4.8375 1 1 1 1 1 Rating 4.84 (80 Votes)
Seguindo a gloriosa estela musical que un primo seu xa abrira hai máis de 10 anos co que foi ata o de agora o mellor grupo de rock da historia de Camariñas (The Third is the Piggiest, xa recordado cun artigo nestas mesmas páxinas), o camariñán Pablo Laranjo Campaña triunfa enriba dos escenarios como baixista do grupo Snatch, grupo que ven de ser elexido primeiro clasificado dentro do concurso Musicódromo 08, repetindo con elo o éxito acadado o ano pasado ao gañar o Millarock 07 e que este venres 20 de xuño estará actuando en directo no pub Nerio de Cee. Pulsa na foto se queres saber algo máis de Snatch, ver as fotos do grupo en acción e un vídeo.

O grupo Snatch naceu no ano 2006 baixo a formación de cuarteto cun repertorio orientado a desenrolar principalmente versións de grupos e solistas anglosaxóns dentro do ámbito da música popular norteamericana (Alanis Morrisette, The Doors, Janis Joplin, Credence, B.B. King, Police…), pero pouco a pouco foron compoñendo as súas propias cancións, tomando para elo como referencia diversos estilos (soul, reggae, funk, pop, rock...) o que os leva a acadar ese sonido definido e propio marca da casa que fusiona as citadas tendencias musicais. Precisamente unha das súas composicións, "Bikos from Madeira", é seleccionada polo Apololight 2007 como quinta mellor canción do verán.

E é que para chegar a este resultado, moitos kilómetros e bolos tivo que tragar Pablo en diversos grupos, incluso compartindo escenario co director de camarinas.eu, Diego Alonso Freire, como músicos a sueldo, mercenarios da guitarra, en orquestas pachangueras que cubrían as rutas das aldeas olvidadas das provincias de Ourense e León. Era o camiño iniciático necesario que todo profesional da música ten que percorrer para curtirse como músico. Posteriormente, entrou a formar parte de Snatch xunto a Jacobo Gallego (batería), Germán Prieto (guitarra) e Paola Piñeiro (vocalista), dando lugar a este grupo de marcado carácter propio que triunfa dende o seu Santiago natal polo resto de Galicia, así o sábado 14 de xuño tocaron na Sala Ardora de Porto do Son, o xoves 19 farano no Pub Sicaru de Ferrol e o 20 no Pub Nerio de Cee a partir das 24:30 horas.

Comentarios   

mantida
0 # mantida 15/06/2008 15:48
nunca os oin, pero non estaría nada mal escuitalos,pude stedes meter unha cansión deles.Que teñades muita suerte en todo.
Denunciar ante o administrador
duquesa
0 # duquesa 15/06/2008 16:34
moita surte a todos
Denunciar ante o administrador
zhúkov
-1 # RE: SNATCH, o grupo de Pablo Laranjo Campañazhúkov 15/06/2008 17:52
Bueno, Pablo, tuvestes un bo maestro, o mellor posible, quen che enseñou todo o que sabes?jajajaja. Así que na hora do éxito, os millóns e as gruppies, as mulleres fáciles, acórdate do teu primo, este humilde pecador
Denunciar ante o administrador
kecho
0 # kecho 15/06/2008 18:21
Pasádeo ben....
Denunciar ante o administrador
lusina
0 # lusina 15/06/2008 21:42
Pablo,que sepas que inda hoxe che escoiten na radio a entrevista que che fixeron na galega,espero que chefagan moita publicidade para que empecedes a ser coñecidos,e de ahí,a fama.Xa oín que gañachedes o premio do Andora de Porto do Son,bueno seguir luchando,que o que insiste o final gaña.saudos
Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 15/06/2008 22:43
Ostias!!!, sonan de carallo!!!

eu, que son crítico exisente, remato satisfeito da escoita...norab oa o jrupo...e a pablo, un gran blues, que me recorda nos punteos da guitarra os mesmos Led Zepellin.
Denunciar ante o administrador
pelos
0 # pelos 15/06/2008 23:35
Ai pablo acordate do maestro e do teu primo eh xa sabes
Denunciar ante o administrador
pelos
0 # pelos 15/06/2008 23:36
ahh e lusiña caeche a baba eh
Denunciar ante o administrador
perillan
0 # perillan 16/06/2008 09:49
Moi ben, moi ben, sonades de p... madre, a ver si con suerte, este vran vos podemos ver tocar en directo en Camariñas. Enhoraboa Pablo, eu conozco os teus pais e mereces ter exito. A triunfar...
Denunciar ante o administrador
JABA
0 # ¡ARTISTAAA!JABA 16/06/2008 12:17
Eihh tes!Pablo,acord ome de ti mais de teu irman kando viñades a miña casa kon meu irman Oscar,a eskuitar musica,¡rompiad esme os timpanos con akela musica hevicheira,como pasa o tempo!espero ke subades koma espuma no mundo da musika,¿a ver pa kando unha actuasion enCamariñas,ehh ?
Denunciar ante o administrador
xarito
0 # Rachades ca Pana Muxaxosxarito 16/06/2008 14:22
Asi me justa Pablote estades que escachades. Suerte e haber si vos enjanchades o Chiqui-tren da Fama dunha ves que tendes talento e levades moito tempo intentando. Sejide asi Ohh.

Bicos do teu irman e Charito.
Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 16/06/2008 18:33
noravoa chaval eres un artista suerte
Denunciar ante o administrador
abel
0 # abel 16/06/2008 19:22
sona moi ben ai que contratalos pa festa do carmen que meñor que un camariñan pos camariñans
Denunciar ante o administrador
fabio
0 # fabio 17/06/2008 11:16
POS ABER SIDAN UN CONSIERTO EN CAMARIÑAS LOJO PA OILOS E BER SI SON BOS,QE SA AI MUITO TIENPO QE NON SE DAN CONSIERTOSD EN CAMARIÑAS DE JRUPOS NOBOSSSSSS
Denunciar ante o administrador
sergio
0 # sergio 23/06/2008 08:05
q pasa primo??non hai quen vos vexa o pelo a diego e a ti.moita sorte e a seguir asi.un abrazo e coidate.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.