- Escrito por Víctor Fernández Álves Víctor Fernández Álves
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 26 Novembro 2021 26 Novembro 2021
Dentro da gastronomía acaban residindo historias, legados e mesmo culturas que se ven reflexadas nos seus pratos. Cada lugar ten as súas características, mais isto non impide a fusión mediante pontes no cruce de camiños. Deste xeito e grazas asociación La Turballe – Cap Camariñas xorde o libro “La Turballe e Camariñas comparten mesa” onde se recollen de forma conxunta receitas tradicionais de ambas vilas.
Nel persoas de cada un dos dous lugares comparten o pasos a seguir para elaborar cada prato e explicando a historia asociada ao mesmo. O paso de xeración en xeración e a ligazón coa terra e a tradición que os orixina estarán presentes neste libro así como as raíces compartidas entre ambas vilas mariñeiras.
O libro conta cos prólogos da presidenta da asociación La Turballe – Cap Camariñas, Dominique Floc’h e dos alcaldes das dúas vilas, Sandra Ínsua e Didier Cadro, e será presentado durante a vindeira Mostra do Encaixe de Camariñas na súa XXXI edición.
Algunhas das receitas que poderán atoparse no libro son:
- “Paté de sardiñas”, por Jacky Trimaud, pescador xubilado de La Turballe.
- “Tiras de calamares e tentáculos con manteiga de tomates”, por Xavier Chevallier, Chef do restaurante Le Terminus de La Turballe.
- “Xurelo empanado con cacahuetes e tartar de tomate, cogombro, alfabéga e menta”, por Thomas Barreau, especialista en cociña sustentable de La Turballe.
- “Fideos fritos con verduras, marisco e algas”, por Maika Campos, cociñeira e xerente do Bar Curbeiro.
- “Calamares recheos”, por Dorita García Carril, palilleira e presidenta de Rendas, de Camariñas.
- “Revolto de caviar de ourizo de mar”, por Gemma Pedreira Allo, responsable de produción de Conservas Leticia.