- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 25 Setembro 2008 25 Setembro 2008
¡¡Mimaaá, cacho malleiras!!

Steven Seagal, un home que se abrío paso no duro mundo da gran pantalla a tunda libre
Despois dun máis que merecido período vacacional volve o maior experto en cine da Costa da Morte, Luis Esteiro Ramos, ca súa subsección do Death Coast Cinema Club (DCCC) adicada a aqueles tipos duros de rostro hierático, pétreo ou marmóreo e de mirada de xeo que se dedicaron a repartir tundas a diestro e siniestro suplindo as carencias do sistema legal mediante un limpiamento intensivo de chusma das calles, e respecto dos cales é recoñecida mundialmente a predilección do público camariñán. Despois de Charles Bronson, hoxe tócalle a un tipo máis duro aínda: Steven Seagal. Pulsa na imaxe para ler un auténtico disparate na xa clásica línea de camarinas.eu.
¡¡Mimaaá cacho malleiras!!

Na redacción non recordamos haber visto a este home levar unha soa trompada
O outro día pola noite estricado xa na cama andaba a facer zapping pola televisión aburríndome a máis non poder coa lamentable programación audiovisual deste país, anque imaxínome que esta non será nin mellor nin peor que a do resto do mundo, cando de repente vexo en impactantes e pirotécnicas letras maiúsculas ocupando case toda a pantalla da miña destartalada TV (sin mando) o letal título dunha película perfecta para pasar un bo cacho antes de quedar literalmente roncando hasta o outro día: ALERTA MÁXIMA 2, bueno o Microsoft Word non da para mais pero imaxinádevolo título vos mesmos… entón díxenme a min mesmo, avante Luis vamos alá a ver uns cuantos mamporros.
Foi xa durante o primeiro e interminable parón publicitario cando decidín volver a escribir sobre os tipos duros do cine de acción porque estas máquinas humanas de dar malleiras conseguen facernos desconectar e aliviar tensións a moitos telespectadores en momentos de forte fervedeiro mental. O actor protagonista non era outro que o gran mandoblista do cine mundial, agora vido a menos físicamente co mal pasar dos anos (coma todos), Steven Seagal. ¿Quen non vio algunha vez unha película deste mangarallán con cara de indio sempre enfadado? Seica experto en Aikido, Kendo e Karate, todas elas nobles artes marciais de loita profesional ou no peor dos casos defensiva, callejeramente falando, claro está. Pero como en Hollywood o que prima é o espectáculo, os productores estadounidenses levan esta noble arte marcial o terreo do PIM, PAM, PUM ( ¡ala vaite!…) para o deleite dos telespectadores máis flipados entre os cales por suposto me incluo eu. A verdade é que imaxínome as risas que deben levantar sobre os loitadores profesionais estes filmes xurdidos a raíz do cine oriental e personificados sobre todo na figura do malogrado karateka Bruce Lee, este cine, un auténtico espectáculo frualleiro con guións case testimoniais que a partir de finais dos 80 e chegando xa ata nosos tempos son transmutados ao cine de acción palomitero, tendo como un dos seus máis grandes referentes o antes nomeado Steven Seagal (Lansing, Michigan, EEUU, 1951).

El solo recuperou todo un portaavións para o US Army

Nico Toscani en Por encima de la ley, un film que quedará para a historia do Arte Tundista
Se xa ca primeira parte quedas temblando, ca segunda quedas totalmente flipando diante do televisor cos ollos coma platos. Casey Rayback desta vez métese no tren inadecuado, ou adecuado según se vexa, para despachar a outro grupo de mercenarios que se queren apoderar dunhas claves informáticas para poder conectar un raio maléfico teledirixido vía satelite contra o mundo enteiro, mentras os altos mandos dan voltas como trompos polo pentágono adiante tirándose dos pelos e das medallas tintineando para facer fronte ao desactivamento nuclear (un BILLÓN de dólares, non podía ser menos) o noso heroe repartirá tundas por todo o tren adiante para poñer a salvo a poboación mundial destes “mercenarios fanáticos”. Desta vez os acompañantes de Rayback son a súa sobriña é un bastante rajador mozo afroamericano (para darlle un toque étnico) empleado do tren que terá a dura misión de contar os chistes malos para tortura do noso heroe ao cal os contiños non lle enchen moito. O pánico apodérase dos viláns según se vai achegando Rayback ós xefes do malévolo escuadrón, un “informático loco”(o cerebro) e máis o líder dos mercenarios fanáticos (os puños), este último un mangarallán experto no arte tunderil o igual que Rayback. O momento cume do filme chega cando por fin se ven as caras estes dous “gallitos” no mesmo corral, despois dun letal e amenazante cruce de frases lapidarias, o malo saca un puñal coma un mundo do bolsillo é espétalle a Rayback un “es la primera vez que siento miedo…pero me gusta”, empeza entón un festival de mandobles por medio tren adiante ata que por suposto chegan a cociña onde alí Rayback móvese como peixe na auga e tras un electrizante xogo de mareadoras mans láñao pola taca do cuello e rompéndollo como se dun polo se tratara remata a faena cun chulesco “a mí nadie me gana en la cocina”. Pero aínda falta por levalas o “informático loco” que cas mans pouco sabe facer máis que teclear as claves que activan o raio nuclear (que conste que o noso informático Tío Diekt defenderíase ante Rayback con certa forza mellor ca este nun combate a muerte) así que todo remata cunha explosión nuclear do tren, non sin antes deixar os pasaxeiros sanos e salvos e deixando tamén os telespectadores con pesadillas durante un bo cacho. Nada máis pechar os ollos para durmir aparece un letal resplandor fruto das espectaculares explosións pirotécnicas, eu científicamente chámolle a este efecto visual “O efecto traca do Carmen”. Pero non vos preocupedes para o outro día levantarédesvos como se fósedes vos Casey Rayback aínda que esa sensación esfumarase nun par de horas ata que volvades a contemplar con cordura o mundo real. Por ese efecto anteriormente definido Steven Seagal está forrado e vos non. Aquí remata esta paródica homenaxe o mestre do arte Tundista e recordade que como moi ben din as nosas nais…meu fillo as peleas non levan a ningún lado, ¡que Deus as bendiga a todas! (as nais, claro).
Comentarios
Coma sempre consigues entreternos e facernos disfrutar leendo os teus artigos.
E este en concreto de Steven Seagal fai que casi lle colla cariño o personaxe pola forma que tes de describir os seus films (e teño que recoñecer que é un actor que odio con todas as miñas forzas,jaja!)
Gracias por ofrecernos un punto de vista distinto do cine, ameno e divertido.
Dito esto, a verdade é que teño que recoñecer que Steven nunca foi dos meus...(para cando Van damme) porque ten unha cara tan rara que me da mal rollo mirala, e sempre retrocedín ante o esbirro este de seaguel...
Pero nunha cousa estou totalmente de acordo...Alerta Máxima...jajaja , peli que por certo, debo de recoñecer que a vin na miña adolescencia coas hormonas a tope para ver o top less da que era polo aquel entonces a miña musa da tv, esa Erika Eleniak ex vixilante da praia, esa loira recauchutada que saia da tarta de cumpleanos...en fin...
un placer Luis, e dende aquí propoña xa unha sección para as chicas que namoraban cos seus encantos os nósos heroes, todas elas de toma pan y moja...
saudos e felicidades de novo!.
- Pero, ¡¡si son sus propios hombres!!
- Bueno, nunca les caí muy bien...
- Pues ahora les va a caer de puta madre.
Tommy Lee Jones, Gary Busey (que nadie se olvide de Gary Busey) e Steven Seagal. Solíamos ver estas pelis tomando uns cacharros antes de salir de movida, as carcajadas eran delirantes, pero eu creo que foron Alerta Máxima e a destartalada Blanco Humano de John Woo e Van Damme, as que se levaron a palma. ¡¡Qué épocas!!¡¡Que cheas!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.