4.84 1 1 1 1 1 Rating 4.84 (50 Votes)

Os periodistas de verdade si recoñecen a camarinas.eu

Xosé Luís Blanco Campaña: un dos máximos expoñentes na historia do xornalismo en Galicia
Xosé Luís Blanco Campaña: un dos máximos expoñentes na historia do xornalismo en Galicia

Agora que proliferan por tódolos recunchos da costa as webs como setas e que calquera lle chama ás tonterías que publica xornalismo profesional, camarinas.eu móstrase especialmente orgullosa de que Xosé Luis Blanco Campaña, o gran mestre de xornalistas desta franxa atlántica, ex-director da Radio Televisión de Galicia, presentador de programas de enorme éxito en tódolos medios, home cun currículum apabullante, pero por encima de todo Camariñán, se acordase desta humilde web do pobo dos seus amores e recoñecese a labor que está a facer.

Efectivamente, o Cronista Oficial de Camariñas e actual Presidente do Club Náutico da Vila dos Encaixes facíase eco nun monográfico adicado á Costa da Morte publicado por El Correo Gallego este domingo 16 de Marzo, da iniciativa que saíu dos usuarios de camarinas.eu de publicar por primeira vez na historia milenaria do noso pobo o 1º Diccionario da Fala Típica de Camariñas. No propio artigo Xosé Luís da unha auténtica lección de xenialidade literaria hilvanando un texto a base de palabras, ditos e xiros camariñáns que merece pasar aos anales da historia desta vila mariñeira, moitos dos cales foron pasados por alto por esta redacción e os seus usuarios e que sen dúbida formarán parte do II Tomo do Diccionario da Fala Camariñana. En fin Xosé Luis, que unha persoa da túa altura intelectual recoñeza a labor que están a levar a cabo todas aquelas persoas sinxelas, humildes camariñáns, que día a día colaboran desinteresadamente na confección da que é a mellor páxina web endexamáis feita na Costa da Morte, é para todos nós un motivo de especial orgullo e danos forzas para seguir adiante a pesar de tódolos obstáculos. Pois eso Xosé Luis, moitas gracias e xa sabes, ¡¡FAS MOCAS!!


Comentarios   

mantida
0 # mantida 17/03/2008 21:50
bueno, pos ainda vos mando unhas cuantas palabras que fun recollendo,de Karina,Mikel,e outras que me viñeron a memoria,eivan:a vante,ajarrear, callejera,derre teste.elojo ou alojo,¿elojo tí es más camin?,fruallo frualleiro,forr ete,jlorear,,ma reasme coma un pulpo,,non te fajas de rojar.
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # jose de marta 17/03/2008 22:15
O de jose luis e o non vai mais,lucha polo noso pobo ala donde estee,e un artista e o carallo,temos que estar todos os camariñans/as muy orgullosos del.
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Mikel 17/03/2008 22:41
Efectivamente Jose.José Luis é un home que se sinte e ama Camariñas por tódalas partes q andivo.Noite en Blanco,Radio TVG,Presidente( fundador)Club Naútico(O mellor de toda a Costa da Morte e un dos mellores de Galicia),Cantau tor,tocador de instrumentos galegos,experto no teclado electrónico e humilde coma calquera de nós,increible.M antida eso de non te fajas de rojar sóname,,,ahi van outras palabras q ao mellor non sairon e véñenme a memoria agora:
...Cajolatos,sichón,revoltosa(gaseosa),arnajado sean los demonios,fora soberbia soberbia fora,retrato da marjura,meu jalano,disque,s apatillas,cuxas ,enqlenque esétera,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,

PD:Que persoas ca intelixencia,cu ltura e prestixio como Xose Lois Blanco alabando o esforzo feito por xente común,humilde e sin ningunha intención máis que non sexa defendela igualdade,que recoñezan a nivel nacional e mundial o traballo feito,,fai sentirse a un máis orgulloso de ser camariñán,usuar io de Camariñas nunha web nun mundo que corre a millóns de km por hora,e como non,lector de cronistas con unha experiencia digna de observar e enriquecernos culturalmente,, ,gracias
Responder | Denunciar ante o administrador
juan
0 # juan 18/03/2008 00:20
Bon faser un pouco de pelota....pero e verdad,nunha ocasion un fillo de un jran empresario de Camnariñas dixome: En Camariñas fasia falta des Jose Luis Blanco, des Visente Carril, des Cerdeiras,vinte barcos como os de Lin ou Siros, des Ajiar e des Diegot .net.
Responder | Denunciar ante o administrador
Machote
0 # Machote 18/03/2008 10:32
hay juan olvidastete de min pero eston de acordo contigo enoraboa diego e jose luis coma min tocayos e nos de porta somos os maximos.
Responder | Denunciar ante o administrador
Machote
0 # Machote 18/03/2008 10:35
hay juan olvidastete de min pero eston de acordo contigo enoraboa diego e jose luis coma min tocayos e veciños de
porta con porta somos os maximos.
e tamen saludar a sua dona que e tocaya de miña nay como non guadalupe(lupe) para os camariñans.
Responder | Denunciar ante o administrador
Madrileña
0 # Tendré que estudiarmeloMadrileña 18/03/2008 10:47
Pues ya tengo donde consultar los giros y dichos que me dice mi marido, xaviñan de pura cepa, para poderle vacilar, porque después de veinte años a veces se me queda cara de poquer cuando me habla.....
Responder | Denunciar ante o administrador