James Stewart, John Ford, John Wayne. Sobran as palabras
James Stewart, John Ford, John Wayne. Sobran as palabras

Cun artigo adicado ao, segundo o noso redactor de cine Luis Esteiro Ramos, máis grande director de tódolos tempos, o Death Coast Cinema Club tómase un máis que merecido respiro abrindo un breve paréntesis nos seus repasos exhaustivos ao mundo do cine. Atrás quedan doce artigos que fixeron historia ao ser a primeira vez que dende este apartado recuncho que é a Costa da Morte un triunvirato de cinéfilos, vellos amigos da infancia, levaron a cabo a tarea de crear uha sección de cine que aunase uns contidos con tal nivel de excelencia en canto a texto, maquetación e presentación do producto. Señores e señoras, foi un pracer.

 Universo Fordiano

A soidade do xenio co fondo do Cañón do Colorado
A soidade do xenio co fondo do Cañón do Colorado
Ante a mostra de interés dalgúns fieis usuarios da nosa sección cinematográfica polo xénero western vamos poñerlle a guinda ó pastel e facer un breve paréntese a miña colaboración nesta maravillosa páxina web co director mais grande de tódolos tempos, ou polo menos así está considerado nas encuestas dos círculos cinéfilos e por moitos dos seus colegas profesionais, como son os casos de Orson Welles, Akira Kurosawa, Sergio Leone, Sam Peckinpah, Steven Spielberg, Martin Scorsese ou Francis Ford Coppola. Este último admirábao tanto que tomaría prestado o apelido-seudónimo de Ford en honor ó xenio de orixe irlandesa. De complexión alta e desgarbada, coa súa inseparable gorra e parche no ollo, conformando xunto a Fritz Lang, Raoul Walsh e Nicholas Ray o cuarteto de mestres cinematográficos choscos dun ollo con uso de parche incluido, curioso… Dirixío en toda a súa carreira cerca de 150 películas, entre cine mudo e sonoro, e é gañador, entre outros galardóns, de 4 Óscars da Academia á mellor dirección, polo que é o director máis laureado da historia de Hollywood. Seu nome sempre irá emparellado ó de John Wayne, maxistral actor de carácter, seguramente o mellor dentro deste rexistro interpretativo, que traballaría con él en 20 filmes de grandísima calidade, auténtico alter ego do director. Sen embargo, Ford tamén contou nas súas filas con outros grandes actores como Victor McLaglen, Henry Fonda ou James Stewart, amén de grandes secundarios como Ward Bond ou Barry Fitzgerald. Seus filmes son a máxima expresión do lirismo e a posta en escea no cine (con permiso de Sir Alfred Hitchcock), precursor do xénero de aventuras e de acción, elevando o western ata cuotas insuperables, tamén dotado dun poderoso rexistro dramático e dominando perfectamente a comedia. Como se pode comprobar, sen puntos fracos.
As uvas da ira, basada na novela de Steinbeck
As uvas da ira, basada na novela de Steinbeck
Sean Aloysius O´Feeney nace en Portland, Oregón, USA, 1894. Críase no seno dunha familia católica irlandesa afincada en USA; en 1913 trasládase a Hollywood xunto ó seu irmán Francis Ford, director, guionista e actor cinematográfico dos Estudios Universal, para aprender da man del os entresixos do séptimo arte. Pronto comeza a destacar e dirixe seu primeiro filme mudo en 1917 baixo o seudónimo de Jack Ford, máis tarde cambiado polo mítico de John Ford. Dirixe innumerables filmes mudos pero será coa chegada do cine sonoro cando Ford se destape como un director en constante progresión. A súa primeira película destacada La Patrulla Perdida (1934) colócao xa nun primeiro plano, cunha historia claustrofóbica sobre unha patrulla do exército británico que durante a 1ª Guerra Mundial pérdese na inmensidade do deserto de Mesopotamia quedando cercada ante o implacable punto de mira dun enemigo que parecía invisible, 1ª gran obra mestra de Ford protagonizada por Victor McLaglen e Boris Karloff (o célebre Frankestein).
Acto seguido dirixe outra vez a Victor McLaglen en El Delator (1935), obra mestra absoluta polo que gaña o seu 1º Óscar á mellor dirección ó igual que McLaglen (fantástico) ó de mellor actor principal coa súa emotiva interpretación dun pobre home ex membro do Exército Republicano Irlandés (IRA), que durante unha frenética e longa noite de copas perde as 20 libras que gañara delatando a un ex-camarada terrorista á policía inglesa e que lle ían servir para comezar unha nova vida xunta a súa moza. A acción céntrase en Dublín e o drama do filme oscila entre o desprecio que imprime a delación, en parte xustificada, e a compasión que provoca o inconsciente comportamento posterior do actor protagonista.
Detémonos agora na súa seguinte obra mestra La Diligencia (1939), primeira colaboración con John Wayne, onde no interior dunha dilixencia constantemente asediada polos indios o medo, nun ambente claustrofóbico, desata os peores demonios dos ocupantes da dilixencia. Coa súa seguinte gran obra Hombres Intrépidos (1940), Ford rende homenaxe ós mariños, polo que moitos camariñáns se sentirán orgullosos e identificados o ver esta magnífica película protagonizada por Victor McLaglen e John Wayne. Proseguindo coa súa meteórica carreira, Ford filma no mesmo ano un intensísimo e lacrimóxeno drama familiar, Las Uvas De La Ira (1940), filme basado na magnífica novela do Premio Nobel de Literatura John Steinbeck e ambientado no período da Gran Depresión . O filme narra a historia dunha numerosa familia de labregos de Oklahoma que ó ser desauciados das súas terras se ven obrigados a emigrar en busca dunha nova vida, desta vez con Henry Fonda como actor principal, un dos cumes do cineasta e do cine en xeral e 2º Óscar para o seu peto.
Posiblemente a mellor dupla do western, dous iconos inmortais: John Wayne-John Ford
Posiblemente a mellor dupla do western, dous iconos inmortais: John Wayne-John Ford
Ford volve as súas raíces británicas no filme ¡Qué Verde Era Mi Valle! (1941), ambientado nun pobo mineiro de Gales e que narra a historia dunha familia mineira galesa, ¿que ocorre desta vez?…pois 3º Óscar para John Ford. Voltando ó western dirixe a biografía do mítico marshall de Dodge City, Wyatt Earp, e o seu lexendario enfrontamento contra os irmáns Clanton no O.K. Corral en Tombstone, no film Pasión De Los Fuertes (1946), interpretado por Henry Fonda e Victor Mature. Seguindo co seu xénero favorito filma Fort Apache (1948) e onde podemos disfrutar dun auténtico duelo interpretativo entre John Wayne e Henry Fonda, caracterizando a 2 oficiais norteamericanos con personalidades totalmente opostas que terán que facer fronte ós terribles ataques do xefe indio Cochise. Ford volta a súa vella Irlanda para dirixir El Hombre Tranquilo (1952), nunha comedia romántica de grandísima calidade que lle fai gañar o seu 4º e último Óscar, e cun reparto de luxo encabezado por John Wayne, Maureen O´Hara e Victor McLaglen. A película contén posiblemente a pelea máis divertida da historia do cine entre 2 alcoholizados Wayne e McLaglen. Entón, uns anos despois, chega a película favorita de Steven Spielberg, Centauros Del Desierto (1956), western protagonizado por John Wayne, Jeffrey Hunter e unha xovencísima Natalie Wood. John Wayne ofrece unha das súas mellores interpretacións coa caracterización dun home con marcado signo perdedor que entra en cólera trala matanza da familia de súa irmá e rapto dunha das súas sobriñas polos indios, comeza aquí unha interminable viaxe na procura da nena. Anos despois filma un drama racial, El Sargento Negro (1960), amosando ó público o seu lado máis solidario nun filme que narra a historia dun Sarxento afroamericano, encarnado polo actor Woody Strode, que é xuzgado inxustamente de asesinato por un tribunal militar. O director reflexa perfectamente o carácter racista da mentalidad norteamericana a finais do XIX. Dous anos despois Ford  filma outra das súas grandísimas obras e o seu mellor Western, baixo a miña humilde opinión, El Hombre Que Mató A Liberty Valance (1962). A historia céntrase nun pequeño pobo do Oeste norteamericano, narrada mediante Flashbacks polo senador Stoddard (James Stewart), o cal conta a verdadeira historia sobre a morte do despiadado foraxido Liberty Valance (Lee Marvin) a mans de Tom Doniphon (John Wayne), nun profundo western que xira entorno os 3 carácteres contrapostos dos personaxes centrais. Mentres o personaxe de James Stewart encarna o home do futuro, marcado por unha gran sensibilidade e sentido da lei e do orden, o contrapunto a este será o personaxe encarnado por Lee Marvin, tipo duro, despreciable e egoísta que non ten reparo en tirar da forza para conseguir o que quere, e no epicentro destes 2 personaxes abertamente enfrontados encóntrase Doniphon (John Wayne), tipo duro de carácter ambíguo, sen a sensibilidade e sentido da xustiza de Stoddard pero tampouco desalmado como Valance. Aparte deste magnífico tiángulo psicolóxico masculino, obtemos tamén un dos máis intensos triángulos amorosos do cine entre os personaxes de James Stewart-Vera Miles-John Wayne. Unha auténtica xoia do 7ºarte.
Título orixinal desta obra mestra: The Searchers
Título orixinal desta obra mestra: The Searchers
Vamos rematar o seu repaso filmográfico con unha gran comedia, La Taberna Del Irlandés (1963), última colaboración de John Wayne con John Ford e co-protagonizada por Lee Marvin. Comedia de gran calidade con varias peleas dentro da mítica taberna, moi divertidas e que son un auténtico prodixio de posta en escea fordiana. Poderíamos encher artículos e artículos sobre Ford, a súa extensa filmografía, o seu trasfondo psicolóxico xunto a todas as súas cualidades técnicas e artísticas certifícano como un dos grandes colosos do séptimo arte. John Ford morre en 1973 de causas naturais. Rematamos esta viaxe cinéfila da mellor maneira posible, analizando e homenaxeando o mais grande autor deste vello e añexo xénero cinematográfico que mellora como o bo viño co pasar dos anos. No tinteiro quedarán grandes directores que ben puidieron ter o seu espacio nesta sección: Howard Hawks, Billy Wilder, Fritz Lang, Sergei  M. Eisenstein, Luis Buñuel, John Huston, Stanley Kubrick, Ingmar Bergman, Martin Scorsese, Francis Ford Coppola, os Neorrealistas italianos, a Nouvelle Vague francesa e un largo etcétera de grandes directores cinematográficos.
Por último quero agradecervos o gran comportamento que tivéstedes conmigo, sempre dándome ánimos e intervindo acertadamente con todos os vosos comentarios, dar as gracias a Marcos pola súa enmaquetación e aportación audiovisual e tamén a Diego, o pai da páxina, porque sen el todo esto sería papel mollado. Espero que vos entretuvérades dalgunha forma con estos 12+1 artículos (que ninguén se olvide do de Charles Bronson) especialmente pensados para vos porque sen a vosa participación de nada houbera valido escribilos, pois para a galería está claro que non foron feitos anque para non incomodar os críticos profesionais, aínda que dudo moito que ningún deles os leera, ¡menos mal!...da que me safei, intentei darlle en todo momento o máximo rigor artístico dentro da miña limitada calidade literaria e narrativa, pero como decía o outro o importante non é a forma senón o fondo.  Para non romper co tópico concluir con un….No es un adios sino un hasta luego. JRASIAS e ¡VIVA A COSTA DA MORTE!!!.
 

Comentarios   

PIRUCA
0 # PIRUCA 25/06/2008 21:42
FAS MOI BO TRABALLO LUIS,NORABOA ES UNHA MÁQUINA.
A MIN ESTES ACTORES E PELÍCULAS RECORDANME MOITO A MEU PAI,ENCANTABANL LE ESTAS PELIS E TEÑO VISTO MOITAS CON ÉL CANDO ERA PEQUENA.
UN SAÚDO.
Responder | Denunciar ante o administrador
trintadousventos
0 # trintadousventos 25/06/2008 23:36
La Diligencia .. e a Taberna do irlandes..eso si eran peliculas non as merdas que fan ahora .
Responder | Denunciar ante o administrador
pepewells
0 # pepewells 25/06/2008 23:55
Espero que sólo sean unas vacaciones y podamos seguir disfrutando de esta sección inmejorable. El broche ha sido de oro con este artículo a la memoria de un director al que los envidiosos y mediocres llegaron a tildar de "extrema derecha" y después filmó una de las mejores denuncias contra el racismo con "Sargento negro", película inigualable. Y qué voy a decir de "La diligencia, Centauros del desierto, Fort Apache, etc. Luis, gracias y espero verte pronto por aquí otra vez.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 26/06/2008 19:33
estaspeliculas eran as que se vian siempre no sine de rriba, o que lle chamamos aquí películas de vaq2ueros, a min tamén me justan.Espero que pases unhas boas vacasións e que volvas pronto.
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
0 # fabio 27/06/2008 09:35
EU QERIA DESIRLLE A LUIS CA SUA SESION JUSTOUME SIENPRE MUITO E HABER SI DESPOS DO VRAN VOLVE CON NOVOS REPORTAGES.TABA TODO MU BEM FEITO
Responder | Denunciar ante o administrador
patriponte
0 # patriponte 27/06/2008 16:00
Bueno, espero que esta despedida sexa sólo durante o periodo estival, porque si non daríame moita pena.
A verdade é que disfrutei moitísimo leendo esta sección que demostrou en todo momento ter unha calidade exquisita.
Ningún dos artigos desmerecía o outro, e ainda que algún dos xéneros non eran dos meus favoritos,encan táronme igualmente (incluso o "+1" de Charles Bronson co q me rin moitísimo)
Gracias Luis pola tua xenialidade e hasta pronto!
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 01/07/2008 22:37
moi ben Luis, noraboa pola reportaxe.
Ford sempre tiña a cámara no lugar que lle correspondía, e tiña uns instinto natural para a composición e a posta en escea. O meu film preferido do mestre é Centauros do deserto (o tio ethan sempre será o tio Ethan).
Por outra banda, agardo que esta semidespedida só sexa un paréntese, e que non sexa algo definitivo. Volta en canto podas Luis.unha grande reportaxe!!
Responder | Denunciar ante o administrador