1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O alumnado-traballador do obradoiro dual “Camiño ao emprego” da especialidade “Promoción Turística Local e Información ao Visitante” organiza catro rutas para o comezo de Semana Santa.  Estas realizaranse dentro dos concellos participantes na iniciativa: Camariñas, Muxía e Vimianzo.

O primeiro destes eventos terá lugar o luns 29 de Marzo na vila de Camariñas. A ruta iniciarase as 11:00 da mañá xunto a estatua da muller e durará aproximadamente unha hora e media. Nela percorrerase a vila mariñeira seguindo unha temática que pretende poñer en valor a figura das mulleres na zona.

O segundo será ao día seguinte, martes 30 de Marzo, con motivo de unha visita guiada polo castelo de Vimianzo para coñecer a historia da fortaleza medieval e do seu concello. O punto de encontro terá lugar na entrada ao castelo ás 11:00 horas da mañá e durará en torno aos corenta minutos.

As dúas últimas citas deste proxecto serán na vila de Muxía no transcurso do mércores 31 de Marzo. A primeira delas é “Coído, zona cero” que arrancará as 11:00 da mañá dende a praza do Coído. Durante esta ruta desenvolverase a realidade do acontecido co afundimento do Prestige así como se fará unha visita ao Museo do Voluntariado. A súa duración será de uns corenta minutos aproximadamente.

As 12:00 horas dese mesmo día terá lugar a última das rutas cun paseo pola costa muxiana baixo o nome de “Vila de Salitre” que amosará a cultura mariñeira deste lugar.

As visitas guiadas seguirán as normas establecidas polas autoridades sanitarias polo que terán un aforo limitado. Isto fai que sexa necesario anotarse previamente indicando nome e número de teléfono no seguinte correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.