- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 28 Marzo 2008 28 Marzo 2008
Esta última edición da Mostra do Encaixe presentaba como unha das principais novidades e acertos respecto a edicións anteriores as denominadas "veladas culturais", compostas por concertos de música e representacións teatrais. Precisamente vamos a deternos nunha destas últimas, Os Berros do Silencio, obra protagonizada polo grupo teatral Dequenquén, escrita polo gran amigo de camarinas.eu Bernardino Martínez e que tivo un notable éxito de público e crítica cunha Isolina (Alicia Castro Baña) outra vez espectacular. Un público entre o que se atopaban as simpáticas modelos do Mostra Beauty 2008 que non puideron aguantar as bágoas.
A citada obra, ambientada nunha rural Camariñas de principios de século XX, narra a historia dun amor imposible entre unha fermosísima rapaza camariñana e un negriño (cun bo corazón africano) obrigado a recalar en Camariñas tralo tráxico naufraxio do buque "Nil". A obra, un verdadeiro "Tour de Force", representa un choque de civilizacións e culturas debido á cor de pel e relixión mahometana do náufrago protagonista cunha Camariñas católica e conservadora, onde as principais forzas sociais da mesma uniranse para frustrar este amor fatal. En fin, unha verdadeira xoia teatral á que vos invitamos a non faltar na próxima representación.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.