4.0888888888889 1 1 1 1 1 Rating 4.09 (45 Votes)

A tortura e morte de Meyerhold

Fotografía da ficha policial de Meyerhold tras ser brutalmente torturado
Fotografía da ficha policial de Meyerhold tras ser brutalmente torturado

Visto o interesante debate histórico surxido no Libro de Visitas da web máis vista endexamáis nesta Franxa Atlántica, esta redacción quere profundizar no mesmo aportando novos datos que enriquezcan os lexítimos e diferentes puntos de vista dos usuarios rexistrados da mesma. Neste primer episodio non nos deteremos nunha gran hecatombe ou batalla senón no fatídico destino particular dun cidadán indefenso. Trátase do gran director teatral soviético Vsévolod Meyerhold o cal representa como ninguén o triste destino do mundo da cultura soviética que se levou por diante a figuras tan salientables como os escritores Isaak Bábel, Borís Pilniak, Osip Mandelshtam, Nikolai Gumiliov, etc. Pulsa na imaxe para ler o anguriante pesadelo dun home inocente.

 A tortura e morte de Meyerhold

Fotografía da ficha policial de Meyerhold tras ser brutalmente torturado
Fotografía da ficha policial de Meyerhold tras ser brutalmente torturado

Vsevolod Meyerhold  (1874-1940): Sen dúbidas un dos nomes clave da dirección de escea e da teoría teatral de tódolos tempos, ligado nun primer momento ao Teatro do Arte de Moscú (MJAT: Moskovski Judazhéstvenni Akademícheski Teatr), dirixido por outro grande do teatro ruso: Konstantín Stanislavski. Vsévolod Emílievich Meyerhold nace nunha modesta familia de orixe alemán da provincia de Penza. Estudiou Dereito na Universidade de Moscú, aínda que non rematou os seus estudios. Convertíose ao cristianismo ortodoxo ao cumplir os 21 anos. Comenzou a súa carrera teatral na Escola Dramática de Moscú guiado por Vladímir Nemírovich-Dánchenko, cofundador xunto a Stanislavski do MJAT, onde posteriormente Meyerhold traballaría como actor, ata que en 1902 abandona o citado teatro. Os seus traballos experimentais permitíronlle desenrolar a teoría da Biomecánica (1922) un riguroso método de preparación do actor que intenta explotar ao máximo as súas posibilidades físicas e psíquicas. Meyerhold elaborou asimesmo unha dramaturxia revolucionaria e instaurou os principios do moderno concepto de posta en escea. Tivo un papel mui relevante na revolución bolchevique como representante dun concepto anti-establishment do teatro.
Sen embargo, Meyerhold cavou a súa propia tumba no primer Congreso de Directores (1939), onde foi extensamente criticado por non adaptarse ao realismo socialista -a estética que predominou durante todo o comunismo stalinista. Nese Congreso -a súa ultima aparición pública- defendío con vehemencia o dereito á liberdade de expresión e de investigación. Dixo ademáis que a imaxinación era revolucionaria e que a verdade e a liberdade eran as armas por excelencia, fixo unha critica durísima ao realismo socialista como estética teatral, ao que calificou no seu encendido discurso de mediocre e carente de talento, e acusou aos seus críticos e adversarios de cometer o crime de afogar a imaxinación do mellor teatro ruso (¿o mellor teatro do mundo?) convertido por entón nun teatro extremadamente aburrido, doctrinario e carente de innovación.
Meyerhold, pintado por Borís Grigoriev en 1916
Meyerhold, pintado por Borís Grigoriev en 1916
Na Unión Soviética de Stalin, semellante discurso equivalía a unha especie de suicidio público e así as consecuencias non tardaron en facerse sentir. Pouco tempo después, en xuño de 1939 Meyerhold foi detido na cidade de Leningrado (actual San Petresburgo). Días despois, o 15 de xullo de 1939, a súa muller Zinaida Raij -coreógrafa, dibuxante e actriz-, foi atopada degollada no seu departamento de Moscú. Meyerhold foi brutalmente torturado, aos seus 67 anos, no cárcere, quedando sordo e semicego. Se lle inventaron cargos de conspiración contra o poder soviético e foi obrigado baixo vexación e tortura a firmar estos cargos como certos nos que chegaba a afirmar que traballara como espía para os servicios secretos xaponeses e británicos. Cando tempo despois Meyerhold puido ler as declaracións na súa contra firmadas por él, mismo desmentío todas elas -conseguidas a forza de presión física e moral en interrogatorios que duraban ata 20 horas por día-, e solicitou unha entrevista co xuiz que nunca lle foi concedida. Escribío unha anguriante carta explicando a súa kafkiana situación ao entón Presidente do Consello de Comisarios do Pobo, Viacheslav Mólotov (que anos despois vería como a súa propia esposa, Polina Zhemchúzhina, era devorada polo monstruo dos campos de traballo, sen que Mólotov movera un dedo para remediar a condena da súa muller), carta que nunca sería contestada:
 
"Os investigadores comenzaron a utilizar a forza contra min, un enfermo de 65 anos de edad. Fun obrigado a tumbarme boca abaixo e fun golpeado nas plantas dos meus pes e na miña columna vertebral cunha correa de goma ... Nos seguintes días, cando estas partes das miñas pernas estaban cubertas con extensas hemorraxias internas, de novo golpearon os cardenales  de cor bermella-azul-amarela ca correa de goma e a dor era tan intensa que se sentía como si auga fervendo se derramara sobre estas zonas sensibles. Berrei ata á extenuación e chorei de dor. Seguiron golpeándome a espalda ca porra e dándome brutais tortazos, acompañados de "ataques psíquicos", que me producían un medo tan terrible que a miña personalidade víose afectada ata o máis profundo".

Os meus texidos nerviosos chegaron a rozar a miña pel, ésta fíxose tan tierna e sensible como a de un neno, e os meus ollos vertían torrentes de bágoas debido á insoportable dor física e moral. Tirado pola terra, ca cara volta cara o chan, revelouse que eu era capaz de retorcerme e lanzar agudos aullidos como un can ao que o seu amo gplpeara cun látigo. Tiña tales temblores nerviosos que un dos gardiáns, ó devolverme á celda despois dun deses tratamentos, preguntoume: ¿E que tes paludismo? Cando me acostei na cama e quedei durmindo, despois de 18 horas de interrogatorio, co fin de volver nunha hora para máis, desperteime polo meu propio xemido: meu corpo estaba tremendo como o de un moribundo que se atope nunha das últimas etapas da fiebre tifoidea.  O interrogador posteriormente orinou na miña boca.
 
A morte (oh, dende logo), a morte é moito mellor que eso!!, dise a si mesmo o detenido. Tamén eu díxenmo. E acuseime a min mesmo ca esperanza de que esas calumnias me levaran ó patíbulo."
 
Meyerhold escribío esta carta o 13 de xaneiro de 1940. Stalin necesitaba confesións; continuou o proceso, con algúns interrogatorios máis (interrogatorios que podían chegar a durar meses ou incluso anos). Finalmente, Meyerhold foi fusilado en febreiro de 1940. O seu nome foi borrado dos manuales de historia e de tódalas publicacións ata o 26 de novembro de 1955 (dous anos despois da morte de Stalin), cando foi rehabilitado. En data tan tardía como 1968 por fin as editoriais estatais  publicaron os seus textos en ruso. Ata o descubrimento da súa tumba en 1991, foi un desaparecido, unha tumba anónima. Como a de tantos e tantos artistas que caeron dentro das fauces de aceiro da maquinaria represora soviética.
 
"Pero todos han sufrido de una manera indescriptible, han sufrido hasta aquel punto en que el sentimiento de angustia es ya una enfermedad mental. Inclinémonos con compasión tanto ante su sufrimiento como ante su talento y su recuerdo luminoso".
Borís Pasternak.
 
Vsévolod Meyerhold, un dos maiores artistas da historia, asesinado pola maquinaria soviética
Vsévolod Meyerhold, un dos maiores artistas da historia, asesinado pola maquinaria soviética



Comentarios   

mantida
0 # mantida 21/09/2008 14:17
Pobre home que tanto debio de sufrir, ojalá que nos tempos que corren estas cousas non susedan.
Responder | Denunciar ante o administrador
kecho
0 # kecho 21/09/2008 16:38
UN DE TANTOS MILLONS DE INOCENTES TRITURADOS VILMENTE POLA MAQUINARIA SOVIETICA. TANTO TALENTO TIRADO POLO WC.
Responder | Denunciar ante o administrador
lusina
0 # talentos fueralusina 21/09/2008 21:41
Como é posibel que os grandes talentos foron brutalmente castigados e torturados de esa maneira.O socialismo de Stalin foi ben fascista,porque xente como Meyerhold lles facía sombra,enfín fui a última representación de este talento fui ben dolorosa.
Responder | Denunciar ante o administrador
xan das bolas
0 # xan das bolas 22/09/2008 13:00
Cuanta gente sufrió y sufre en este mundo por culpa de unos cuantos iluminados, que con tal de ostentar el poder liquidan y arrasan con todo lo que se les pone por delante.
El artículo de primerísima calidad
Responder | Denunciar ante o administrador