4.8333333333333 1 1 1 1 1 Rating 4.83 (54 Votes)
Robert De Niro e Martin Scosese, unha dupla diabólica no mundo do cine
Robert De Niro e Martin Scosese, unha dupla diabólica no mundo do cine

Un dos nosos xenios

Cando a un redactor, humilde e solitario, lle tocou facer o maquetado deste producto chamado DCCC elaborado polo noso redactor de cine Luis Esteiro Ramos e adicado a Martin Scorsese, encontrouse nun verdadeiro problema á hora de elexir as imaxes que habían de ilustrar á sección de cine pioneira da Costa da Morte. Todas elas eran válidas, todas traían gratos recordos, non se sabía cal elexir para repasar a carreira do posiblemente mellor director dos últimos trinta anos. Creador de obras maestras absolutas como  Malas Calles, Taxi Driver, Toro Salvaje ou Uno de los nuestros, e que nos últimos anos volvío polos seus viejos fueros con films como Gangs of New York, El Aviador ou Infiltrados. Un binomio máxico do mundo do cine analizado ao milímetro por un novo artigo do maior experto en cine desta Franxa Atlántica.

Martin Scorsese recollendo o seu máis que merecido Óscar á mellor película do ano 2007 por Infiltrados
Martin Scorsese recollendo o seu máis que merecido Óscar á mellor película do ano 2007 por Infiltrados
 
Supoño que seguir coa sección do DCCC a estas alturas é pouco menos que un suicidio de tempo porque todo o relacionado con mestres do arte cinematográfico xa está escrito e analizado polos máis grandes críticos da historia do cine. Hoxe en día co acceso a Internet é suficiente para documentarse sobre calquer tipo de información pero na redacción cremos que continuar cos artigos adicados o 7º arte sería algo digno de recordar no futuro como unha experiencia ensaística sobre a crítica de cine. Así que ata que o director da web me expulse con deshonor non sin antes tirarme polo aire cos papeis da mesa, seguirei tentando escribir de vez en cando algún artigo co que inauguraremos nunha 2ª etapa do DCCC na liña de artigos anteriores.
O director co que abrimos fogo nesta 2ª etapa é archiconocido por todo o público:  Martin Marcantonio Luciano Scorsese, director, productor e guionista newyorkino nado no barrio de Queens en 1942, ata que sendo un neno trasládase ca súa familia a outro mítico barrio da cidade, Little Italy. De orixe humildísima e educación católica, a idade moza comeza estudios para ser sacerdote que decide deixar apartados en pouco tempo para adicarse de cheo a súa gran pasión: o arte cinematográfico. Licenciado na escola de cine de New York en 1964, é sen dúbidas un dos meus autores favoritos, trátase dun dos directores máis completos porque domina todolos xéneros cinematográficos aínda que a súa verdadeira seña de identidade é o análisis exhaustivo da vida italoamericana nos barrios máis humildes da cidade financieira máis importante do mundo. Scorsese posúe un pulso narrativo insuperable, os seus filmes degústanse sen ter prácticamente noción do tempo, de ahí que teña sempre unha gran acollida entre o público. Ademáis nos seus filmes podemos atoparnos con sustanciosos diálogos, intensas interpretacións e virtuosos planos de cámara.
Taxi Driver, xenialidade absoluta de 1976
Taxi Driver, xenialidade absoluta de 1976

Seu primeiro título de renome é Boxcar Bertha (1972) un proxecto financiado polo mago do cine de serie B, Roger Corman. Se xa nese primeiro filme apuntaba maneiras no seu segundo xa toca teito, Malas Calles (1973), primeiro traballo co seu maior “Alter Ego” na gran pantalla, Robert De Niro, actor no 2º peldaño do meu podium interpretativo. De Niro déixanos un personaxe para a historia do cine co seu desquiciado “Johnny Boy”, tendo como compañeiro de reparto a outro grande coma Harvey Keitel. Ambos conforman o núcleo central desta obra mestra que reflexa perfectamente a vida nos barrios máis conflictivos da cidade de New York. Seu cume artístico chega cunha das películas imprescindibles do 7º arte Taxi Driver (1976), obra mestra absoluta que ten en Robert De Niro, encarnando o xa memorable Travis Bickle, a pedra angular do filme, conta ademáis cun guión insuperable de Paul Schrader é unha impresionante e efervescente banda sonora de Bernard Herrmann, o inolvidable compañeiro musical de Alfred Hitchcock, na que foi a súa última banda sonora para o mundo do cine. Todo o filme xira entorno ó seu desequilibrado personaxe, un veterano da guerra do Vietnam, marcado psicolóxicamente pola guerra que ante o insomnio que padece decide traballar como taxista no turno de noite, percorrendo as rúas da “Gran Manzana” e observando de paso tódalas súas miserias en forma de drogadicción, delincuencia ou prostitución. O filme recrea perfectamente como Travis Bickle vaise sumerxindo nunha paranoia irreversible que o conduce ata tendencias asasinas, nun primeiro momento querendo atentar contra a vida do candidato a alcaldía da cidade, quedándolle esta empresa demasiado grande, para máis adiante centrar todo o seu odio contra uns camellos que viven da venta de drogas e da prostitución de rapazas menores de idade. Bickle amparará a unha desas nenas baixo o seu regazo e entrando como un elefante nunha cacharrería no cuartel xeral destos dexenerados acabará con todos eles a tiro limpio, deixando para a historia do cine un memorable tiroteo que remata convertendo o demente Bickle nun auténtico héroe americano por obra e gracia da catarsis colectiva, como se Travis Bickle fixera todo pola nena cando en verdade facíao polo seu desequilibrado estado mental, en calquer caso o público poñémonos sempre do seu lado, compadecéndonos da súa irascible actitude. O filme deixa esceas para a historia do cine como a do entrenamento de Bickle contra o seu espello desenfundando todo o seu repertorio de armas, a hipnótica seducción por parte do camello interpretado por Harvey Keitel a nena interpretada por Jodie Foster coa sensual música de fondo de Barry White, ou a xa nomeada escea final.
Robert De Niro, Martin Scorsese e Harvey Keytel durante a rodaxe de Taxi Driver en 1976
Robert De Niro, Martin Scorsese e Harvey Keytel durante a rodaxe de Taxi Driver en 1976
Deixando atrás uns cantos bos filmes centrámonos de cheo noutra das súa grandes obras mestras: Toro Salvaje (1980). Considerada como un dos mellores filmes dos anos 80 (non penso levar a contraria…) narra a tormentosa vida do boxeador campión mundial dos pesos medios Jake LaMotta. Como este ascende meteóricamente ó estrelato debido o seu talento boxeador e como acto seguido descende ós infernos polo seu caótico estado mental. Robert De Niro gaña un merecidísimo Óscar a mellor interpretación principal masculina, cabe tamén suliñar a gran interpretación de Joe Pesci como sufrido irmán de tal besta humana. A partir de entón Scorsese decide demostrar á crítica que tamén sabe filmar comedia de gran altura como queda reflexado nas súas 2 obras posteriores El Rey de la Comedia (1983), cun de novo estelar Robert De Niro é con Griffin Dunne en Afterhours (1985), en español “Jo, Que Noche”, (menuda traducción máis idiota). Anos máis tarde decide revisar o clásico de Robert Rossen El Buscavidas (1961) nun gran filme secuela, El Color del Dinero (1986), título que recupera o mellor Paul Newman, gañador do Óscar á mellor interpretación principal masculina e que descubre a un novel actor, de nome Tom Cruise. Outro dos seus cumes artísticos chegará co filme Uno de los Nuestros (1990). O filme narra a historia de dous amigos que dende a infancia deciden que queren ser mafiosos, Henry (Ray Lyotta) e Tommy (Joe Pesci), cando ambos coñecen a un adolescente Jimmy (Robert De Niro) comezan unha ascensión dende simples recadeiros ata xa un nivel próximo a entrada na familia, pero o carácter irascible de Tommy arrastrará ós tres a unha inevitable caída en picado. O filme contén tódalas connotacións do mellor cine de Scorsese, poderoso ritmo narrativo, maxistrales interpretacións (Joe Pesci consegue o Óscar ó mellor actor secundario) e memorables esceas de inicio a fin do filme. En tres palabras, unha auténtica maravilla, posiblemente o mellor filme dos anos 90. Tan só un ano despois Scorsese revisa o clásico do cine de suspense “El Cabo del Terror” de J. Lee Thompson cun brilante remake, El Cabo del Miedo (1991), cunhas magníficas interpretacións de Nick Nolte, Jessica Lange e sobre todo, unha vez máis, de Robert De Niro deixando un dos asasinos mais terroríficos e macabros da historia do cine, Max Caddy.
Uno de los Nuestros, o mellor film dos 90
Uno de los Nuestros, o mellor film dos 90
Scorsese decide arriscar de novo con La Edad de la Inocencia (1993), filme romántico de época, outra das súas mellores obras, moi persoal e intimista, que analiza perfectamente as reaccións e o aprendizaxe dos seres humanos ante as relacións sentimentais, unha homenaxe ós filmes do seu admirado Luchino Visconti, protagonizada polo gran Daniel Day-Lewis, a fermosa e inigualable Michelle Pfeiffer e Wynona Rider, e que recrea a vida e costumes da alta burguesía newyorkina de finais do século XIX. Continuando na liña mafiosa filma outra grandísima obra: Casino (1995), nun filme onde brilan con luz propia Robert de Niro e Sharon Stone, onde o personaxe que interpreta esta última, unha auténtica manipuladora emocional, leva a ruina a un intelixentísimo e ordenado director xudeo de casino de Las Vegas, gracias ás súas hipnóticas artes de seducción. Por poñerlle un pero o filme, quizáis o personaxe de Joe Pesci recorde en demasía o interpretado por el mesmo en “Uno de los Nuestros”.
Na miña opinión a partir deste filme Martin Scorsese baixa o seu nivel artístico, excepto quizáis con El Aviador (2004), nunha excepcional interpretación de Leonardo Di Caprio, o seu novo actor fetiche que sustitúe a un Robert de Niro xa maior para papeis de xoven protagonista, na recreación da vida do visionario e paranoico inxenieiro aeronaútico norteamericano Howard Hughes. Scorsese segue ofrecendo boas películas pero que dende a miña humilde opinión lles faltan algo de sustancia cinematográfica, anque por suposto esta opinión é moi discutible como sucede en Gangs of New York (2002) ou sobre todo en canto á calidade do filme Infiltrados (2006) se refire, onde por fin gaña o Óscar á mellor dirección e co cal non acabamos de poñernos de acordo na redacción, así que queda pendente de debate para quen queira dar a súa opinión sobre o tema. De todas formas o que nunca se negará é que Martin Scorsese é un dos mellores directores que deu o cine en toda a súa dilatada historia. E se cadra aínda lle queda corda para rato.

Comentarios   

zhúkov
+1 # RE: Death Coast Cinema Club: Martin Scorsesezhúkov 15/10/2008 21:25
Bueno, o meu autor preferido sen dúbidas. Un xenio. Difícil para min elexir entre Malas Calles (un film prácticamente sin argumento que conta o deambular polas calles de New York de catro vagos), Taxi Driver (¿que von a decir de semellante obra maestra?), Toro Salvaje (na miña opinión o mellor film da historia do cine sobre un deporte, cume do séptimo arte o longo travelling de Jake La Motta saindo dos vestiarios, vaia homenaxe para o mundo do boxeo) e Uno de los Nuestros (aínda recordo o impacto tan brutal que me causou a 1º vez que a vin a principios dos 90; ter a sensación de ver unha forma de narrar nunca antes vista). Hai que decir que bueno, tamén ten algún pestiño que outro, cousas que non hai por onde collelas, pero nestes últimos anos volvío como nos seus mellores tempos. El Aviador, absolutamente xenial e sobre todo Infiltrados, na miña opinión a mellor película dos últimos 10 anos co mellor actor xoven que existe, Leonardo Di Caprio, tamén fantásticos Matt Damon, Mark Wahlberg e Alec Baldwin (siempre sobrio). Recordo cando a vin alí con Andretti nos cines do Puerto na Coruña, que xa saímos ca impresión de ver algo grandioso, ver a forma na que resolvío o asesinato do protagonista, a estas alturas da vida (con miles de películas na mochila) non creer o que acabas de ver (¡non, non pode ser!). O dito, un xenio.
Denunciar ante o administrador
XULIO
+1 # RE: Death Coast Cinema Club: Martin ScorseseXULIO 16/10/2008 14:07
¡En primeiro lugar,quero agradecer a Luis, polas suas completas,profe sionais e moi interesantes reportaxes de cine!,¡eres todo un fenomeno no mundillo do cine,debes ter,toda unha completa filmoteca na casa!.Pa min,Scorsese,fo i un dos mellores directores de cine de todolos tempos;nas suas peliculas, reflexa, todo un mundo de violencia,vicio e descontrol humano,todo isto moi real, e interpretado dignamente por un dos mellores actores ke coñecin en toda a miña vida,Robert de niro excelente actor, e moi ben elexido por Escorsese,para realizar este tipo de films!.Todas as suas obras me impresionaron,p ero entre elas,as miñas favoritas son:: TAXI DRIVE,INFILTRAD OS e O RESPLANDOR;¡est a ultima, marcou un pouco a miña infancia,pois as veces,mirarlle pa cara de algunhas persoas,recorda ba,escenas desta pelicula.¡Luis, esta e,unha das miñas seccions preferidas!¡ENH ORABOA!
Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # RE: Death Coast Cinema Club: Martin Scorsesemantida 16/10/2008 15:48
cantas películas habíamos perdido si este jran home se dedicara o mundo do sacerdocio, pero quen sabe, ijual a iglesia en estos momentos xa o tería nombrado Santo scorsese.
Denunciar ante o administrador
patrib74
+1 # RE: Death Coast Cinema Club: Martin Scorsesepatrib74 16/10/2008 16:36
Como siempre, esta sección non defrauda ca elección dos mellores personaxes (directores,act ores..) da historia do cine.
Por suposto estón dacordo que Martin Scorsese é un dos principales directores de tódolos tempos.
Da sua extensa obra,quédome con Infiltrados cun merecidísimo Óscar, El Cabo del Miedo (co mítico"avogado" con ese tono espeluznante na voz de Robert de Niro), e como muller romántica que son sorprendime moito "La Edad de la Inocencia", película que vin en repetidas ocasións.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.