1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O próximo 25 de Abril o Museo Man de Camelle celebrará un obradoiro artístico titulado “Formigas” Nel, cada participante poderá intervir e transformar durante 4 horas a súa propia formiga de ferro de 18 a 25 que proporciona a organización do evento xunto coa pintura necesaria. Tamén se poderán empregar outros materias no proceso que terán que traer os participantes xunto coas ferramentas que precisaren.

Os traballos finais serán presentados xunto a exposición “Ants Treballadores” que se celebrará nas instalacións a finais deste mes de Abril. Esta mostra, que está a percorrer o territorio nacional, foi realizada por artistas baleares en homenaxe ás mulleres anónimas traballadoras.

As persoas interesadas en asistir deberán reservar praza antes do 19 de Abril enviando un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ben chamando ao teléfono 981 710 224. A taxa de participación é de 10 euros.

hormigas_MOD.jpg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.