Denunciar ante o administrador
perillan
0 # perillan 12/11/2008 11:40
Coma sempre unha lección maxistral de cine, como non podía ser de outra maneira para a páxina lider de Galicia. Estupendo Esteiro
Responder | Denunciar ante o administrador
patrib74
0 # patrib74 12/11/2008 22:27
Xenial coma sempre!
Ainda que teño que recoñecer que o xénero de terror non é santo da miña devoción,o motivo de esto é que son "unha cagada" teño que recoñecelo
De todas maneiras, algunha peli de terror si teño visto, e ainda teño recordos non moi gratos... "El Resplandor", peli que me fixo ter pesadelos cas duas xemeliñas durante moito tempo!, "El Exorcista"moi agradable de ver tamén jeje..ou "Misery"que de esta prefiro non falar... sólo recordarme de Kathy Bates danme escalofríos!
De Jhon Carpenter só tiven o gusto (ou o disgusto) de ver "La Cosa"a peli máis asquerosa (no sentido máis literal da palabra)que vin
De todos modos, a pesar de non ser amante de este xénero reitero que a reportaxe é excelente!
Responder | Denunciar ante o administrador