5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Os pasados días 20 e 21 de Marzo celebrouse na cidade deportiva Camilo Cano de La Nucia, Alacante, o campionato de España de baile Caribeño. Nel, o veciño da Ponte do Porto Andrés Parga González, de 15 anos, xunto coa súa parella de baile Soraya Santos, acadou o primeiro posto proclamándose ambos campións de España na modalidade júnior de baile caribeño en parella. Este non é o único logro acadado nos últimos meses polo veciño porteño xa que tamén alcanzou o terceiro posto na categoría de latinos dentro da copa Promoción.

Deste xeito Andrés sitúase como unha das grandes promesas do baile competitivo a nivel nacional. Un resultado que acada tralo esforzo que supoñe compaxinar os seus estudos coas horas de práctica e a participación en torneos e probas por todo o país. Estes éxitos animárono para continuar a traballar nesta liña na que se sente “cómodo e feliz polos froitos de todo o esforzo que hai detrás de cada actuación”.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.