É coñecido o talento dos camariñáns nos máis diversos eidos da arte: escritores, cantantes, músicos, periodistas, pintores, etc.. e si había un oco era o do mundo da interpretación, cuberto agora por estos catro Camariñáns (un deles adoptivo) que dende fai uns días acuden diariamente ao Concello de Cabana para participar na serie documental da TVG "Historias de Galicia". Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha galería de fotos das rodaxes.

Cando Luis Carreira, o Policía Municipal do Concello, Cristian de Pitorreo, Rubén "O Rusiño" e "O Xiba" se enteraron de que había un casting en Camariñas para buscar actores e figurantes para participar  nesta produción da TVG, dirixida a todos os públicos, e que ten por obxecto divulgar os feitos que configuraron ao longo dos séculos a realidade material, económica, política, social e cultural de Galicia, non o dubidaron e intentaron probar sorte.

Así, durante toda esta semana estiveron acudindo diariamente ao municipio cabanés para rodar un capítulo adicado á historia dos carpinteiros de ribeira que facían as embarcacións de madeira en Tilleira, Cabana (algunha delas célebre en Camariñas, como o mítico Lubina); capítulos que durante trinta minutos partindo dun escenario da Galicia actual, contan cal foi a evolución dun fenómeno determinado, deténdose en momentos históricos claves nos que se experimentou un cambio cualitativo na evolución da sociedade galega.

Historias de Galicia está feita como unha serie de carácter xornalístico. Nela intentarase responder ás preguntas que se teñen presente na análise de calquera realidade: que aconteceu, quen foron os protagonistas dos feitos, cando sucederon, onde, como e por que. A serie terá unha guía para darlle continuidade e axilidade á narración, dotándoa dun ton próximo e divulgativo.

En calquer caso o que quedou claro son as excelentes dotes interpretativas destes catro actores camariñáns que aínda que non coñecen o Método Stanislavski de Interpretación que fixo célebre o famoso Actor's Studio de New York, cuaxaron grandes interpretacións e, quen sabe si no futuro Luis, o noso querido Policía Municipal, acabará traballando como o sustituto de Charles Bronson nas películas de acción trepidante e de barremento de chusma das calles. Si eso pasa, camarinas.eu estará alá para contalo e Luis Esteiro para analizalo no seu DCCC.

 

Comentarios   

mantida
+1 # RE: Rodaxe da serie documental da TVG "Historias de Galicia"mantida 04/04/2008 16:32
vai actoras temos en camariñas,esper over o doocumental pronto, e que non salan solo como fijurantes,sino n que tamen dijan aljunha frase, porque oilos falar estaría ben.
Responder | Denunciar ante o administrador
zidan
+1 # RE: Rodaxe da serie documental da TVG "Historias de Galicia"zidan 04/04/2008 16:35
para mi tia isabel la unica tia que tengo que te quiero mucho tia y a tonecho igual esta ba para ti no te celes tone tambien para ti jajajaja.
Responder | Denunciar ante o administrador
O SOCO
+1 # RE: Rodaxe da serie documental da TVG "Historias de Galicia"O SOCO 04/04/2008 17:01
Mantida... si esperamos a que dija aljo O Xiba, podenos dar as uvas...jajajaja

Xibota, eres o maximo.
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+1 # RE: Rodaxe da serie documental da TVG "Historias de Galicia"rubiasexy 04/04/2008 17:08
si señor mira omeu besiño bes oxiba recuerdos o bueno estan ben juapos grasias diego sefa
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+1 # RE: Rodaxe da serie documental da TVG "Historias de Galicia"lucia018 04/04/2008 21:39
jajajaja bueno nn teño palabras!jajaja jaj moi bonitop todo
Responder | Denunciar ante o administrador
trintaduosventos
+1 # RE: Rodaxe da serie documental da TVG "Historias de Galicia"trintaduosventos 04/04/2008 22:31
Demasie lo de Camariñas, hasta en el septimo arte teneis representacion, sin palabras me dejais.
Enorabuena a todos.
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
+1 # RE: Rodaxe da serie documental da TVG "Historias de Galicia"fabio 05/04/2008 02:55
eSEN LUIS O MUNISIPAL TEN CARA DE MALO PODIA FASERES PAPELES DE cHAKLS bRONMSON, SEJURO QO FASIA CRIMIBNAL,AI QE DARLLE UNMHA PORTUNIDA,ABER OOO!
Responder | Denunciar ante o administrador
nebry
+1 # RE: Rodaxe da serie documental da TVG "Historias de Galicia"nebry 07/04/2008 20:00
bueno bueno...
CAMARIÑAS, DONDE VAI, TRIUNFA

pois a ver pa cando ese documental ehhh

mira rubenn ohh...fai majasss


un bikiño
Responder | Denunciar ante o administrador
jenita
+1 # RE: Rodaxe da serie documental da TVG "Historias de Galicia"jenita 08/07/2008 18:30
hasta tenemos actores en camariñas jajjaj

saludos
Responder | Denunciar ante o administrador