Un dos últimos grandes da época dorada do Gran Hollywood foise nestes días
Un dos últimos grandes da época dorada do Gran Hollywood foise nestes días

A lenda dun auténtico indomable

Luis Esteiro Ramos, o redactor de cine de camarinas.eu, vese obrigado a romper os seus sagrados votos de silencio pola morte dun dos cineastas máis grandes da historia: Paul Newman, víctima dun cáncer de pulmón aos seus 83 anos. Home de familia, actor, productor e director de grandes filmes, empresario de éxito con salsas para comida (Newman's own), experimentado piloto de carreiras, vaise un home clave na vida de tódolos amantes do séptimo arte e por elo esta redacción quere rendirlle unha pequena e merecida homenaxe a través do maior experto en cine da Costa Atlántica. Va por usted, Maestro.

 

Setembro de 2008: morte dun dos últimos grandes mitos de Hollywood, Paul Newman
Setembro de 2008: morte dun dos últimos grandes mitos de Hollywood, Paul Newman
A redacción de camarinas.eu ó igual que tódolos amantes do cine estamos de loito ante a noticia do falecemento dun dos mellores actores de Hollywood en toda a súa dilatada historia. A verdade é que o seu talento interpretativo sempre se veu eclipsado polo seu privilexiado físico, o que levou a unha gran parte do público a infravalorar o seu traballo artístco. Non foi así no caso da crítica que sempre respaldou a súa carreira e maila súa persoa incluso nos seus mais difíciles momentos profesionais. Vaise un gran actor, cun poderoso rexistro dramático deixando tras de si papeis inolvidables para a historia do 7º arte. Vaise un galán, un icono de beleza masculina, modelo de home ideal para moitas mulleres de diferentes xeracións. Pero sobretodo vaise unha persoa comprometida coas causas sociais e humanitarias e un home sempre comprometido ca súa envexada esposa, a tamén actriz Joanne Woodward, ca que permaneceu casado durante máis de 50 anos.
Paul Leonard Newman (Shaker Heights, Ohio, EEUU, 1925), actor, director e productor norteamericano de orixe xudea. Durante a 2ª Guerra Mundial serve na Mariña estadounidense. En 1945 regresa a EEUU e gradúase en Ciencias Económicas. Comezará estudios de interpretación na universidade de Yale pasándose máis tarde á prestixiosa academia de arte dramático "Actor´s Studio", na que Lee Strasberg retoma o método interpretativo creado polo grandioso director teatral ruso Konstantín Stanislavski, en New York onde coincidirá con outras promesas do 7º arte que pronto se convertirán en estrelas da interpretación como James Dean, Steve McQueen, Montgomery Clift ou un tal Marlon Brando. Clásicos son os seus duelos de ego profesional con Marlon Brando ou Steve McQueen, tres “gallitos” na mesma academia. En 1953 debuta no teatro de Broadway. Tras varios papeis de extra ou secundario na TV norteamericana, debuta na gran pantalla con El Cáliz de Plata (1954), obra de Victor Saville e que é descrita por Newman como “a peor película da década”. A partir deste mediocre filme comeza unha meteórica e exitosa carreira profesional, deixando en Marcado por el Odio (1956) a súa tarxeta de presentación, obra do director Robert Wise, un biopic sobre a tormentosa vida do boxeador Rocky Graziano e na que Newman ofrece unha gran mostra de todo o seu poder dramático. Outra das súas memorables interpretacións atopámola en La Gata sobre el Tejado de Zinc (1958) traballando ás ordes dun grande da cámara, Richard Brooks, e o lado da gran beleza morena Elizabeth Taylor nunha adaptación da espléndida obra teatral de Tennessee Williams, un dos mais grandes dramaturgos da historia do cine, cunha memorable caracterización dun atormentado mozo sureño. Será nese mesmo ano cando Paul Newman se namore de Joanne Woodward durante a rodaxe de El Largo y Cálido Verano (1958), de Martin Ritt na adaptación doutra obra de Tennessee Williams na que ámbolos actores comparten cartel ó lado do gran Orson Welles.

Paul Newman en El Buscavidas de 1961
Paul Newman en El Buscavidas de 1961
Na miña humilde opinión Paul Newman toca teito cinematográfico con unha obra mestra absoluta, El Buscavidas (1961) dun director moi infravalorado, Robert Rossen, autor de títulos tan importantes como “El Político” ou “Lilith”. Este filme si que marcou a miña forma de entender o cine como un arte de aprendizaxe sobre a vida. Paul Newman encarna a Eddie Nelson, un xenial xogador de billar que percorre USA derrotando a cantos adversarios se lle poñen por diante, ata que nunha cidade se encontra con “el gordo de Minesotta” (Jackie Gleason), o campión mundial do popular xogo de mesa. Este daralle unha soberana malleira a Nelson sobre o tapete verde provocando unha forte baixada na autoestima de Nelson, inflada esta durante todas as súas anteriores victorias. Comeza entón unha caída en picado, lastrada ainda máis polo seu alcoholismo e co inicio dunha relación amorosa cunha rapaza problemática, Sarah (Pipper Laurie). Todo parece perdido ata que aparece en escea un crápula e poderoso corredor de apostas, interpretado polo magnífico actor George C. Scott. O filme fai un profundo análisis sobre o fracaso. Unha verdadera xoia do chamado “cine de perdedores”. Anos despois protagoniza Cuatro Confesiones (1964) de Martin Ritt, un correcto remake de “Rashomon”, unha das grandes obras do mestre xaponés Akira Kurosawa. Traballa tamén para meu admirado Alfred Hitchcock en Cortina Rasgada (1966), aínda que  se trata dunha obra menor do mago do suspense, ademáis o parecer saltaron chispas durante a rodaxe entre os egos profesionais de Hitchcock e Newman e non acabaron de entenderse, unha pena. Outra das súas míticas películas é La Leyenda del Indomable (1967) de Stuart Rosenberg, onde seguirá consolidando a súa esplendida carreira profesional. O filme conta coa clásica e divertida escea onde o personaxe de Newman engulle por unha aposta unha morea de ovos cocidos producíndolle un terrorífico empacho.

Posiblemente a súa película máis coñecida para o gran público sexa Dos Hombres y un Destino (1969) de George Roy Hill e onde comparte cartel co seu gran amigo e gran actor Robert Redford, deixando para a historia do cine dúas memorables interpretacións dos foraxidos Butch Cassidy (Paul Newman) e Sundance Kid (Robert Redford) e como estos dous son perseguidos dende USA ata Bolivia, lugar onde por fin se lles da caza. O filme conta con unha das químicas mais intensas do cine “road movie” entre seus dous personaxes protagonistas, unidos ambos por un inevitable e tráxico destino. O filme conta ademáis con brilantísimos diálogos e magníficas esceas de acción e aventuras e no cal tamén se inmortaliza a célebre canción “Raindrops keep falling on my head”, interpretada por B.J. Thomas. Tamén sobresaen na súa filmografía 2 filmes con outro dos máis grandes da cámara, John Huston, a espléndidae irónica El Juez de la Horca (1972) e El Hombre de McKintosh (1973). Tamén volve colaborar con Redford e G.R. Hill en El Golpe (1973) nun magnífico filme de guión practicamente perfecto onde interpretan a dous timadores sen moitos escrúpulos que se asocian para dar un espectacular golpe. Un filme moi orixinal e divertido, con gran química de novo entre ambos personaxes. Con George Roy Hill volverá a colaborar noutro divertido filme que ten como escenario o deporte do hockey sobre xeo, El Castañazo (1977). Pero en 1978 prodúcese o golpe máis duro na vida de Newman, o seu único fillo varón Scott morre por sobredosis de heroína sumerxíndo a Paul Newman nunha profunda depresión transmitida en fracasos na gran pantalla. Superado o bache emocional e artístico protagoniza un gran thriller policíaco Distrito Apache: El Bronx (1981) de Daniel Petrie, coa corrupción interna da policía como telón de fondo. Volve tocar teito cun grandísimo thriller Veredicto Final (1982), cunha das mellores interpretacións masculinas que eu recorde ver nunha película, onde Newman fai dun abogado fracasado que ten a ocasión de redimirse coa aparición dun novo e importante caso, o filme esta dirixido por outro gran mestre, Sidney Lumet.
A mítica escena de Dos hombres y un destino onde Robert Redford recoñece que non sabe nadar
A mítica escena de Dos hombres y un destino onde Robert Redford recoñece que non sabe nadar
Cumplidos os 60 comeza a dosificar os seus traballos. Será coa colaboración con outro grande (un máis) como Martin Scorsese, cando Paul Newman consega por fin un merecidísimo Óscar o mellor actor principal con El Color del Dinero (1986), secuela do filme de Robert Rossen “El Buscavidas”, nun gran filme do director italoamericano. Saltándonos no tempo mais dunha decada detémonos noutro gran filme, desta vez do mellor “cine negro” con Al Caer el Sol (1998) de Robert Benton, o lado de Susan Sarandon, Gene Hackman e James Gardner. Na miña opinión o seu último gran traballo é como actor secundario na notable obra de Sam Mendes Camino a la Perdición (2002), e na cal da vida a un mafioso irlandés que se vena obriga de elexir entre a morte de seu fillo natural (Daniel Craig) ou a de seu fillo adoptivo (Tom Hanks). Un intenso drama que conta tamén coa gran interpretación de Jude Law, encarnando magníficamente a un asasino a soldo. Agora, no ano 2008 quedámonos sen un dos máis emblemáticos actores norteamericanos por culpa dun terrible cáncer de pulmón. Estivo nominado ó Óscar 10 veces, un dos grandes actores conquistadores do soño americano que deixará para sempre inmortalizada a súa figura artística na memoria de todolos cinéfilos. Descanse en paz dende a remota e humilde pero non menos respetuosa redacción de camarinas.eu.
 

 

Comentarios   

xarito
0 # Muy bo homenaje a un dos mas grandesxarito 01/10/2008 21:02
Muy ben Luigi, un honrroso homenaje para un dos grandes entre os grandes. Moitos vamos a botar de menos o grandisimo Paul Newman ainda que seguiremos deleitandonos unha e outra vez con a gran filmografia que nos deixou. Xa era un mito mais ahora pasara a ser unha deidad do septimo arte. Descansa en Paz amigo.
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
0 # zhúkov 01/10/2008 21:10
Bueno, como xa escribín no Libro de visitas o día da súa morte, ca morte de Paul Newman vaise unha parte importante das nosas vidas, ¿mal actor?¿bo actor? Eso xa da igual nun home que trascendeu á categoría de mito vivinte enchendo ca súa sóa presencia a pantalla e dándolle unha vida propia a calquer película na que participara. Magnífico homenaxe desta humilde web a un home que nos acompañou ao longo das nosas vidas facendo cas súas grandes interpretacións que nos olvidáramos durante un anaco dos problems cotidianos. Request In Pace.
Responder | Denunciar ante o administrador
viceversa
0 # viceversa 01/10/2008 21:25
grande entre os grandes, non hai duda , pero pequeno de estatura din que media 1.64, joder como engañan as camaras.
Enorabuena Luis vese que de cine non che jana ninjen.
Responder | Denunciar ante o administrador
patrib74
0 # patrib74 01/10/2008 22:58
A verdade esperaba sin duda algunha que esta semana a reportaxe de cine iría dedicada a Paul Newman (meu 2ºamor platónico do 7ºarte, despois de Marlon Brando)e como sempre non me defraudou para nada.
Unha boa homenaxe para un actor maravilloso e inolvidable co que se pon fin a unha época.Síntoo, pero son unha nostálxica e admiradora do cine clásico.Hasta sempre Paul
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 01/10/2008 23:15
Non era eu un gran seguidor de Paul Newman (unha cariña moi de bo, xusto igoal que james stewart), pero manteño na memoria a escea empachándose de ovos cocidos en La Leyenda del Indomable...

Non era dos meus, pero era unha estrela absoluta do celuloide, e o seu último gran papel tamén foi para mín o de pai do novo James Bond en Camino a la Perdición.

Moi ben de reflexos Luis, unha reportaxe estupenda, noraboa!
Responder | Denunciar ante o administrador
xan das bolas
0 # xan das bolas 02/10/2008 13:38
Magnífico homenaje de despedida a uno de los mas grandes de Hollywood, cuantos buenos ratos con tus películas, siempre te recordaré a través de las mismas. Descansa en paz
Responder | Denunciar ante o administrador