4.675 1 1 1 1 1 Rating 4.68 (40 Votes)
Dende a vella Europa, Sergio Leone revitalizou o xénero máis americano: o western
Dende a vella Europa, Sergio Leone revitalizou o xénero máis americano: o western

O DCCC desta está adicado a un xénero moi querido na Vila de Camariñas, o das películas do Oeste, que dende aquelas antigas veladas no cine de Vicente e mailo cine de Arriba sempre contou entre nós cunha lexión de seguidores. Precisamente, Luis Esteiro Ramos, o experto en cine de camarinas.eu, adica o seu espacio a un director italiano que revitalizou o western nos anos 60 da man dun dos mellores actores da historia deste xénero: Clint Eastwood.

A triloxía do dollar: tres western de leyenda rodados en Almería que fixeron historia
A triloxía do dollar: tres western de leyenda rodados en Almería que fixeron historia

O Rei do Spaghetti-Western

Moita xente hoxe en día ve o cine de vaqueros (western) como un xénero casposo, obsoleto, sen ningún interés para a modernizada vida que levamos, pero xa dende moi novo foi un xénero que me fascinou. Trátase dun cine moi popular nestas terras onde sempre nos gustou o cine de acción con tipos duros de poucas palabras como protagonistas, pouco sentimentales, maleducados, egoístas, pillos, bebedores e pendencieros, entre outros rudos e viles atributos . Xa con máis anos comecei a ver as películas do máis grande dentro deste xénero, o director norteamericano de orixe irlandesa John Ford,  polo que pouco a pouco convertinme nun fan máis do vello xénero.
En USA sempre foi un filón filmar películas destas características, sobre todo nos anos 40 e 50 porque o país norteamericano así se forxou: a punta de pistola. Moitos grandes westerns quedan na memoria dos fieis seguidores deste xénero: as grandes de John Ford, La Diligencia (1939), Centauros Del Desierto (1956) ou El Hombre Que Mató A Liberty Valance (1964); Raíces Profundas (1953) de George Stevens, Johnny Guitar (1954) de Nicholas Ray, Río Rojo (1948) de Howard Hawks ou Sólo ante el Peligro (1952) de Fred Zinnemann, son só algunha das xoias que se gardan deste xénero.
Lee Van Cleef, o rostro do mal
Lee Van Cleef, o rostro do mal
Pero a partir dos anos 60 o western clásico cae en desuso, en parte pola súa sobreexplotación, en parte pola necesidade de refrescar o xénero, a excepción dalgunhas grandes pinceladas dadas polos veteranos directores norteamericanos. O xénero entraba entón en fase de declive progresivo ata que un director italiano descoñecido iniciado no Peplum (cine de romanos) filma un western máis fresco do habitual: Por Un Puñado De Dólares (1964). Sergio Leone irrumpe cunha producción de escaso presuposto e cunha serie de actores descoñecidos entre os cales se encontraba o mesmísimo Clint Eastwood, hoxe reverenciado pola industria hollywoodiense, pero que tivo un duro comezo no mundo do cine.
Sergio Leone non goza dunha amplia filmografía, todo o contrario, pero sempre conseguío ter unha holgada independencia nos seus filmes. Este director italiano, admirador (un máis de tantos) de John Ford, nace en Roma en 1929, fillo dun director de cine, Vincenzo Leone, cunha certa reputación dentro do seu país ata que un día o implacable “Duce” Mussolini lle pide opinión sobre un guión que el mesmo escribe coa nefasta contestación do pai do noso director cun ¡¡¡Non vale para nada!!!, co que a carreira cinematográfica do pobre Vincenzo queda fulminada de por vida. O fillo tampouco foi un director que se vendera fácilmente á industria cinematográfica e comezou dende abaixo como actor e axudante de dirección na súa Italia natal en importantes produccións norteamericanas filmadas no país trasalpino como Quo Vadis (1951) ou Ben-Hur (1959), ou cooperando na realización da maxistral El Ladrón De Bicicletas (1948) do director e actor Vittorio De Sica, unha grandes xoias do Neorrealismo italiano. Apartir de entón comeza a traballar como director en varios Peplum, moi típicos nesa época no seu país natal pero con escaso valor analítico.
Miscelánea mural sobre o violento mundo cinematográfico de Sergio Leone
Miscelánea mural sobre o violento mundo cinematográfico de Sergio Leone
A fama internacional chégalle coa anteriormente mencionada Por Un Puñado De Dólares, film basado na xenial obra do gran Akira Kurosawa, Yojimbo (1961). É con esta película cando nace o subxénero “Spaghetti Western”, como o bautizaría a crítica,  e  empeza a traballar co seu actor fetiche Clint Eastwood que na mesma liña que o argumento da película basouse na interpretación de Toshiro Mifune en Yojimbo para caracterizar o pistoleiro mercenario protagonista do filme de Leone. Tamén comeza outra colaboración estelar con un dos grandes compositores de bandas sonoras na historia do cine, Ennio Morricone. Esa colaboración estelar a 3 bandas continuou coa insuperable El Bueno, El Feo y El Malo (1965) (vamos bos algúns dos membros desta redacción de ver esta película e aburrir os colegas chuspindo os seus mordaces diálogos). A película conta ademáis de con Clint Eastwood “El Rubio”, coas xeniales interpretacións de Eli Wallach na pel do noxento “Tuco” e con Lee Van Cleef  na do despiadado “Sentencia”, unha gran obra mestra, dotada dunha gran expresividade e repleta de frases lapidarias e retroactivas.
A “Triloxía Do Dólar” complétase con outra obra mestra: La Muerte Tenía Un Precio (1966), repetindo no reparto con Eastwood e Van Cleef, no anterior filme enimigos e neste socios anque sen moitas simpatías entre ambos. Como anécdota decir que os 3 filmes foron rodados no deserto de Almería, para recrear o Far West. Con esta magnífica película remata o período almeriense de Sergio Leone. Como as súas películas eran de baixo presuposto e os beneficios que reportaban eran moi elevados non tardaron moito tempo os productores de Hollywood en reclutalo para as súas filas. Xa dentro desta industria comeza de maneira brillante filmando a xenial Hasta Que Llegó Su Hora (1968) cun reparto de luxo encabezado por Henry Fonda, a deusa romana Claudia Cardinale, Charles Bronson e Jason Robards. Unha película na liña dos Spaghetti Western cun comezo hipnótico e abraiante.
Erase una vez América (1984)
Erase una vez América (1984)
A súa única decepción foi a mediocre ¡Agáchate Maldito! (1971) a cal lla empaquetaron para sustituir na dirección a outro xenial director cun estilo parecido ó seu, Sam Peckimpah. A partir de entón comeza a traballar na súa máis grande obra mestra: Érase Una Vez En América (1984). Obra que lle levou moitos anos de xestación pero polos cales mereceu a pena agardar, unha película de gangsters cos monstruos da interpretación Robert De Niro e James Woods nos papeis principais da película. Trátase dunha obra cun estilo moi poético, triste, nostálxico, visualmente impecable, cun gran guión e maxestuosa banda sonora de Ennio Morricone, a cal narra 5 décadas do s. XX na historia dos USA e máis concretamente de New York, forxada polos gangsters nun ambente de corrupción a punta de pistola dende os anos 20 ata os 70 coa época da “Ley Seca” de por medio. A película narra a historia de 2 ambiciosos amigos emigrantes xudíos que dende a máis profunda pobreza da súa infancia crecen entre a corrupción da cidade ata que chegan a unha mala levada vellez desencadeada por esa espiral de violencia na que creceron. A traición, o dolor e a falta de sensibilidade para mellorar as súas vidas danlle o filme un tono entrañable e tráxico ó mesmo tempo nas case 4 horas que dura o filme. Posteriormente Sergio Leone púxose a traballar noutra producción, Leningrado, pero a morte colleulle por sorpresa en 1989 por causa dun fatídico ataque o corazón, polo que a obra quedou inacabada na metade da súa concepción. O que si perdurará para sempre será a súa curta e xenial obra é un novo subxénero para o séptimo arte e  para todos os admiradores do Western en particular e do cine en xeral. O propio Clint Eastwood, moi influenciado polo director italiano homenaxea a este na súa mellor película, Sin Perdón (1992). Pero esta é outra historia...

Comentarios   

fabio
0 # fabio 27/03/2008 10:16
bUENO AY QE DISIR QE A SESION QE NOS QEDOU TAMEN TA CRIMINAL,ESTA POLO MENOS OJALA QE SIJA,QE DA JUSTO RECORDAR ESTAS PELICULAS DE BAQUEROS
Responder | Denunciar ante o administrador
pepewells
0 # pepewells 27/03/2008 17:52
¿Y qué pasa con "El Coloso de Rodas"?
Es broma, Luis ya menciona los peplum, las películas de romanos. Bueno, como siempre (no fallo una semana), bien, muy bien, esta sección es un lujo de erudición y de maquetación. Es como entrar en una antigua sala de cine. ¡Qué tiempos!
P.D.: Esta sección, por favor, si puede seguir, mejor, porque la verdad es que es una cosa muy bien hecha.
Responder | Denunciar ante o administrador
DAPO DICE
0 # DAPO DICE 28/03/2008 01:42
m ncant sta secion.y m acuerdo de todo lo que vi hace añs en el cine,thanks luisss
Responder | Denunciar ante o administrador