4.7936507936508 1 1 1 1 1 Rating 4.79 (63 Votes)
A Función Pública española tembla ante as revelacións de Juan Camariñán que neste novo volumen da aposta estrela da Sección de Cultura de Camarinas.eu, adéntrase no intrincado, oscuro e nunca moi ben explicado universo da carreira funcionarial a través do relato das peripecias xurídicas dun olvidado Secretario de Ayuntamiento, o cal exercía as súas abnegadas e desinteresadas labores nunha olvidada poboación costeira de provincias, tal vez (¿quén sabe?) non moi lonxe da nosa vila mariñeira de Camariñas. Camarinas.eu presenta ao gran público da Costa da Morte outra cápsula milimétrica de sabiduría narrativa do escritor que nos ensinou a falar sin complexos na nosa fala milenaria elevándo ésta á categoría de lingua literaria.

Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. VIII - O Señor Fervás

Quero dedicar este pequeno relato verídico como todos os que escribo, ao meu amigo Marcos e a todos seus compañeiros de traballo, que día tras día nos aguantan con paciencia … paciencia que en outros lados tanto escasea, pa todos un saludo.

A política e unha cousa indispensable, alguén ter que ordenar o desorden que probocan os que non saben ordenar, dos políticos e funcionarios dos pequenos ayuntamientos podíanse sacar anécdotas para escribir uns 6000 capítulos de Cámara café, pero eu non quero sacar leña de estes políticos e funcionarios de ahora. A min jústanme más os de antaño, os que nasían para eso, daqueles que tiñan 6 anos e os veciños cando os vían xojar pola calle xa decían…este cabrón vai pa político, eses si que mandaban e ordenaban, eses si que esprimían a o que se poñía por diante, eses si que se compraban con cousas sencillas…medio porco…un jalo da casa…uns persebiños…catro nécoras…tres dusias de obos, producto casero, autóctono, boa calidad. Os Políticos e funcionarios de ahora cómpranse con votos, inda que teñas 23 jalos, un porco e desauito kilos de nécoras vas a ventanilla única do concello, póñeslles encima do mostrador todo parné que traes da casa, incluso os jalos pelados e os percebes escollidos, plántasllos diante dos ollos do personal de turno pa pedir un favor e danche unha corrida como un mundo, de patitas en la rúe. En cambio vas cos catro abuelos e tres fillos en edad de votar, a paisana, e o tía solteira que tes empadronada desde non sei que ano na casa … e tan pronto entras no concello con semejante cuadrilla non saben donde poñerche.

En outros tempos, o de pedir favores, o “yo ordeno yo mando y yo dirijo” era outra cousa, máis casera, máis de pillería, máis nosa, e sempre dentro da lejalidad vijente, xusto como facía naqueles tempos un secretario dun ayuntamiento de non recordo que sitio ao que lle chamaban o Señor Fervás.

Correría o ano sesenta e un pico, daquela Fervás manejaba un ayuntamiento cercano a este noso pueblo, como si fora súa propia casa, yo digo, ordeno y mando, e o clásico paisano, en este caso Alfonso da Revolta, cando tiña que pedir aljo fora do típico papeleo, como todos, pa curarse en salud acercábase as tantas da nuite con sigilo e sin ser visto e como non acompañado dun suculento ágape como presente pola casa do susodicho Fervás, un mangante de guante blanco (dícese de mangante a aquel que abusando de su condición, desnuda de sus pertenencias a cualquier paisano que se le acerca, sin importarle el hambre o necesidad que le acompaña). Entonces petaba na porta mirando de reollo pa todos lados, non vaia ser que o vira aljén, e de repente xa esperando como sigiloso ave rapaz abría a porta o noso queridísimo Fervás:

ALFONSO - Boas nuites.

FERVÁS - ¿Qué traes?

ALFONSO - Uns jaliños que me sobraron da casa (o único que sobraba na casa era quen os comera, pero bueno).

FERVÁS - Trae, toma Mariquiña (a criada) vainos pelando, e ¿qué mas?

ALFONSO - Nada viña pa que me deixara faser un balcón na casa pa coljar a roupa, que ahora xa somos oito co fillo que me nacío, e a muller non ten donde secar tanta roupa.

FERVÁS - ¿Un balcón? Pero a túa calle é mui estreita, vai protestar teu vesiño Pepe do trasto.

ALFONSO - Xa sei por eso veño a xunta usted si me podía dar permiso.

FERVÁS - Bueno…bueno … mira bon miralo e consultalo, ben o viernes as oito a ver que podo faser.

(O de volver dous días despós non era pa janar tempo, nin pa pensalo, nin tansiquera pa falalo nin nada polo estilo, tan solo era pa que o próximo día lle truxera outro rejaliño).

Esto pasou o miércoles, o jueves pola nuite o veciño do noso paisano, Pepe do trasto, contra a nuitiña e a hora da cena, que e cando menos playada hai polas calles, está a petar na porta de Fervás con dúas jaliñas poñedoras coljadas da man:

PEPE - Boas nuites.

FERVÁS - ¿Qué traes?

PEPE - Unhas jaliñiñas que me dou a muller pa usted.

FERVÁS - Trae toma Mariquiña, vainas pelando, e ¿qué mas?

PEPE - Nada viña porque oín que lle dera permiso a Alfonso da Revolta pa faser un balcón na sua casa.

FERVÁS - ¿E que pasa?

PEPE - Mire señor eu vivo diante del, pola parte de diante, e a calle é mui estreita e si lle deixa faser un balcón casi vai petar ca miña ventana, e eso devería de estar prohibido coño...¿usted non podería faser aljo pa que non lle deixen faser o balcón?

FERVÁS - Bueno home bueno, mira bon miralo e consultalo, ves o viernes as nove pa ver que podo faser.

O viernes as oito en punto estaba Alfonso da Revolta con tres kilos de nécoras e un sentolo femia juevado, e petando na porta do señor Fervás:

FERVÁS - Boas nuites … ¿que traes?

ALFONSO – Nada, un marisquito ¿mirou polo meu?

FERVÁS - Ben home pasa - díxolle mentras fumaba un puro, cunha man por encima do hombro acompañouno e sentáronse na cociña, Mariquiña collío o marisco, por orden do señor servío dúas copas de anís del mono, e a continuación prosejío Fervás - Mira Alfonsiño a cousa estache jodida, onte estubo teu veciño Pepe pa que non che dera permiso pois a calle é mui estreita, e di que lle vas faser sombra na súa casa, e en parte ten aljo de razón.

ALFONSO - Eu xa sei oh, pero non vai ser o que dija ese hijo de puta, mire si mo deixa faser non lle a de faltar todas semanas un peixiño fresquito.

FERVÁS - Xa sen home, xa sen...mira eu bon deixarcho faser, pero con unha condición…

ALFONSO - Díjame … díjame o que queira

FERVÁS - Si aljún día teu veciño fai aljuha obra na casa, ti no me veñas a protestar nin pedirme nada eh, e do que aquí se dija ni ton.

ALFONSO - Vale señor vale, prométollo por miña naíña que está no cementerio, que non direi nada. Dios llo paje señor Fervás.

FERVÁS - Bueno veña, vai con Dios, e o peixiño que non sea preto eh, que sea jrandiño eh.

Alá marchou Alfonso más contento que unhas castañuelas pa casa, e non por poder faser o balcón, si non por janarlle a disputa ao veciño. Pero cando andava cara casa polo malecón vío a Pepe do trasto ir cara casa de Fervás con unha bolsa de rede na man, e como non decidío ir axexalo a ver que lle decía ao Señor Fervás, esperou a que entrara, vío como lle dou a bolsa de rede chea de marisco, e despós arrimouse á ventana a ver que falaban:

FERVÁS - Mira Pepe estuben mirando o asunto e Alfonso ten dereito a faser o balcón.

PEPE - ¡Que di oh! Mire si non lle deixa faser o balcón non lle faltara uns quiliños de marisco todas as semanas.

FERVÁS - Xa sei home xa sei, pero eu non podo faser nada, a ley é a ley… pero mira pa jodelo vamos faser unha cousa, el vaiche faser o balcón e inda que ti despós de ter el feito o del non podas faser nada na túa fachada, eu vonche dar permiso pa faser outro balcón más grande que o del, e así jodémolo ben jodido.

PEPE - Ten rasón Don Fervás bon faser un balcón o doble que o del e asi fájoo tolear, jrasias Señor jrasias, é un artista e o carallo, non hai como estudiar.

FERVÁS - Nada home nada, vai con Dios…ah o marisquito si pode ser jrandiño oh, que un xa non ten dentadura.

PEPE - Non se preocupe.

Así marchou Pepe todo contento pa súa casa a contarlle a muller que consejira un permiso pa faser un balcón más grande que o do veciño (que por outra parte non tiña pensado faser) tan solo a cambio de un marisquito todas as semanas. Alfonso prometío ver e calar, e, como non, dar un peixiño semana tras semana a Fervás, e o Fervás jarantisou un peixiño e un marisquito unha vez por semana. Xa decía meu pai estudia oh estudia.

Eran outros mundos, outra xente, outras formas de quedar ben con todos, outra forma de faser o difícil ... fácil.

 

 

Comentarios   

estudiante
+2 # \"O MAXIMO\"estudiante 30/09/2008 21:00
Eres o máximo e o carallo, a ti si que non hai quen che joda, nin con estudios nin sin estudios. Eperamos polo próximo. Animo chaval.
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
+2 # RE: Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. VIIIjose de marta 30/09/2008 21:31
Demasiado,eres demasiado,con esto esta todo dito.xa me contaras un dia de donde os sacas.
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
+3 # RE: Juan Camarinan: Historias do Mar Vol. VIIIzhúkov 30/09/2008 21:33
¡Que versatiidade a de este home! Si a semana pasada o seu relato lembrábame a Yuri Kazákov, co de esta semana subío un importante peldaño e púxose a altura nin máis nin menos de Mijaíl Bulgákov, co seu hilarantes e irónicos relatos sobre a burocracia soviética. Xa se sabe o que pasou cun xenio como Bulgákov: acabou no ostracismo máis total e salvou o gaznate por pouco... esperemos que os poderes públicos locales non inicien unha persecución implacable de Juan Camariñán, jajajajj, ¡Ahí estaremos nos para defendelo, jajaj!
Responder | Denunciar ante o administrador
juanillo
+2 # RE: Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. VIIIjuanillo 30/09/2008 22:01
fas majas,non hai quen che joda.!!!!! si señor. A ver si desta non tardas tanto en volver a escribr outro.Un saludo
Responder | Denunciar ante o administrador
xarito
+2 # RE: Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. VIIIxarito 01/10/2008 00:49
Vai Oh! que che me gustou ben.Esperamos polo proximo.
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
+2 # RE: Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. VIIIgelinita 01/10/2008 00:53
Muiben Esta criminal Siseñor Fas majas
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+2 # MIMArubiasexy 01/10/2008 10:06
SI SEÑOR ESTABEN ESTO INDA ESTA PASANDO E NON SE E QUIBOKEN TI LEBAS MIRANCHE DOUTRA FORMA ESO JUANCAMARIÑAN FAS MAJAS MIRA QUE NON LEIA OS CONTOS TAN GRASED E ESTON LENDOOS QUITAS BEN DESA CABISIÑA IMPRESIONANTE VALE SEFA E OS PEDROS
Responder | Denunciar ante o administrador
xan das bolas
+3 # MUY BUENOxan das bolas 01/10/2008 12:50
La verdad es que tus relatos son extraordinarios , vas a mas cada día, espero con impaciencia el próximo, a ver a quien le toca, enhorabuena.
Responder | Denunciar ante o administrador
patrib74
+2 # RE: Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. VIIIpatrib74 01/10/2008 23:10
Parabens Juan Camariñan!
Un relato divertido e claro exemplo da picaresca española.Espera remos impacientes a que nos contes unha nova historia
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+3 # RE: Juan Camarinan: Historias do Mar Vol. VIIIlucia018 02/10/2008 00:10
Moi bonito o relattto!!!!

Bueno espero que sigas asi!!
e que nos traias outro maravilloso conto dos teus!!
saludos
Responder | Denunciar ante o administrador
currodetras
+3 # RE: Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. VIIIcurrodetras 02/10/2008 00:24
canto se teñen aproveitado dos pobres lugareños,pero que ben o expresastes,ere s un abanico de contos,sr Juan Camariñan,realm ente muy bo,a verdá é que cada dia sorprendes mas
un saludo
Responder | Denunciar ante o administrador
pepewells
+4 # RE: Juan Camarinan: Historias do Mar Vol. VIIIpepewells 02/10/2008 15:33
Gran homenaje a aquellas épocas en la que los Secretarios eran los Reyes intocables de los Concejos españoles, en los cuales su palabra era ley. Difícil es dudar de la veracidad del relato, porque ¿quién no sufrió en sus carnes alguna de aquellas argucias de leguleyo aplicada por los Secretarios de la vieja escuela? La prosa de Juan camarinan vuelve a dar otra lección de maestría literaria.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+3 # FERVASBeldoña 03/10/2008 20:55
...Eu dou fé de que foi serto,non sei ben en qué hun-tamento,per o,asejurolles que JUANCAMARIÑAN dí a verdade.

Felicidades artista.
Responder | Denunciar ante o administrador