4.7945205479452 1 1 1 1 1 Rating 4.79 (73 Votes)

O Rei Midas de Hollywood

Steven Spielberg, un dos máis intelixentes e imaxinativos directores de Hollywood
Steven Spielberg, un dos máis intelixentes e imaxinativos directores de Hollywood

Con motivo da estrea nos cines de todo o mundo este venres 23 de maio da cuarta parte da saga dun dos héroes da pantalla por excelencia, Indiana Jones, o rincón cinematográfico máis exclusivo da Costa da Morte, o noso DCCC, adícalle un especial ao director norteamericano Steven Spielberg, home dunha intelixencia e imaxinación fóra do común, que o levaron a crear un peculiar mundo propio con persoaxes xa clásicos nas nosas vidas como E.T., Oskar Schindler, o propio Indiana, o sherif Brody en Tiburón, etc... Todo elo da man da pluma estilográfica do noso redactor de cine, Luis Esteiro Ramos.

O Rei Midas de Hollywood

Steven Spielberg, alá nos seus comenzos
Steven Spielberg, alá nos seus comenzos
Se hai un director que pefectamente mestura arte e negocio no mundo do cine ese non é outro que Steven Spielberg, “O Rei Midas de Hollywood”. Pertence a unha xeración de directores norteamericanos que reinventaron o cine a mediados dos anos 70, entre os que destacan ademáis, Martin Scorsese, Francis Ford Coppola, Oliver Stone, George Lucas, Brian De Palma ou Michael Mann. Estos collen o relevo xeracional dos colosos clásicos como John Ford, Alfred Hitchcock, Billy Wilder, Orson Welles, John Huston, etc,etc… Todos eles se fixeron millonarios rápidamente debido ás súas inversións como productores, pero entre todos eles destaca Spielberg, ca clásica astucia hebrea característica para facer negocios, domina o cremoso mercado cinematográfico de Hollywood dende os anos 80 ata os nosos días. Director moi completo que domina todos os xéneros cinematográficos, maxistral no cine de acción, aventuras, bélico, suspense, comedia e ciencia-ficción.
Indiana Jones y la Últina Cruzada
Indiana Jones y la Últina Cruzada
Steven Allan Spielberg, Cincinnati, Ohio, USA, 1946, director, productor e guionista norteamericano. Neno prodixio do cine, de formación autodidacta, dende moi pequeno comeza a ter inquietudes polo séptimo arte e roda cortos caseiros, En 1965 tralo divorcio dos seus pais, trasládase coa súa nai a Los Angeles, onde empeza estudios cinematográficos que deixa prematuramente para traballar no mundo da televisión, alá polo ano 1968. Tras un breve período dirixindo curtametraxes, telefilmes e episodios televisivos para a Universal, chama a atención da industria cando dirixe o telefilme El Diablo Sobre Ruedas (1971), filme de suspense hitchcockiano, unha obra de culto ambientado nunha siniestra estrada onde un conductor é perseguido e asediado de principio a fin do filme por un diabólico camión-trailer. Con este simplísimo argumento Spielberg conforma un trepidante filme, éxito de crítica e público, o cal lle abre as portas de Hollywood de par en par.
 
Proseguindo co xénero do suspense con tintes de cine de acción, roda con tan só 28 anos unha das súas mellores películas, Tiburón (1975), o filme está ambientado nun pobo costeiro, Amity, que vive do turismo pero que tras diversos ataques reiterativos do tiburón, o sheriff do condado Brody (Roy Schneider) xunto a un peculiar oceanógrafo, Hooper (Richard Dreyfuss), implícanse na caza e captura do tiburón que amosa ser un feroz escualo, polo que o alcalde do pobo decide contratar a un rudo mariñeiro cazador de tiburóns, Quint (maxistral Robert Shaw) para que os 3 protagonistas se aventuren nunha tenebrosa viaxe polo mar co obxectivo de acabar co tiburón. Primeira gran obra maestra de Spielberg e primeira colaboración co xenial compositor John Williams, nome sempre emparellado a súa carreira. Tras esta película dirixe outro gran filme de ciencia-ficción Encuentros En La Tercera Fase (1977), outra obra de culto con Richard Dreyfuss e o magnífico director francés pertencente a Nouvelle Vague François Truffaut nos papeis principais. 
Robert Shaw, Roy Schneider e Richard Dreyfuss na innovadora Tiburón - 1975
Robert Shaw, Roy Schneider e Richard Dreyfuss na innovadora Tiburón - 1975
No comezo dos anos 80 comeza a súa colaboación con outro director da súa xeración, George Lucas, na dirección e producción de Indiana Jones, En Busca Del Arca Perdida (1981), filme de aventuras en tono de comedia con Harrison Ford como estrela principal, papel que o encumbrou definitivamente trala xenial e orixinal triloxía de George Lucas La Guerra De Las Galaxias. A película narra as aventuras dun inquieto arqueólogo que vai na procura da Arca da Alianza, confiada por Deus ao pobo de Israel. Con outro filme de ciencia-ficción Spielberg volve conseguir outro exitazo comercial: E.T: El Extraterrestre (1982). A min este film colleume en plena infancia, é unha película adicada ós nenos e que revisándoa de maior faime recordar o felices que éramos de pequenos nesa máxica etapa da nosa vida. Spielberg forxa a súa lenda de éxito en éxito gozando sempre dunha infinita liberdade artística nos seus filmes.
Continuando coa saga de Indiana Jones, filma Indiana Jones y El Templo maldito (1984) onde coñece a súa futura esposa, a fermosa actriz Kate Capshaw, protagonista femenina do filme o lado de Harrison Ford. Tras un cúmulo de éxitos chégalle o seu primeiro fracaso comercial con El Color Púrpura (1985), filme realista con Whoopie Goldberg e Danny Glover nos personaxes principais. Con El Imperio Del Sol (1987), Spielberg sumérxese na historia dun neno (Christian Bale) que é separado dos seus pais tralo ataque xaponés en 1941 ás colonias aliadas en Asia. Spielberg remata a súa excepcional triloxía de Indiana Jones (… perdón, minto, dentro duns días estréase a 4º entrega anque non sei se Harrison Ford estará xa pa moitos latigazos ós seus mais de 60 anos) con Indiana Jones y La Última Cruzada (1989), agora con Harrison Ford compartindo cartel co magnífico actor escocés Sean Connery, este facendo de pai de Indiana e rematando así esta 1ª triloxía de forma espectacular noutro éxito comercial. Entón chega outro exitazo de taquilla adicado a nenos e mayores: Jurassic Park (1993), unha gran película de aventuras e suspense na que os dinosauros volven cobrar vida millóns de anos despois de extinguirse gracias a inxeniería xenética aplicada por un excéntrico científico multimillonario (Richard Attenborough), o reparto complétano grandes actores de 2ª fila como Sam Neill, Jeff Goldblum e Laura Dern.
Maxistrales Ralph Fiennes e Liam Neeson en La Lista de Schlinder - 1993
Maxistrales Ralph Fiennes e Liam Neeson en La Lista de Schlinder - 1993
Despois de este éxito comercial, Spielberg ponse serio e roda a súa película máis persoal e dramática La Lista De Schindler (1993), ambientada no Holocausto Nazi e que narra a historia dun poderoso empresario industrial alemán, Oskar Schindler (Liam Neeson), e a súa evolución psicolóxica dende a máis absoluta indiferencia pola masacre xudea ata a máis profunda compasión polos terroríficos actos da Alemania Nazi, tendo como nexo de unión entre as dúas posturas ao seu inseparable contable xudeo Stern (Ben Kingsley). O contrapunto a Schindler é o despiadado comandante Goetz (Ralph Fiennes). Schindler comprará masiva man de obra xudea para as súas fábricas, tan só para salvar vidas inocentes e a pesar da inminente quebra de todos os seus negocios. Destaca a xenial interpretación dos tres actores principais. Spielberg consegue seu 1º Óscar ó mellor director por este conmovedor e lacrimóxeno filme, unha das mellores películas dos anos 90. Segue recaudando fondos para os seus proxectos persoais coa secuela de Jurassic Park El Mundo Perdido (1997), gran película de aventuras e acción anque máis frouxa que a 1ª, desta volta con Jeff Goldblum e Julianne Moore, nos papeis protagonistas. Outro fracaso para a súa carreira foi o filme histórico Amistad (1997), no cal non deixa en moi bo lugar o Reino de España, en fin...
Sen embargo, Spielberg volverá a tocar teito no seu seguinte film Salvar Al Soldado Ryan (1997). O filme comeza co mítico desembarco de tropas norteamericanas na praia de Omaha en Normandia (Francia) durante a II Guerra Mundial, unha auténtica carnicería co punto de mira alemán en campo aberto. Spielberg dota o filme dunha crudeza sen igual dentro do seu comercial estilo visual. Trala conquista da praia, encoméndaselle ó Capitán Miller ( Tom Hanks) o mando dun grupo de soldados coa misión de atopar a James Ryan (Matt Damon) co fin de que este regrese licenciado a casa trala morte de 3 dos seus irmáns no campo de batalla, nunha medida política adoptada polo Presidente dos USA Roosvelt. O filme remata espectacularmente, coa sanguenta batalla de Ramelle, na que toma parte o comando de Miller. Cume do cine bélico e 2º Óscar á mellor dirección para Spielberg, outra das grandes dos 90.
Salvar al Soldado Ryan, unha obra antolóxica do cine bélico
Salvar al Soldado Ryan, unha obra antolóxica do cine bélico
O resto da súa filmografía complétase con tres films de ciencia-ficción: Inteligencia Artificial (2001), proxecto futurista de Stanley Kubrick encomendado a Spielberg trala morte do director norteamericano de orixe  polaca, co neno prodixio da interpretación, agora desaparecido Haley Joel Osment e Jude Law nos papeis protagonistas, un gran filme a pesar das malas críticas recibidas. Acto seguido dirixe Minority Report (2002), film futurista de cine negro basado nun relato corto de Philip K. Dick e protagonizado por Tom Cruise, Colin Farrell e Max Von Sydow, outra interesante obra. Seguindo con este periplo de ciencia-ficción Spielberg leva a gran pantalla a novela do magnífico escritor visionario inglés H.G. Wells, La Guerra De Los Mundos (2005), con Tom Cruise e Tim Robbins, na miña opinión filme frouxo comparado a profundidade psicolóxica que ofrece a obra de Wells. O último filme de referencia de Spielberg é Munich (2005), magnífico filme protagonizado por Eric Bana e Daniel Craig (o novo James Bond), que está impregnado dun maxistral ritmo narrativo, marca da casa Spielberg, no que trala matanza dos deportistas israelíes a mans duns terroristas palestinos durante os Xogos Olímpicos de Munich 1972, narra as conseguintes represalias adoptadas polos servicios secretos israelíes. A punto de estrear a última película de Indiana Jones aproveitamos a homenaxear a un dos directores en activo mais prolíficos e cun dos currículums mais envidiables as súas costas.
P.D: Ollo o seu seguinte estreo para 2009, a biografía (biopic) de Abraham Lincoln encarnado por Liam Neeson, porque pode ser un auténtico furor en USA.
 

 

Comentarios   

O SOCO
+1 # RE: Death Coast Cinema Club: Steven SpielbergO SOCO 22/05/2008 14:11
Pois digan o que digan , personalmente encantoume a pelicula Amistad. A verdad e que en una pelicula donde traballan actores da talla de Anthony hopkins, Morgan Freeman e incluso Matthew McConaughy, non pode ser mala.

Pero para min a que mais me quedou grabada foi A lista de Schilder, una autentica obra maestra.

Enoraboa Luis, destes con un dos meus directores favoritos, solo me falta george lucas e xa me deixas contento de por vida.
Responder | Denunciar ante o administrador
pepewells
+1 # RE: Death Coast Cinema Club: Steven Spielbergpepewells 22/05/2008 22:27
Volver a leer el apartado de cine de camarinas.eu siempre es un placer y un lujo. Este DCCC junto a los relatos de Zhukov se han convertido sin duda en el alimento más intelectual de la página, aque siempre deja satisfechos incluso a los más exigentes. Gracias a todos los que haceis posible esta maravilla del mundo de la cultura, incluso cuando de hablas de Steve Spielberg, un director que no es santo de mi devoción.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # RE: Death Coast Cinema Club: Steven Spielbergmantida 22/05/2008 22:59
vinas todas,ainda que teño que desir que a min as películas de aventuras e de siensia ficción non me van muito, salvar al soldado ryan estuvo muy ben.Hasta a próxima Luis.
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
+1 # RE: Death Coast Cinema Club: Steven SpielbergSalaño 22/05/2008 23:34
gran reportaxe coma é habitual...

Spielberg é un dos grandes mestres do Cinema...os máis críticos con él, bótanlle en cara a súa evidente comercialidade. ..e é certo, pero e que a fai tan ben...

Spielberg ten o dominio do ritmo, da composición da escea, dos actores, e por riba sabe rodearese de xenios coma él (estou pensando en Jonh Willians e a súa música), penso que Spielberg é o máis grande porque ademáis de facer grandes películas dende o punto de vista técnico (impecables diría eu, aínda que as veces pelin flouxo no apartado dos sentimentos e da emocionalidade dos pasaxes), ademáis, dicía, todo o que fai (prácticamente) é un novo éxito popular...ningú n director vivo do mundo pode presumir de ter tantas obras mestras( scorssese quizais), e ningún ten nin por asomo a súa coleccións de éxitos...polo tanto, reitero, Spielberg é un xenio absoluto que domina o arte do cinema coma ninguén.

Mañá espero ver a estrea...sen dúbida que estarei alí.
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
+1 # RE: Death Coast Cinema Club: Steven Spielbergfabio 23/05/2008 09:24
ET MAS YURASIK PARK SIENPRE FORON DAS MIÑAS PELICULAS PREFERIDAS,QE BON DISIR DE INDAINA JONS?PA MIN ECHE O MILLOR DIRETOR QE AI.JRASIAS LUIS POR FASERLLE UNM REPORTAGE,FAS MAGAS
Responder | Denunciar ante o administrador
perillan
+1 # RE: Death Coast Cinema Club: Steven Spielbergperillan 23/05/2008 11:09
Como sempre, e un placer acudir a esta sección cultural de Camarinas.eu tan ben levada por Esteiro, personalmente pásame como a pepewells tampouco e santo da miña devoción, ainda que non deixo de reconocer o seu mérito. Das suas películas a miña preferida,coinc ido con O Soco, e a "Lista de Schindler" unha gran obra.
Ata a próxima Esteiro, felicidades.
Responder | Denunciar ante o administrador
santabaia
+1 # El Imperio del solsantabaia 23/05/2008 13:28
Es dificil que Spielberg no sorprenda.
Cualquiera de sus películas es grandiosa,eso si,a mi,El imperio del sol es una de esas que te entra dentro y te deja huella.
El reportaje es impecable,como la mayoria de los que publicais.repit o una vez mas ,es un placer estar aqui.Saludos
Responder | Denunciar ante o administrador